En­tre­vis­ta

Non é un­ha do­cen­te máis. Apos­ta pola in­no­va­ción na edu­ca­ción e di­ri­xe un club de cien­cia co que bus­ca na­mo­rar

La Voz de Galicia (A Coruña) - A Coruña local - - PORTADA - MI­LA MÉN­DEZ

A coor­di­na­do­ra de Cien­cias do Ra­fael Dies­te apos­ta pola in­no­va­ción na edu­ca­ción

A xe­fa do de­par­ta­men­to de Bio­lo­xía e Xeo­lo­xía no IES Ra­fael Dies­te é ta­mén a coor­di­na­do­ra da do­cen­cia e das ac­ti­vi­da­des da área de Cien­cias Na­tu­rais no cen­tro. Uns días an­tes de que co­me­ce o cur­so en se­cun­da­ria, o vin­dei­ro luns día 17, Ma­ri­sa Castiñeira ul­ti­ma os in­gre­dien­tes cos que cap­tar alum­nos para o seu club de cien­cia. Di­vul­ga con­ti­dos e adáp­taos ás lin­gua­xes que me­llor en­ten­den os máis no­vos: den­de as re­des so­ciais aos ví­deos ou os pod­cast. O ob­xec­ti­vo é trans­mi­tir a cul­tu­ra cien­tí­fi­ca e, se se po­de, es­per­tar no­vos ta­len­tos.

—Que fan nes­tes días pre­vios os pro­fe­so­res?

—Pre­pa­rar as cla­ses do no­vo cur­so co res­to do equi­po do­cen­te e, no meu ca­so, ver co­mo po­do se­du­cir os alum­nos para que se apun­ten ao club de cien­cia que imos dar po­las tar­des.

—En que con­sis­te iso de se­du­cir?

—Os pro­fe­so­res ta­mén nos te­mos que pu­bli­ci­tar. Ven­der a ma­te­ria para se­du­cir os alum­nos. «A cul­pa é de quen non na­mo­ra», di un com­pa­ñei­ro meu. Se que­ro que ve­ñan ao club de cien­cia po­las tar­des te­ño que pór­lle­lo bo­ni­to. Se co­me­zo di­cin­do que is­to re­qui­re vir fó­ra do ho­ra­rio e fa­cer traballos a maio­res non con­se­gui­rei ilu­sio­na­los.

—Es­tán me­nos mo­ti­va­dos os alum­nos?

—Di­cir iso é un tó­pi­co. Lé­voo es­coi­tán­doo to­da a vi­da. Es­tán mo­ti­va­dos ao seu xei­to, co­mo pa­sa en to­das as xe­ra­cións.

—As cien­cias asus­tan?

—Si, iso si que non é un mi­to.

—Por que?

—Re­qui­ren un es­for­zo, com­pren­der, non só me­mo­ri­zar.

—Non me di­ga que aos es­tu­dan­tes lles gus­ta cha­par.

—Pre­fi­ren o có­mo­do. A maio­ría que­re ir po­lo li­bro. Que lles po­ñas un­ha batería de 20 pre­gun­tas con 20 res­pos­tas e me­mo­ri­za­las. Iso é máis fá­cil, crear é máis com­ple­xo.

—Que cambiaría se pui­de­se?

—O sis­te­ma edu­ca­ti­vo é de­ma­sia­do me­cá­ni­co. En cam­bio, fa­lla­mos en com­pre­sión lec­to­ra. Hai que sa­ber ler e in­ter­pre­tar. O sis­te­ma pe­ca de pro­ce­de­men­to e so­bran con­ti­dos, hai que re­cor­ta­los. Sem­pre pen­sa­mos que a no­sa ma­te­ria é a máis im­por­tan­te. Aquí te­mos a cul­pa to­dos.

—As au­las es­tán sa­tu­ra­das?

—A ra­tio alumno-pro­fe­sor é moi al­ta. Con 20 alum­nos po­do ter un­ha con­ver­sa­ción, con 40 é un tra­to máis mi­li­tar. Ade­mais, a car­ga horaria co­me­za a ser de­ma­sia­do ele­va­da para nós.

—Hai quen di que te­des moi­tas va­ca­cións.

—É que para na­da son tres me­ses. En xu­llo asis­tín a tres se­mi­na­rios para for­mar­me e para to­do is­to: pre­pa­rar o la­bo­ra­to­rio, os ex­pe­ri­men­tos do club de cien­cia, as cla­ses con ví­deos de YouTu­be... fá­goo fó­ra de ho­ra­rio. E así, o res­to dos mes­tres.

—Por que se se­gue a for­mar?

—Di­ría que é para dar me­llor a cla­se. Pe­ro non é to­da a ver­da­de. É por­que me gus­ta apren­der.

MAR­COS MÍ­GUEZ

Ma­ri­sa, no la­bo­ra­to­rio on­de im­par­te as cla­ses de Bio­lo­xía e or­ga­ni­za o club de cien­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.