«O con­cur­so de com­pra de vi­ven­da foi un fra­ca­so»

Asegura que nun­ca hou­bo in­xe­ren­cias po­lí­ti­cas no pro­ce­so e en­ten­de que o erro foi dos fun­cio­na­rios

La Voz de Galicia (A Coruña) - A Coruña local - - A CORUÑA - EDUAR­DO EIROA

O concelleiro de Re­xe­ne­ra­ción Ur­ba­na, Xiao Va­re­la, foi o res­pon­sa­ble de po­ñer en mar­cha o con­cur­so de vi­ven­da. A opo­si­ción pi­de a súa ca­be­za po­lo fra­ca­so do pro­ce­so, pe­ro Va­re­la in­sis­te en que se tra­ta dun erro dos fun­cio­na­rios. Des­de que se co­ñe­ce­ron os di­ta­mes do Con­se­llo Con­sul­ti­vo el foi a úni­ca ca­ra vi­si­ble do go­berno local pa­ra dar ex­pli­ca­cións so­bre o acon­te­ci­do.

—Por que se in­sis­tiu du­ran­te me­ses en que to­do es­ta­ba ben can­do a opo­si­ción es­ta­ba si­na­lan­do os erros?

—Non ne­ga­mos du­ran­te me­ses nin ti­ña­mos in­di­cios can­do a po­lé­mi­ca co­me­zou. No mo­men­to en que em­pe­za­mos a ve­ri­fi­car que así era, sem­pre o re­co­ñe­ce­mos. O que non que­ria­mos de ini­cio era po­ñer na pi­co­ta aos fun­cio­na­rios. É pa­ten­te que hou­bo erros, pe­ro fo­ron no pro­ce­de­men­to, e os fun­cio­na­rios tra­ba­llan nun ám­bi­to de pre­sión e cun­ha au­sen­cia de re­cur­sos im­por­tan­te.

—Vos­te­des só re­co­ñe­ce­ron erros nun pi­so. Por que non ad­mi­ti­ron o res­to?

—Non se con­si­de­ra­ron esen­ciais, pe­ro en cal­que­ra ca­so de­ci­diu­se ir ao Con­sul­ti­vo con to­das as con­se­cuen­cias.

—O Con­sul­ti­vo ta­mén cri­ti­ca que se fi­xe­ran in­for­mes «a pos­te­rio­ri» pa­ra dar en­cai­xe aos in­cum­pri­men­tos. Non hai res­pon­sa­bi­li­da­des que asu­mir por eses in­for­mes?

—Os fun­cio­na­rios ac­tua­ron, e así o di­xe­ron por es­cri­to, con to­tal in­de­pen­den­cia. Non hou­bo nin­gún ti­po de in­xe­ren­cia po­lí­ti­ca. É cer­to que nun in­ten­to de de­fen­der o in­tere­se mu­ni­ci­pal a ase­so­ría xu­rí­di­ca o que fi­xo foi in­ter­pre­tar, se ha­bía erros, que po­dían ser emen­da­bles.

—O Con­sul­ti­vo, ana­li­zan­do só o pri­mei­ro pro­ble­ma en ca­da ca­so, ve erros evi­den­tes.

—Hai un erro prin­ci­pal, a au­sen­cia de re­vi­sión téc­ni­ca dos in­mo­bles. No pi­so da rúa San­tan­der ha­bía un oco á rúa can­do ti­ña que ter dous, e no da Ba­rre­ra pen­sa­mos que era emen­da­ble. A in­ten­ción do con­cur­so era po­si­ti­va, au­men­tar o exi­guo par­que de vi­ven­da mu­ni­ci­pal, de pou­co máis de 400 in­mo­bles.

—As ba­ses si obri­ga­ban a ter un nú­me­ro de ven­tás. Per­soas que vi­ron a con­vo­ca­to­ria e pen­sa­ron que non cum­prían pui­de­ron non pre­sen­tar­se por iso.

—É cer­to, iso in­di­ca o Con­sul­ti­vo co­mo un vi­cio esen­cial.

—Non hai un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de po­lí­ti­ca en que o plan mu­ni­ci­pal de vi­ven­da des­te man­da­to se re­du­za, fi­nal­men­te, á com­pra dun úni­co pi­so?

—As po­lí­ti­cas máis di­fí­ci­les de im­plan­tar son as de vi­ven­da. Pa­ra a opo­si­ción se­gue a ser un ben de mer­ca­do, e nós es­ta­mos ten­tan­do trans­for­mar ese mo­de­lo e con­se­gui­mos abrir un­ha li­ña de tra­ba­llo, que lo­xi­ca­men­te ten que me­llo­rar, pe­ro de­mos­tra­mos que é po­si­ble. En to­do ca­so, in­de­pen­den­te­men­te de que es­tou ape­sa­ra­do, e de que creo que foi un fra­ca­so o con­cur­so de com­pra de vi­ven­das por es­te erro que se co­me­teu, es­tou moi sa­tis­fei­to coas po­lí­ti­cas da área no que ten que ver co urbanismo e co arran­que das po­lí­ti­ca de vi­ven­da, que agar­do que dean froi­tos nun se­gun­do man­da­to.

—Nos úl­ti­mos de­ce­nios fi­xé­ron­se na ci­da­de vi­ven­das de pro­mo­ción pú­bli­ca, tan­to por par­te da Xun­ta co­mo do Con­ce­llo. Por que non se ac­tuou de­sa ma­nei­ra pa­ra so­lu­cio­nar o cre­cen­te pro­ble­ma do alu­ga­men­to?

—Op­ta­mos por es­te con­cur­so pre­ci­sa­men­te pa­ra in­ter­vir so­bre o edi­fi­ca­do. Es­te con­ce­llo xa con­su­miu un­ha gran­de por­cen­ta­xe do seu so­lo e ten un nú­me­ro de vi­ven­das ba­lei­ras moi ele­va­do.

—Hai fun­cio­na­rios mo­les­tos por­que só ne­se cor­po se asu­mi­ran res­pon­sa­bi­li­da­des.

—Tras­la­dei­lles o meu res­pec­to e o meu re­co­ñe­ce­men­to; e sen­do cons­cien­tes de que, ma­lia té­ren­se co­me­ti­do erros, non du­bi­do en ab­so­lu­to da súa ho­nes­ti­da­de nin da súa va­lía.

MAR­COS MÍGUEZ

Xiao Va­re­la, on­te, na se­de da con­ce­lla­ría.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.