«Nin­guén po­de­rá de­mos­trar, por­que non foi así, que se ac­tua­se pa­ra fa­vo­re­cer a nin­guén»

La Voz de Galicia (A Coruña) - A Coruña local - - A CORUÑA -

O Con­ce­llo mer­cou seis pi­sos no seu plan de vi­ven­da. De­les, dous á mes­ma per­soa, To­ni Lo­dei­ro, asi­nan­te da Ma­rea e con­sul­tor no con­sis­to­rio de Bar­ce­lo­na des­de a che­ga­da de Ada Colau.

—O PP afir­ma que lle mer­ca­ron dous pi­sos a un ami­go.

—O PP es­tá ten­tan­do en­su­ciar to­do o pro­ce­de­men­to con ra­zóns fal­sas. É ver­da­de que hou­bo erros, pe­ro nin­gun­ha das de­ci­sións que se to­ma­ron ti­ve­ron na­da que ver con per­soas con­cre­tas nin hou­bo in­xe­ren­cia po­lí­ti­ca. O PP non ten cré­di­to pa­ra vin­cu­lar­nos a eles. Nin­guén po­de­rá de­mos­trar, por­que non su­ce­deu, que es­te go­berno te­ña ac­tua­do nes­te pro­ce­so pa­ra fa­vo­re­cer a nin­guén en con­cre­to. Nin nes­te ca­so nin en cal­que­ra ou­tro.

—É ca­sua­li­da­de que o 33 % das com­pras do plan mu­ni­ci­pal de vi­ven­da se­xan a un­ha per­soa do seu par­ti­do?

—Pois si, non é ou­tra cou­sa que un­ha coin­ci­den­cia, por­que ade­mais de­mós­tra­se que hai ou­tros pi­sos que adoe­cen deses mes­mos erros. Es­ta­mos a ele­var ao Con­sul­ti­vo ou­tros tres de per­soas com­ple­ta­men­te dis­tin­tas. Non sei cal é a mi­li­tan­cia des­tas per­soas, co­mo tam­pou­co re­vi­sei cal era a dos an­te­rio­res.

—Os ve­ci­ños da rúa Joa­quín Mar­tín Mar­tí­nez quéi­xan­se de que des­de que mer­ca­ron o edi­fi­cio non pa­gan a co­mu­ni­da­de nin a de­rra­ma do as­cen­sor. Van so­lu­cio­nar iso?

—Coin­ci­din­do co Con­sul­ti­vo en que a com­pra é nu­la, es­ta­mos a coidar moi­to os pa­sos a dar e os pró­xi­mos se­rán co ase­so­ra­men­to dos ser­vi­zos xu­rí­di­cos. En cal­que­ra ca­so, o pi­so xe­mel­go do que re­sul­tou nu­lo foi le­ga­li­za­do po­la an­te­rior cor­po­ra­ción.

—O Con­sul­ti­vo di que irre­gu­la­ri­da­des pre­vias non xus­ti­fi­can ou­tras no­vas. Van re­vi­sar o res­to dos pi­sos dese edi­fi­cio?

—Non me vou adian­tar, pe­ro de­mos­tra que a xes­tión ur­ba­nís­ti­ca pa­sa­da foi de­fi­cien­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.