Sin­tan por que é úni­ca

Ma­ría Lou­rei­ro, al­cal­de­sa de Vi­vei­ro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Especial1 - - Viveiro Semana Santa 2018 -

Sécu­los de tra­di­ción nun en­torno inigua­la­ble cheo de his­to­ria acre­di­tan á Se­ma­na San­ta de Vi­vei­ro co­mo un­ha ce­le­bra­ción úni­ca, con­si­de­ra­da a me­llor de Ga­li­cia e do nor­te de Es­pa­ña. Non é chau­vi­nis­mo, créan­me, por moi­to que to­dos os vi­vei­re­ses e vi­vei­re­sas que­ra­mos a es­ta ci­da­de cen­te­na­ria. Tes­te­mu­ñas dos tem­pos e do tra­ba­llo de xe­ra­cións de vi­vei­ren­ses, os pa­sos que saen nas quin­ce pro­ce­sións da no­sa Se­ma­na Maior cons­ti­túen un ri­co patrimonio cul­tu­ral e ar­tís­ti­co. A no­sa Se­ma­na Maior é un­ha das fes­tas máis sig­ni­fi­ca­ti­vas de Vi­vei­ro, un re­cla­mo tu­rís­ti­co úni­co nun municipio con in­fi­ni­da­de de re­cur­sos e po­si­bi­li­da­des que, non o du­bi­den, sa­tis­fan a to­dos os gus­tos e bol­si­llos. A Se­ma­na San­ta é un ali­cer­ce es­pe­cial, un­ha mag­ní­fi­ca opor­tu­ni­da­de pa­ra go­zar de Vi­vei­ro. Un­ha reali­da­de con pa­sa­do, pre­sen­te e fu­tu­ro, po­si­ble po­la im­pli­ca­ción, dun­ha ou dou­tra ma­nei­ra, de to­dos os ve­ci­ños, po­lo que agra­de­zo o tra­ba­llo e de­di­ca­ción das oi­tos ir­man­da­des, da Xun­ta de Co­fra­día e de to­das aque­las per­soas e ins­ti­tu­cións que a fa po­si­ble. A pers­pec­ti­va dos cin­co anos que cum­pre co­mo Fes­ta de In­te­re­se Tu­rís­ti­co In­ter­na­cio­nal per­mi­te afir­mar que ese re­co­ñe­ce­men­to su­pu­xo un no­vo ali­cer­ce na la­bor da Xun­ta de Co­fra­días Se­ma­na San­ta de Vi­vei­ro, coa que o Con­ce­llo que pre­si­do co­la­bo­ra e tra­ba­lla. Máis de tres mil co­fra­des e oi­to ir­man­dan­des man­te­ñen vi­va un­ha ce­le­bra­ción que co­bra o seu ver­da­dei­ro sentido can­do se com­par­te, can­do os ve­ci­ños e os vi­si­tan­tes a vi­ven con nós. Ca­da un coa súa pro­pia mo­ti­va­ción, dis­fru­ten des­tas da­tas sa­bén­do­se parte da his­to­ria, da cul­tu­ra e da tra­di­ción de Vi­vei­ro. Aché­guen­se e ad­mi­ren a be­le­za das ta­llas re­li­xio­sas, das pro­ce- sións, dos ac­tos li­túr­xi­cos, pa­seen po­las rúas do no­so cas­co his­tó­ri­co, vi­si­ten os no­sos es­pa­zos na­tu­rais, go­cen do am­bien­te diurno e noc­turno nos no­sos lo­cais hos­ta­lei­ros e nos no­sos co­mer­cios... Ve­ñan e sin­tan a Se­ma­na San­ta de Vi­vei­ro, com­pren­de­rán por que é úni­ca.

Ade­mais dos va­lo­res re­li­xio­sos, Vi­vei­ro nes­tes días ofre­ce a ve­ci­ños e vi­si­tan­tes esa har­mo­nio­sa con­vi­ven­cia de fe, tra­di­ción, cul­tu­ra, tu­ris­mo e di­ver­sión

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.