Os cas­tre­xos eran al­go máis que gue­rrei­ros

La Voz de Galicia (A Coruña) - Especial1 - - Los Primeros Castrexos -

Lugdunum é unha aso­cia­ción cul­tu­ral de re­crea­ción cas­tre­xa, que que­re mos­trar co­mo era o mun­do cel­ta en Ga­li­cia pa­ra que o pú­bli­co se po­da ache­gar a unha das ba­ses da cul­tu­ra ga­le­ga.

Fi­xo a súa pri­mei­ra par­ti­ci­pa­ción co­mo gru­po no Ar­de Lu­cus do 2007 e na Fes­ta do Es­que­ce­men­to en Xin­zo de Li­mia, en Ou­ren­se, e a raíz des­tas dúas fes­tas le­ga­lí­za­se co­mo aso­cia­ción. A fi­nais do 2008 co­me­za a an­da­du­ra ofi­cial de Lugdunum, sem­pre ten­do co­mo ob­xec­ti­vo par­ti­ci­par no Ar­de Lu­cus, que ten lu­gar no sols­ti­cio de ve­rán.

Ac­tual­men­te, Lugdunum con­ta con 25 so­cios e co­la­bo­ra­do­res de di­fe­ren­tes ida­des, pro­fe­sións e pen­sa­men­tos, es­tan­do sem­pre aber­ta a re­ci­bir no­vas in­cor­po­ra­cións de per­soas que com­par­tan as mes­mas in­que­dan­zas e que con­ti­núen coa tra­di­ción da que for­ma­ron moi- tas per­soas ao lon­go des­tes dez anos en­ri­que­ce­ron a Lugdunum. O lo­go­ti­po é o tris­quel, om­ni­pre­sen­te na cul­tu­ra cel­ta. Es­te sím­bo­lo re­co­lle o nú­me­ro tres, nú­me­ro má­xi­co pa­ra os cel­tas, xa que re­pre­sen­ta­ba pa­ra eles moi­tas fa­ce­tas da vi­da co­ma as tres cla­ses so­ciais (gue­rrei­ros, druí­das e tra­ba­lla­do­res), as fa­ses do sol (amen­cer, atar­de­cer e a noi­te), as ida­des do ser hu­mano (ne­nez, ma­du­rez e ve­llez), os es­ta­dos do tem­po (pa­sa­do, pre­sen­te e fu­tu­ro), as vir­tu­des (for­za, sa­be­do­ría e amor), o equi­li­brio en­tre cor­po, men­te e es­pí­ri­to e, por su­pos­to, os ele­men­tos te­rreais (ai­re, au­ga e te­rra).

Lugdunum par­ti­ci­pa ha­bi­tual­men­te en va­rias fes­tas de re­crea­ción his­tó­ri­ca: o Ar­de Lu­cus; a Fes­ta do Es­que­ce­men­to de Xin­zo de Li­mia; o Friu­lio de Friol, o Vi­cus Spa­co­rium de Vigo…

Ou­tro ob­xec­ti­vo é re­crear a vi­da co­tiá dos cas­tre­xos, que­ren­do es­ca­par de­sa ima­xe tan bé­li­ca que ha­bi­tual­men­te acom­pa­ña ás no­sas raí­ces. Por iso le­va a ca­bo obra­doi­ros ar­te­sáns co- mo o fa­cían os cel­tas: de ar­xi­la, ces­te­ría, coi­ro, ru­nas, rou­pa e cal­za­do, xo­gos, gas­tro­no­mía... cons­trúe ob­xec­tos e ins­ta­la­cións se­me­llan­tes ás cas­tre­xas, pa­llo­za, tea­res, se­ca­do­res das pe­les, cons­tru­cións pa­ra as ar­mas…

A ter­cei­ra li­ña de tra­ba­llo de Lugdunum é o la­bor di­dác­ti­co, ache­gan­do a cul­tu­ra cas­tre­xa aos ca­ti­vos e ca­ti­vas de dis­tin­tos cen­tros es­co­la­res. Pa­ra is­to em­pre­ga con­tos e re­pre­sen­ta­cións, e mos­tra ob­xec­tos re­cons­truí­dos po­la aso­cia­ción. Un dos per­so­na­xes prin­ci­pais de Lugdunum é o druí­da, que re­pre­sen­ta a sa­be­do­ría do po­bo.

É de des­ta­car a pre­sen­za maio­ri­ta­ria de mu­lle­res, o que re­flic­te, ac­ci­den­tal­men­te iso si, a im­por­tan­cia que a fe­mi­ni­da­de ti­ña na so­cie­da­de cas­tre­xa, de ca­rác- ter ma­triar­cal.

To­dos os com­po­ñen­tes de Lugdunum, co­mo clan cas­tre­xo que é, le­van un pano da te­la que lles ser­ve de ne­xo de unión e de per­ten­za ao gru­po, a mo­do do tar­tán dos cla­nes es­co­ce­ses. As súas co­res te­ñen unha ba­se de ver­me­llo e la­ran­xa, as co­res do lume, o lume pu­ri­fi­ca­dor, o lume re­pa­ra­dor, o lume pro­tec­tor, o lume ate­rra­dor… o lume… sem­pre pre­sen­te en Lugdunum e, por su­pos­to, no Ar­de Lu­cus.

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

In­te­gran­tes ds gru­po no des­fi­le xun­to á Mu­ra­lla.

Un de­ta­lle da ves­ti­men­ta que em­pre­gan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.