Sa­turno, vin­te anos des­pois

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS - POR DIE­GO AMEI­XEI­RAS

Pre­sú­me­se un­ha éti­ca na ar­te de na­rrar que obri­ga a en­fron­tar­se arreo coa en­tre­li­ña, pe­nei­ran­do os ex­ce­sos es­té­ti­cos que se in­túen ac­ce­so­rios. Cóm­pre un es­pí­ri­to de­pu­ra­dor e na­da com­pra­cen­te pa­ra se ad­he­rir a ese pro­pó­si­to. A ob­ser­va­ción, aber­ta lo­xi­ca­men­te a dis­cor­dan­cias, con­clúe que to­do aqui­lo que o es­cri­tor con­se­gue en­cu­brir, mes­mo en con­tra dun em­pe­ño ini­cial, xo­ga máis a fa­vor do re­sul­ta­do ca un uso de­co­ra­ti­vo da lin­gua­xe. Os re­la­tos que com­po­ñen Sa­turno ta­mén é deus, re­edi­ta­dos lo­go de vin­te anos da súa pri­mei­ra apa­ri­ción, se­cun­dan con éxi­to ese im­pe­ra­ti­vo. O que nos conta Uxía Casal ten que ver cun mun­do sub­te­rrá­neo, con vo­ces que gar­dan si­len­cio, coa reali­da­de que adi­vi­ña­mos fó­ra de plano. A an­gus­tia e a es­tra­ñe­za do co­tián es­tá aí, de­trás da por­ta. Por iso a au­to­ra de Se­de en Ou­ren­se con­se­gue en­ci­rrar­nos a lec­tu­ras ocul­tas alén da cor­ti­za na­rra­ti­va do tex­to, e cun­ha apa­ren­te es­pon­ta­nei­da­de na ex­pre­sión que re­ve­la un ho­nes­to e es­me­ra­do tra­ba­llo na­rra­ti­vo. Ha­bía de­ma­sia­do tem­po que non sa­bia­mos na­da de Uxía Casal, au­sen­te da area li­te­ra­ria do país den­de Vi­das exem­pla­res (Xe­rais, 2005). Che­ga ago­ra ás li­bra­rías coa re­vi­sión dun­ha obra que de­beu sus­ci­tar un­ha aco­lli­da máis cá­li­da no seu tem­po. Des­ta vol­ta a edi­ción aco­lle un re­la­to non in­cluí­do na edi­ción ori­xi­nal, O pe­queno Mario, tal­vez en­tre os máis con­se­gui­dos do vo­lu­me xun­to con Mo­no­to­nía. Que es­ta nova pre­sen­za da es­cri­to­ra na me­sa de no­vi­da­des sir­va pa­ra mo­ti­var o seu vin­dei­ro re­torno.

SA­TURNO TA­MÉN É DEUS AU­TO­RA

UXÍA CASAL EDI­TO­RIAL

URCO 168 PÁ­XI­NAS 13 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.