“O meu dis­co é un be­rro a fa­cer mú­si­ca pa­se o que pa­se”

O com­po­si­tor ga­le­go lo­gra cons­truír un uni­ver­so pro­pio e re­co­ñe­ci­ble den­tro do seu úl­ti­mo dis­co. O pú­bli­co ta­mén, por iso se es­tá a con­ver­ter nun dos ar­tis­tas de mo­da da mú­si­ca au­tóc­to­na

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - ENTREVISTA . UN MÚSICO GALEGO E UNIVERSAL - TEX­TO: CAR­LOS PE­REI­RO

Brais Morán é un deses ar­tis­tas que co­ñe­ce ben o que é a mú­si­ca. As súas ca­ras boas e as me­nos boas. Vin­te anos de carreira que ava­lan un­ha ma­nei­ra de fa­cer e crear can­cións par­ti­cu­lar, de in­ter­pre­ta­las e de co­nec­tar co pú­bli­co. —Nos úl­ti­mos Pre­mios Martín Có­dax foi un deses afor­tu­na­dos que saíu do Pa­zo pon­te­ve­drés cun ga­lar­dón nas mans. Ser­ven es­te ti­po de re­co­ñe­ce­men­tos co­mo ga­so­li­na para se­guir adian­te? —Sem­pre fai ilu­sión re­ci­bir un premio des­te ti­po. Eu nun­ca pa­rei de com­po­ñer can­cións e gra­var dis­cos den­de que em­pe­cei na mú­si­ca. Que se lle dea va­lor a iso, máis aín­da á mi­ña coa que le­vo vin­te anos tra­ba­llan­do, é un mo­men­to on­de lem­bras e fas un re­pa­so a to­do o que ti­ven que pa­sar. Moi­to ti­ven que to­car, e moi­to que­da. —E que se­xan os com­pa­ñei­ros de es­tra­da, os mú­si­cos, os que vo­ten nes­te for­ma­to é un plus? —Si, es­tá cla­ro. To­dos nos imos co­ñe­cen­do e o re­sul­ta­do é al­go bo. Cons­te que o xu­ra­do fi­nal cam­bia ca­da ano, non é co­ma na pri­mei­ra elec­ción de ban­das, on­de vo­tan to­dos os so­cios de Mú­si­cos ao Vi­vo. —É di­fí­cil evi­tar non fa­lar de Narf nes­tes tem­pos, e so­bre to­do ao fa­lar de mú­si­cas do mun­do e dun ar­tis­ta que so­be cun­ha gui­ta­rra a can­tar ao es­ce­na­rio can­cións pro­pias, co­mo é o teu ca­so. —Eu ti­ña uns 17 anos can­do co­me­cei a es­cri­bir e can­tar en ga­le­go. Co­ñe­cino tem­po des­pois. Con el ti­ven un­ha re­la­ción de afi­ni­da­de. Ti­ña­mos un­ha iden­ti­da­de co­mún. Non só po­la lin­gua. Fa­lo dun­ha ma­nei­ra de abrir fron­tei­ras, de en­ten­der a mú­si­ca, de es­coi­tar me­lo­días afri­ca­nas, por­tu­gue­sas, do Bra­sil... Che­gar lon­xe, non que­dar só co de aquí. —Fa­lan­do da lin­gua, es­tá de mo­da o ga­le­go na mú­si­ca? Por fin se che­gou ao pun­to de que cal­que­ra es­ti­lo te­ña a súa re­pre­sen­ta­ción na lin­gua pro­pia. —Eu creo que o que pa­sou, máis ca un­ha mo­da, é que se na­tu­ra­li­zou. Co­me­zou a nor­ma­li­zar­se, po­des usa­lo para a mú­si­ca sen pro­ble­ma nin­gún. O ga­le­go é uni­ver­sal: po­des ato­pa­lo en An­go­la, no Bra­sil, en Suí­za... A min sem­pre me pa­re­ceu moi­to máis in­tere­san­te saír de aquí e can­tar en ga­le­go que en in­glés, da­do o seu com­po­ñen­te exó­ti­co para o ou­vin­te. Cal­que­ra per­soa non ga­le­ga sem­pre di: «Que bo­ni­to soa o ga­le­go nas can­cións». É súper rít­mi­co. —En «No Ma­to do de­ses­pe­ro» hai moi­to ele­men­to pai­sa­xís­ti­co. Sem­pre lle ins­pi­ra o que lle ro­dea? —Si. Nas can­cións que com­po­ño sem­pre hai ele­men­tos dese ti­po. Nes­te Ma­to to­das as can­cións son di­fe­ren­tes, pe­ro te­ñen a súa cohe­ren­cia. Es­pe­ran­za, luz... É un be­rro a se­guir fa­cen­do mú­si­ca pa­se o que pa­se. Qui­zais se­xa o dis­co máis con­cep­tual que te­ño. Es­tá pre­sen­te tan­to a Cos­ta da Mor­te co­mo o res­to dos con­ti­nen­tes. —Non ten a sen­sa­ción de que os mú­si­cos de hai vin­te anos ti­ve­ron os mes­mos pro­ble­mas que os de ago­ra? Non se lo­grou co­rri­xir na­da? —É nor­mal. Avan­zou­se, por exem­plo, na tec­no­lo­xía, pe­ro hai un­ha gran­de ca­ren­cia in­dus­trial. Hai moi­tí­si­ma crea­ti­vi­da­de pe­ro o que se co­ñe­ce na in­dus­tria é pou­quí­si­mo. Fal­ta fi­nan­cia­men­to, me­dios que non se­xan au­to­fi­nan­cia­dos agás os das mul­ti­na­cio­nais. O mú­si­co que que­re vi­vir das súas can­cións teno moi com­pli­ca­do, pe­ro po­de fa­cer­se, e por iso es­ta­mos aquí.

A min sem­pre me pa­re­ceu máis in­tere­san­te can­tar en ga­le­go que en in­glés

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.