O PRÓ­XI­MO DO­MIN­GO

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA -

Den­de a ti­tu­la­ción que di­ri­xo for­ma­mos aos es­tu­dan­tes ma­tri­cu­la­dos, pe­ro ta­mén sa­be­mos que com­pre fa­cer pe­da­go­xía do sig­ni­fi­ca­do do de­se­ño mais alá das no­sas au­las. En­ten­de­mos o de­se­ño co­mo si­nó­ni­mo de in­no­va­ción, de desen­vol­ve­men­to, de adian­tar­se ao que es­tá por vir. Un deseña­dor de­be ad­qui­rir un­ha mirada pre­ci­sa, agu­de­za e ha­bi­li­da­de pa­ra for­mu­lar as pre­gun­tas per­ti­nen­tes e pro­cu­rar as so­lu­ción mais axei­ta­das. Elas e eles, os ago­ra aín­da es­tu­dan­tes de de­se­ño de mo­da, mi­ran de­rei­to ca­ra a un­ha reali­da­de com­ple­xa e chea de in­que­dan­zas. Co­me­zá­ron­se a for­mar nun con­tex­to mar­ca­do po­la vio­len­cia da cri­se e re­ma­ta­rán nun con­tex­to eco­nó­mi­co é so­cial aín­da fon­da­men­te de­caí­do. Sen em­bar­go, son xe­ra­cións cun for­te com­pro­mi­so coa dis­ci­pli­na e coa pro­cu­ra dun­ha lin­gua­xe pro­pia, cun­ha ac­ti­tu­de em­pren­de­do­ra e po­si­ti­va e, so­bre to­do, cons­cien­te e es­per­ta.

Co­mo ti­tu­la­ción in­ten­ta­mos se­guir evo­lu­cio­nan­do e me­dran­do na no­sa con­tor­na, tra­zan­do can­les de co­la­bo­ra­ción e diá­lo­go con axen­tes aca­dé­mi­cos e em­pre­sa­riais, no­vas si­ner­xías a tra­vés de pro­xec­tos de trans­fe­ren­cia e de in­ves­ti­ga­ción. Cons­truír re­la­cións tan­to con fir­mas e em­pre­sas de de­se­ño co­mo con ins­ti­tu­cións aca­dé­mi­cas, mu­seo­grá­fi­cas e cul­tu­rais. Dar sem­pre un pa­so mais alá na cons­tru­ción da cul­tu­ra do de­se­ño a tra­vés da for­ma­ción, a in­ves­ti­ga­ción e a di­vul- ga­ción es­tá no cer­ne dos no­sos ob­xec­ti­vos.

O de­se­ño de es­ta co­lec­ción de fu­la­res en co­la­bo­ra­ción con Sar­ga­de­los, e que pre­sen­ta La Voz de Ga­li­cia, de­sen­vol­ve ob­xec­ti­vos for­ma­ti­vos e de vi­si­bi­li­da­de pa­ra es­tes no­vos deseña­do­res. Pa­ra nós, a ini­cia­ti­va ten co­mo fi­na­li­da­de ache­gar aos fu­tu­ros deseña­do­res á reali­da­de do desen­vol­ve­men­to dun pro­xec­to téx­til, axu­dán­do­lles e acom­pa­ñán­doos pa­ra com­pren­der o pro­ce­so com­ple­to den­de a con­cep­ción á pro­du­ción e co­mer­cia­li­za­ción dun ac­ce­so­rio. Re­sul­tou un re­to e un­ha mag­ni­fi­ca ex­pe­rien­cia.

Des­de Es­dem­ga vi­mos tra­ba­llan­do de xei­to sos­ti­do nas re­la­cións en­tre ofi­cios ar­te­sa­nais e de­se­ño, tra­zan­do un plan de tra­ba­llo cen­tra­do na comprensión es­tra­té­xi­ca por par­te dos crea­do­res das téc­ni­cas cons­tru­ti­vas ar­te­sa­nais do país, ao tem­po que ad­qui­ren o co­ñe­ce­men­to tec­no­ló­xi­co. As si­ner­xías en­tre es­tes dous ei­dos van­lles per­mi­tir desen­vol­ver pro­du­to di­fe­ren­ciais, cul­tu­ral­men­te en­mar­ca­dos e lo­ca­li­za­dos, sos­ti­bles pro­du­ti­va e so­cial­men­te, cla­ves que xa es­tán a cons­truír o pre­sen­te e se­rán de­ter­mi­nan­tes no fu­tu­ro.

A me­llor es­co­la do ano

To­do es­te tra­ba­llo le­vou a Es­dem­ga a ser ga­lar­doa­da co pre­mio á me­llor es­co­la de de­se­ño a ni­vel es­ta­tal no con­cur­so Ta­len­to&Co do 2015 e a aca­dar pre­sen­za na­cio­nal e in­ter­na­cio­nal dos no­sos ti­tu­la­dos nos prin­ci­pais en­con­tros de deseña­do­res no­veis, e per­mi­tín­do­nos ago­ra desen­vol­ver o pre­sen­te pro­xec­to fei­to en co­la­bo­ra­ción con Sar­ga­de­los.

Es­ta é a di­rec­ción na que agar­da­mos se­guir tra­ba­llan­do coa pos­ta en mar­cha do no­vo más­ter uni­ver­si­ta­rio en De­se­ño e Di­rec­ción Crea­ti­va en Mo­da da Uni­ver­si­da­de de Vi­go pa­ra o cur­so 2017-18. Se­gui­mos a ver co­mo un­ha prio­ri­da­de un­ha co­ne­xión con­ti­nua coa in­dus­tria téx­til que que­re­ria­mos que pui­de­ra me­drar. «Pa­xa­ros»

O cuar­to pano da co­lec­ción de fu­la­res que ofre­ce La Voz de Ga­li­cia po­ra­se a dis­po­si­ción dos lectores a par­tir do do­min­go ao pre­zo de 3,95 eu­ros máis o cu­pón do lom­bo do pe­rió­di­co. Tra­ta­se dun­ha co­lec­ción ex­clu­si­va e ori­xi­nal.

To­dos os anos aco­den á presentación de fin de es­tu­dos dos no­sos es­tu­dan­tes os de­par­ta­men­tos de re­cur­sos hu­ma­nos das prin­ci­pais em­pre­sas dos sec­tor. Is­to pro­cu­ra moi­ta sa­tis­fac­ción, que­re di­cir que ao sec­tor in­terésan­lle os no­vos ta­len­tos, que o seu per­co­rri­do pro­fe­sio­nal po­de­rá, en moi­tos ca­sos, co­me­zar no te­ci­do in­dus­trial do país. Pe­ro ha­be­ría que pro­cu­rar que es­te in­tere­se se per­pe­túe du­ran­te o res­to do ano. Pro­xec­tos co­ma es­te ou mais am­bi­cio­sos aín­da po­de­rían desen­vol­ver­se con fa­ci­li­da­de tra­zan­do re­des mais es­trei­tas en­tre a uni­ver­si­da­de e a in­dus­tria da mo­da en Ga­li­cia. Can­do me pre­sen­to en cen­tros in­ter­na­cio­nais to­do o mun­do me co­men­ta: «¡Cla­ro, Ga­li­cia, e que aí te­des moi­ta sor­te, te­des un sec­tor in­dus­trial de mo­da su­per po­ten­te! Así é —di­go eu— cer­to…».

Agar­do po­der me­llo­rar a res­pos­ta nun anos. Que­re­mos man­ter­nos ac­tua­li­za­dos en to­dos os as­pec­tos, xa que nun pro­gra­ma co­ma o no­so, cen­tra­do na prác­ti­ca, re­sul­ta fun­da­men­tal a re­ali­men­ta­ción por par­te da in­dus­tria. É por iso que sem­pre es­ta­mos aber­tos a ex­pe­rien­cias e co­la­bo­ra­cións di­ri­xi­das a desen­vol­ver li­ñas vin­cu­la­das á in­no­va­ción e a com­ple­men­tar a for­ma­ción.

Can­do ves re­sul­ta­dos co­mo es­ta co­lec­ción de fu­la­res, dás­te con­ta da ener­xía crea­ti­va e o afec­to po­la tra­di­ción do de­se­ño que de­po­si­ta­ron ne­la os es­tu­dan­tes. É o xei­to que te­ñen es­te gru­po de crea­do­res no­veis de tras­la­dar a emo­ción de es­tar a con­ver­ter­se en deseña­do­res, de po­der com­par­tir os re­sul­ta­dos que van aca­dan­do coa so­cie­da­de que se ten im­pli­ca­do na súa for­ma­ción. Or­gu­llo­sos de po­der amo­sar a súa mirada, o seu ta­len­to e a súa iden­ti­da­de crea­do­ra, in­ci­pien­te, pe­ro de­ci­di­da.

EDUAR­DO PÉREZ

Os pro­fe­sio­nais de Sar­ga­de­los ofre­ce­ron os seus deseños aos alum­nos da es­co­la de Pon­te­ve­dra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.