O As­mu­bal es­tréa­se co­ma lo­cal na Di­vi­sión de Hon­ra Pra­ta

Mer­ma­do po­la au­sen­cia da súa me­dia du­cia de xu­ve­nís, as de Víc­tor Garrido re­ci­ben a un dos xi­gan­tes da Li­ga, o CLE­BA León

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES - PABLO PENEDO

O en­ga­lá­na­se ho­xe pa­ra vi­vir un fei­to sen pre­ce­den­tes en Mea­ño, no que pa­sa a ser a maior xes­ta de­por­ti­va do con­ce­llo do Sal­nés. A es­trea no mu­ni­ci­pio dun equipo lo­cal nun­ha se­gun­da ca­te­go­ría es­ta­tal. Nes­te ca­so, o de­bú do plan­tel fe­mi­nino do As­mu­bal Mea­ño na Di­vi­sión de Hon­ra Pra­ta, na que o pa­sa­do do­min­go xo­ga­ba o seu pri­mei­ro par­ti­do, en te­rras as­tu­ria­nas, con triun­fo so­bre ou­tro dos re­cén as­cen­di­dos, o Sie­ro (23-27). Un­ha vi­to­ria tre­men­da­men­te di­fí­cil de emu­lar no día de ho­xe, co CLE­BA León co­ma ri­val.

Des­cen­di­do a pa­sa­da pri­ma­ve­ra da Di­vi­sión de Hon­ra, o con- xun­to leo­nés é un dos his­tó­ri­cos do ba­lon­mán fe­mi­nino en Es­pa­ña, cha­ma­do a pe­le­xar co Ovie­do, vi­xen­te cam­pión do Gru­po 1 da D.H.P., po­lo tí­tu­lo que da­rá de­rei­to a dispu­tar a fa­se de as­cen­so á eli­te na­cio­nal. Ca­ra e cruz pa­ra o As­mu­bal, que se ben ten prac­ti­ca­men­te im­po­si­ble dar a sor­pre­sa, con­ta cun ri­val que en­ri­que­ce a ex­pe­rien­cia úni­ca que o plan­tel di­ri­xi­do por Víc­tor Garrido pro­ce­de a pro­ta­go­ni­zar.

«Es­ta­mos moi con­ten­tos de de­bu­tar na ca­sa na Di­vi­sión de Hon­ra Pra­ta, e de fa­ce­lo con­tra un his­tó­ri­co co­mo o CLE­BA León», de­cla­ra­ba na vés­pe­ra o ades­tra­dor do ca­dro mea­ñés. Di­to is­to, «so­mos cons­cien­tes de que non é un ri­val da no­sa Li­ga. A ni­vel cla­si­fi­ca­to­rio, non é un par­ti­do de vi­tal tras­cen­den­cia pa­ra nós», co As­mu­bal Mea­ño gue­rrean­do por elu­dir os dous úl­ti­mos postos da cla­si­fi­ca­ción de 14 equi­pos ao ter­mo da Li­ga e, así, am­pliar ou­tro ano máis a súa es­ta­día na ca­te­go­ría.

Un­ha ga­le­ga no ri­val

Ade­mais da du­re­za do ad­ver­sa­rio, que con­ta nas súas fi­las coa la­te­ral es­quer­da ga­le­ga Mar­ta Pom­bal, ce­di­da po­lo Spor­ting Guar­dés, Garrido ató­pa­se ho­xe coa ne­ce­si­da­de de pran­tar ca­ra con tan só on­ce efec­ti­vos. As seis xu­ve­nís en di­ná­mi­ca do pri­mei­ro equipo xo­gan en Can­gas par­ti­do de Li­ga da súa ca­te­go­ría, con mí­ni­mas po­si­bi­li­da­des de che­gar a tem­po pa­ra a se­gun­da par­te en Coi­rón. A maio­res, Dé­bo­ra in­da non se re­cu­pe­rou dun­ha le­sión no fi­nal da pre­tem­pa­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.