Pri­mei­ro exa­me li­guei­ro do Ra­soei­ro, na ca­sa co Bueu

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

O Ra­soei­ro arrin­ca es­ta tar­de no a súa se­gun­da tem­pa­da na Pri­mei­ra Es­ta­tal, a ca­te­go­ría de bron­ce do ba­lon­mán mas­cu­lino es­pa­ñol. Faino cun Bueu Atlé­ti­co cha­ma­do a ocu­par un­ha pra­za na zo­na tran­qui­la da cla­si­fi­ca­ción de 16 equi­pos. Un­ha as­pi­ra­ción en­ve­xa­ble pa­ra un con­xun­to co­ma o me­co, que non pen­sa máis ca en sol­ven­tar no­va­men­te con éxi­to a súa pe­le­xa po­la su­per­vi­ven­cia fu­xin­do das dúas úl­ti­mas pra­zas fi­nais.

Ki­to Pa­ra­da vol­ta com­pa­xi­nar a fun­ción de cen­tral coa de ades­tra­dor. On­te co­men­ta­ba o seu con­ven­ce­men­to de que «es­ta tem­pa­da vai ser máis du­ra cá an­te­rior». E iso, por dúas ra­zóns prin­ci­pais. Por­que, ex­pli­ca, «vai ha­ber me­nos equi­pos ga­ña­bles pa­ra nós, o Po­rri­ño, o sub­cam­pión, que per­deu me­dio plan­tel, a SAR, o Seis do Na­dal e o Ca­ma­ri­ñas, re­cén as­cen­di­do; por­que o Octavio e o La­va­do­res re­for­zá­ron­se moi­to». A se­gun­da ra­zón é que o Ra­soei­ro que­da sen o fac­tor sor­pre­sa que tan­to lle deu o cur­so pa­sa­do, xa que «os equi­pos van­nos agar­dar», si­na­la Ki­to.

Nun «ano im­por­tan­te, por­que to­ca con­so­li­dar­nos», o ades­tra­dor-xo­ga­dor gro­ven­se bota en fa­lla un pri­mei­ra li­ña máis de ga­ran­tías tras as mar­chas de Al­ber­to San­tia­go (Octavio) e Al­ber­to (Pon­te­deu­me), pe­ro amó­sa­se con­ten­to por ter apun­ta­la­do os ex­tre­mos, con Adrián Be­sa­da, con Roi­bás, am­bos tras un ano de pa­rón, e con Ja­vi No­ya (Teu­cro xu­ve­nil).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.