«Es­ta­ba a saír da lon­xa ma­ris­co de for­ma ile­gal; non é al­go que se poi­da con­sen­tir»

Si­na­la que o TSXG ava­la o des­pi­do de tres tra­ba­lla­do­res po­la sus­trac­ción de pro­du­to da sa­la de subas­tas cam­ba­de­sa

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA - RO­SA ESTÉVEZ

«Nós aca­ta­mos as sen­ten­zas que non nos fo­ron fa­vo­ra­bles; pa­re­ce que non to­dos as acep­tan igual»

On­te, por ter­cei­ro día con­se­cu­ti­vo, a Gar­da Ci­vil acu­diu á lon­xa de Cam­ba­dos pa­ra evi­tar pro­ble­mas á ho­ra da sub­has­ta. Un­ha par­te dos com­pra­do­res de­ci­di­ran o luns non mer­car pei­xe en Tra­go­ve en pro­tes­ta po­lo des­pe­di­men­to de tres tra­ba­lla­do­res. —¿Sor­pren­di­do por es­ta reac­ción? —Nós fo­mos ab­so­lu­ta­men­te es­cru­pu­lo­sos en to­do es­te te­ma. Can­do as pri­mei­ras sen­ten­zas nos fo­ron con­tra­rias, aca­tá­mo­las e read­mi­ti­mos a es­tes tra­ba­lla­do­res sen pro­ble­mas. Ago­ra o TSXG di que os des­pe­di­men­tos son pro­ce­den­tes, os xuí­ces en­tra­ron no fondo da cues­tión e es­tá cla­ro que foi o que pasou. Pe­ro pa­re­ce que po­lo ou­tro la­do non se acep­tan as cou­sas igual. E así che­ga­mos a es­te mo­men­to no que un gru­po de xen­te es­tá a vul­ne­rar a lei, a coac­cio­nar aos com­pra­do­res e aos ar­ma­do­res, con what­sapps e con cha­ma­das... E iso te­rá que ter un­ha res­pos­ta po­la no­sa par­te.

—Pe­ro se os com­pra­do­res non que­ren com­prar, es­tán no seu de­rei­to...

—Nin­guén di o con­tra­rio. Cer­ta­men­te, se un com­pra­dor non que­re mer­car pro­du­to non ten que fa­ce­lo. É ob­vio. Pe­ro o que non po­den fa­cer é coar­tar aos de­mais con abu­cheos ou con bu­ci­nas, co­mo es­ti­ve­ron a fa­cer. In­sis­to, nós te­mos que dar un­ha res­pos­ta a esa si­tua­ción. —¿Co­mo es­tá a ser a si­tua­ción na lon­xa? —Es­tá a ha­ber pou­co pei­xe, por­que os ar­ma­do­res non te­ñen se­gu­ri­da­de de que o seu pro­du­to se vaia a ven­der e mar­chan a ou­tras lon­xas. Os ar­ma­do­res son em­pre­sas, es­ta­mos fa­lan­do do tra­ba­llo da xen­te. Po­lo de­mais, nas sub­has­tas de ho­xe hou­bo xen­te que foi e com­prou o pei­xe... En to­do es­te te­ma nós ac­tua­mos den­tro da máis es­cru­pu­lo­sa le­ga­li­da­de. De­mos­tra­mos que a con­fra­ría ti­ña un pro­ble­ma, e a nós co­rres­pon­día­nos so­lu­cio­na­lo. Es­ta­ba a saír da lon­xa ma­ris­co de for­ma ile­gal, be­ne­fi­cian­do a ter­cei­ros, e iso non é al­go que se poi­da con­sen­tir, por­que non só fa­la­mos dun­ha sus­trac­ción, fa­la­mos de tra­za­bi­li­da­de e de sa­ni­da­de. Hou­be­ra ad­ver­ten­cias, avi­sos, pe­ro non se aten­de­ron. Saber e con­sen­tir un com­por­ta­men­to así vól­ve­te cóm­pli­ce, e iso non vai con nós. To­mar a de­ci­sión de abrir es­te pro­ce­so non foi fá­cil nin pa­ra min, nin pa­ra o res­to dos meus com­pa­ñei­ros da di­rec­ti­va, pe­ro ti­ña­mos que fa­ce­lo, por­que te­mos que pen­sar nos so­cios, nos com­pra­do­res e ta­mén nos con­su­mi­do­res. —¿Can­to tem­po cre que vai du­rar es­ta si­tua­ción?

—Non acos­tu­mo a fa­cer prog­nós­ti­cos. Nes­te mo­men­to tó­ca­nos aguan­tar o que hai e in­ten­tar re­con­du­cir a si­tua­ción, pe­ro sem­pre den­tro da le­ga­li­da­de. —A ou­tra par­te di que vos­te­de non fi­xo ata ago­ra nin­gún in­ten­to de dia­lo­gar.

—¿Dia­lo­gar con quen? ¿E so­bre que? Hai un­ha sen­ten­za que di que os des­pe­di­men­tos son pro­ce­den­tes. A xen­te que ten li­cen­za pa­ra mer­car e non que­re fa­ce­lo, que non o fa­ga. Pe­ro que res­pec­ten aos que si que­ren mer­car na lon­xa de Cam­ba­dos. E non o es­tán fa­cen­do. Eles tam­pou­co vi­ñe­ron nin fa­lar, nin pre­gun­tar o que qui­xe­ran pre­gun­tar... To­ma­ron a de­ci­sión de boi­co­tear as sub­has­tas.

—Ase­gu­ran que de­trás de to­do is­to hai un­ha per­se­cu­ción po­lí­ti­ca. ¿Que lle pa­re­ce esa acu­sa­ción? —No pri­mei­ro xuí­zo que hou­bo por es­te te­ma, ese foi o ar­gu­men­to que eles uti­li­za­ron, que era un­ha per­se­cu­ción po­lí­ti­ca, e xa que­dou des­bo­ta­do po­lo xuíz. Quen me co­ñe­ce sa­be que non te­ño nin­gún in­te­re­se na po­lí­ti­ca, nun­ca o ti­ven. É cer­to que hai xen­te do meu gru­po que es­tá po­si­cio­na­da, pe­ro to­dos te­mos cla­ro pa­ra o que es­ta­mos aquí: pa­ra tra­ba­llar po­lo ben da con­fra­ría e dos so­cios.

—¿Hai po­si­bi­li­da­de de que eses tra­ba­lla­do­res vol­van aos seus postos?

—Eles re­co­ñe­ce­ron uns fei­tos cos que trai­zoa­ron a con­fian­za que se de­po­si­ta­ra ne­les, e a con­fian­za non é al­go fá­cil de re­cu­pe­rar.

M. MISER

Cos­ta (se­gun­do por la de­re­cha), con el ge­ren­te de la lon­ja y miem­bros de su equi­po en la subas­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.