Oi­ten­ta ni­chos no­vos pa­ro o ce­mi­te­rio de Ru­biáns

Ra­ve­lla apro­ba o pro­xec­to para am­pliar o cam­po­san­to cun blo­que no que se in­vis­ten 48.000 eu­ros

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA - S. GON­ZÁ­LEZ

Di­cía Cas­te­lao que pou­cas cou­sas re­sul­tan tan inú­ti­les co­ma os mu­ros dun ce­mi­te­rio, vis­to que os que fi­can den­tro non po­den saír e os que es­tán fó­ra non que­ren en­trar. Por des­gra­za, o que é de to­do pun­to ne­ce­sa­rio é a ga­nan­cia de es­pa­zo para os so­te­rra­men­tos, xa que é es­te un des­tino do que ninguén po­de es­ca­par. Xa que lo­go, che­ga, en Vi­la­gar­cía, o in­tre de am­pliar o nú­me­ro de se­pul­tu­ras dis­po­ñi­bles que, de acor­do con pro­xec­to que o go­berno lo­cal vén de apro­bar, me­dra­rán con oi­ten­ta no­vos ni­chos.

A in­ter­ven­ción ten un cus­te de 48.000 eu­ros, que se­rán apor­ta­dos po­las ar­cas mu­ni­ci­pais. O pro­xec­to foi re­dac­ta­do po­lo ar­qui­tec­to do Con­ce­llo e co­bra­rá a for­ma dun no­vo blo­que. Nel dis­po­ran­se vin­te mó­du­los ver­ti­cais, ca­da un de­les con ca­tro cu­bícu­los. Esta cons­tru­ción em­pra­za­ra­se no fon­do oes­te do cam­po­san­to, pe­ga­do ao mu­ro ex­te­rior.

Un­ha vez apro­ba­da a in­ter­ven­ción, o se­guin­te trá­mi­te con­sis­te en so­li­ci­tar or­za­men­tos a di­fe­ren­tes em­pre­sas para, de se­gui­do, pro­ce­der a con­tra­tar a obra. Tan pron­to co­mo se le­ve a ca­bo es­te re­qui­si­to co­me­za­rán os tra­ba­llos, pre­vi­si­ble­men­te a prin­ci­pios do ano que vén.

Da­do o cur­to pra­zo de exe­cu­ción, de dous me­ses, os no­vos ni­chos pa­sa­rán a en­gro­sar a ofer­ta de pra­zas do ce­mi­te­rio mu­ni­ci­pal nun bre­ve es­pa­zo de tem­po. Aín­da que hai al­gúns ba­lei­ros, o seu nú­me­ro min­guou con­si­de­ra­ble­men­te nos últimos anos, de aí a ne­ce­si­da­de des­ta ac­tua­ción.

M. IRAGO

Ra­ve­lla es­pe­ra ter lis­tos os ni­chos a co­me­zos do ano que vén.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.