O Ci­da­de Vi­la­gar­cía xo­ga­rá­se á se­ma­na se­guin­te da ci­ta ale­vín

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

O cer­to é que son va­rios os fac­to­res que fan pen­sar se­ria­men­te na po­si­bi­li­da­de de que a fa­se final do Arou­sa Fút­bol 7 cam­bie de es­ce­na­rio, e ce­le­bre a súa edi­ción nú­me­ro 23 nun cam­po di­fe­ren­te ao da Lom­ba. Por­que se a pro­pia or­ga­ni­za­ción asu­me co­ma prio­ri­da­de o estado do te­rreo de xo­go, se­me­lla di­fí­cil que a ló­xi­ca e o Con­ce­llo de Vi­la­gar­cía ca­sen coa dispu­ta na Lom­ba dos dous gran­des cam­pio­na­tos de fút­bol ba­se da ca­pi­tal arou­sá no pra­zo de 10 días.

Francisco Ozo­res, res­pon­sa­ble do Clae Via­jes Ci­da­de Vi­la­gar­cía, o tor­neo in­ter­na­cio­nal ben­xa­mín do Arou­sa, confirmaba on­te que a sé­ti­ma edi­ción da ci­ta xo­ga­rá­se no es­ta­dio da Lom­ba e no cam­po Ma­nuel Ji­mé­nez os días 22, 23 e 24 de xu­ño do 2018. Con só cin­co días de se­pa­ra­ción entre a clau­su­ra do AF7, con 20 equipos par­ti­ci­pan­tes, e a aper­tu­ra do Clae Via­jes Ci­da­de Vi­la­gar­cía, que man­te­rá o sal­to a 48 con­xun­tos par­ti­ci­pan­tes que da­ba na edi­ción do 2017 no que é, reite­ra Francisco Ozo­res, o lí­mi­te or­ga­ni­za­ti­vo do Arou­sa.

Sen adian­tar nin­gún no­me, Ozo­res man­tén a apos­ta por se­guir avan­zan­do na in­clu­sión de es­co­las de eli­te do ba­lom­pé es­pa­ñol, prio­ri­zán­doo so­bre a in­cor­po­ra­ción de equipos con gran­des no­mes de fó­ra de Es­pa­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.