Si­na­tu­ra dun con­tra­to para ase­gu­rar un equi­po da MLS

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

Den­tro da súa ope­ra­ti­va or­di­na­ria, a or­ga­ni­za­ción do AF7 le­va se­ma­nas in­mer­sa de cheo no deseño do que se­rá o car­tel da súa vin­dei­ra fa­se final. Co Ural co­ru­ñés co­ma úni­co equi­po con­fir­ma­do, lo­go de ac­ce­der na pa­sa­da edi­ción por quin­ta vez des­de a fa­se pre­via e, des­te xei­to, o pre­mio dun­ha das quin­ce in­vi­ta­cións ma­ne­xa­das des­de as ofi­ci­nas da Lom­ba.

Res­pec­to a es­te ca­pí­tu­lo, o dos con­xun­tos con­vi­da­dos, Al­ber­to Diz co­men­ta que «uns 30 equipos amo­sa­ron o seu in­tere­se por vir xo­gar ao AF7, to­dos da eli­te, e dos cin­co con­ti­nen­tes». Entre eles, ca­dros de Xa­pón, o Minsk de Bie­lo­rru­sia e o We­lling­ton Phoe­nix. Mais es­te úl­ti­mo que­da­rá­se coas ga­nas de vol­tar, alo­me­nos o vin­dei­ro ano, da­do que os res­pon­sa­bles do tor­neo ale­vín des­car­tan de par­ti­da a pre­sen­za no 2018 dun con­xun­to de Ocea­nía.

O que si qui­xe­ron foi ase­gu­rar o re­gre­so dun equi­po da Ma­jor Lea­gue Soc­cer, lo­go da bai­xa do Or­lan­do su­pe­ra­do, ex­pli­ca Diz, po­los pra­zos de pe­che da via­xe tras ga­ñar a pra­za na Da­llas Cup 2017. Para evi­tar que al­go así su­ce­da de no­vo o AF7 asi­nou un con­tra­to coa MLS obri­gan­do os fu­tu­ros ins­cri­tos na Da­llas Cup a pe­char o seu plan de via­xe en non máis dun­ha se­ma­na des­de a ob­ten­ción da pra­za se que­ren xo­gar o AF7.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.