Os ter­cei­ras van­se de pon­te cun ollo na en­fer­me­ría, e ou­tro no mer­ca­do

Con­fir­ma­da a fi­cha­xe do lu­so Ma­nú, o Cél­ti­ga bus­ca ou­tro par de xo­ga­do­res, co­mo o Vi­la­lon­ga e o Ri­ba­du­mia

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES - PABLO PENEDO

Os plan­te­is do Cél­ti­ga e do Vi­la­lon­ga pe­cha­ban na noi­te de on­te a súa cur­ta se­ma­na de tra­ba­llo. O do Arou­sa e mais o do Ri­ba­du­mia fano ho­xe. O pa­rón da Li­ga de Ter­cei­ra Di­vi­sión, po­la dispu­ta da pri­mei­ra fa­se da Co­pa das Re­xións Uefa con Ga­li­cia com­pe­tin­do en As­tu­rias, deu­lles pé aos ades­tra­do­res dos equi­pos arou­sáns da ca­te­go­ría pa­ra con­ce­der­lles un des­can­so aos seu fut­bo­lis­tas. Un­ha me­di­da que non obe­de­ce a un arrin­que de bon­da­de, nin á re­com­pen­sa por un ex­cel­so tra­ba­llo, se­nón á pu­ra ne­ce­si­da­de. Cos ca­tro con­xun­tos arras­tran­do di­fe­ren­tes pro­ble­mas de re­cur­sos hu­ma­nos que acon­se­llan apro­vei­tar a opor­tu­ni­da­de pa­ra re­pou­sar de ca­ra co­ller for­zas pa­ra o de­rra­dei­ro par­ti­do ofi­cial do ano, o vin­dei­ro día 17. Es­tas son as cir­cuns­tan­cias de ca­da un dos equi­pos.

AROU­SA (10º. 27 PUN­TOS)

Su­so sú­ma­se a Ma­nu Jus­to, An­xo e Ye­rai no par­te de bai­xas pa­ra o vin­dei­ro par­ti­do. Con se­te au­sen­cias en­ca­ra­ba o do­min­go o Arou­sa o seu par­ti­do na Lom­ba fron­te a un Alon­dras ri­val di­rec­to na pe­le­xa por ac­ce­der á zo­na de pro­mo­ción. O ades­tra­dor ar­le­qui­na­do, Jor­ge Ote­ro, re­cu­pe­ra­rá pa­ra o de­rra­dei­ro en­con­tro do ano, o día 17 no cam­po do pe­cha­can­ce­las Noia, a Fran Ma­tos, tras o seu per­mi­so por cues­tións per­soais, e Ser­gio San­tos, que an­te o Alon­dras cum­pría a xor­na­da de san­ción tras ver o seu quin­to car­tón ama­re­lo. O téc­ni­co ma­ni­fes­ta­ba on­te a súa con­fian­za en con­tar ta­mén con Sy­lla, que o luns vol­veu, un mes des­pois, a ades­trar­se co gru­po, e qui­zais ta­mén con Llo­ves. Os que de­be­rán agar­dar ao 2018 pa­ra re­apa­re­cer na Li­ga son os le­sio­na­dos Ye­rai, Ma­nu Jus­to e An­xo, ade­mais de Su­so. O la­te­ral es­quer­do cu­bríu o do­min­go ci­clo de amo­nes­ta­cións con san­ción apa­re­lla­da. Pe­ro in­da que non fo­se así, o seu fí­si­co pa­re­ce ter­lle man­da­do pa­rar. Su­so, que an­te a fal­ta de efec­ti­vos for­zou pa­ra xo­gar cun­ha ven­da­xe com­pre­so­ra, re­ma­tou o cho­que cun­ha for­te con­trac­tu­ra nos is­quio­ti­biais que acon­se­lla re­pou­so pa­ra non ir a máis, e non xo­ga­rá de no­vo ata des­pois do pa­rón de Na­dal. Así as cou­sas, e con Ju­lio Rey e con Ja­vi Pa­zos coa se­lec­ción ga­le­ga, Ote­ro de­ci­díu re­du­cir os ades­tra­men­tos es­ta se­ma­na ao luns, e a ho­xe, dan­do prac­ti­ca­men­te por des­car­ta­da un­ha ter­cei­ra se­sión, que se­ría ma­ñá.

RI­BA­DU­MIA (13º. 21 PUN­TOS)

Tres se­sións de tra­ba­llo e ca­tro días de per­mi­so. Sen Ne­lo, por acu­mu­la­ción de amo­nes­ta­cións, e con Jo­si­ño re­cu­pe­rán­do­se dun­ha con­trac­tu­ra, o Ri­ba­du­mia de Luis Ca­rro vol­veu ofre­cer un so­bre­saín­te ni­vel de com­pe­ti­ti­vi­da­de o pa­sa­do do­min­go na súa vi­si­ta ao Ra­cing Vi­lal­bés. Cun­ha de­rro­ta ex­ce­si­va, e mes­mo in­xus­ta no ba­re­mo de mé­ri­tos rea­li­za­dos por am­bos equi­pos. Con só quin­ce efec­ti­vos do seu cur­to plan­tel de 17 ho­mes dispu­tou o en­con­tro Luis Ca­rro, que de acor­do coa di­rec­ti­va do C.D. Ri­ba­du­mia, le­va máis dun mes na pro­cu­ra de dous a tres re­for­zos. Un la­te­ral, e un dian­te­iro po­li­va­len­te e con gol son as prio­ri­da­des do club au­ri­ne­gro, ex­pli­ca o seu ades­tra­dor, cons­cien­te de que con só 17 efec­ti­vos, máis os ca­tro con fi­cha do fi­lial, a tem­pa­da po­de fa­cer­se de­ma­sia­do lon­ga. Así as cou­sas, «es­te pa­rón vai­nos vir ben», di. Non só pa­ra re­cu­pe­rar a Jo­si­ño, se­nón ta­mén «a moi­ta xen­te con mo­les­tias, que le­va moi­tos mi­nu­tos de xo­go, ca­so Ga­bi, Ra­món, Che­ri e San­ti». O Ri­ba­du­mia ades­trou o luns e on­te, e faino es­ta ma­ñá, pa­ra co­ller­se des­pois ca­tro días de per­mi­so.

CÉL­TI­GA (14º. 19 PUN­TOS)

Ma­nú, o.k., e ago­ra, a por tres

máis. O Cél­ti­ga con­fir­mou on­te o acor­do de­fi­ni­ti­vo pa­ra a fi­cha­xe do me­dio­cen­tro Ema­nuel Da­vi­de Tei­xei­ra da Sil­va, Ma­nú (Ama­ran­te-Por­to, 23/I/1996). For­ma­do no Boa­vis­ta, do que era ca­pi­tán do seu pri­mei­ro plan­tel xu­ve­nil, foi fi­cha­do na tem­pa­da 2015/16 po­lo Dé­por B. Pe­ro tras un­ha pri­mei­ra cam­pa­ña dis­cre­ta, na que só xo­gou 843 mi­nu­tos, no pri­mei­ro ades­tra­men­to do ve­rán do 2016 par­tíu o li­ga­men­to cru­za­do dun xeon­llo, xo­gan­do es­ca­sos par­ti­dos a fi­nais da pa­sa­da cam­pa­ña ce­di­do no Por­taz­go da Pri­mei­ra Ga­li­cia. Sen equi­po es­ta tem­pa­da, Ma­no­lo Nú­ñez ve en Ma­nú «un me­dio­cen­tro de ca­li­da­de, moi po­si­cio­nal, que lle dá equi­li­brio ao equi­po; con boa saí­da do ba­lón, e que me­llo­ra bas­tan­te o Cél­ti­ga». Tras el e o pun­ta in­glés Phi­llip, o téc­ni­co do Cél­ti­ga que­re ou­tro dian­te­iro cen­tro, un xo­ga­dor de banda de­rei­ta, e un la­te­ral es­quer­do. Ta­to e Mar­cos, por le­sión, e Án­ge­lo, por san­ción, se­rán bai­xa a vin­dei­ra se­ma­na, na que Nú­ñez con­fía en re­cu­pe­rar a Eloy tras re­in­cor­po­rar­se es­te o luns ao gru­po.

VI­LA­LON­GA (16º. 14 PUN­TOS)

Mi­ni­cu­mio téc­ni­co-di­rec­ti­va.

Con tan só 2 pun­tos dos úl­ti­mos 33 dispu­tados, o Vi­la­lon­ga di­la­pi­dou o seu ri­co bo­tín das se­te pri­mei­ras xor­na­das de Li­ga. Un­ha si­tua­ción dra­má­ti­ca que si­tuou o equi­po de Cé­sar Sán­chez á bei­ra da zo­na de des­cen­so. Con Mel­chor aban­do­nan­do a se­ma­na pa­sa­da o plan­tel por in­com­pa­ti­bi­li­da­de la­bo­ral, e con Gon­za­lo si­na­lan­do no mes­mo ca­mi­ño, Sán­chez reunía­se na noi­te de on­te coa di­rec­ti­va ce­les­te pa­ra abor­dar a ur­xen­cia de, co­mo mí­ni­mo, cu­brir os ocos nun equi­po que po­de­ría que­dar con só 17 efec­ti­vos.

MARTINA MISER

Su­so re­ma­tou le­sio­na­do o par­ti­do co Alon­dras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.