O Unión Gro­ve abre a de­ci­mo­sé­ti­ma xor­na­da da Pre­fe­ren­te ho­xe fron­te ao Pon­te­llas

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

Arou­sa non ve­rá a vin­dei­ra fin de se­ma­na nin fút­bol de Ter­cei­ra Di­vi­sión, nin de Pre­fe­ren­te Au­to­nó­mi­ca. Co Arou­sa, co Ri­ba­du­mia, co Cél­ti­ga e co Vi­la­lon­ga des­can­san­do po­lo pa­rón de­ri­va­do da Co­pa das Re­xións Uefa, o Unión Gro­ve, o úni­co re­pre­sen­tan­te da co­mar­ca na Pre­fe­ren­te Au­to­nó­mi­ca, abre es­ta tar­de a de­ci­mo­sé­ti­ma xor­na­da da súa Li­ga en par­ti­do adian­ta­do fron­te ao Pon­te­llas.

Ás cin­co, no Mon­te da Vi­la, o con­xun­to di­ri­xi­do por Nel Ote­ro ten­ta­rá qui­tar­se an­te o de­ci­mo­cuar­to cla­si­fi­ca­do o mal sa­bor de bo­ca que se lle que­dou o pa­sa­do do­min­go, des­pois de que Vi­xo erra­se un pe­nal­ti no tem­po de pro­lon­ga­ción que de ter apro­vei­ta­do lle te­ría da­do o triunfo ao Unión so­bre o líder da Pre­fe­ren­te Au­to­nó­mi­ca Sur, o Es­tra­den­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.