«Me­ter­me en­tre as 100 pri­mei­ras do mun­do é a mi­ña me­ta no 2018»

Tras asi­nar un­ha do­bre mar­ca his­tó­ri­ca no Mu­tua Ma­drid Open Sub-16, a vi­la­gar­ciá vi­sua­li­za ou­tro gran sal­to o vin­dei­ro ano

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES - PABLO PENEDO

O pa­sa­do do­min­go Jéssica Bou­zas Ma­nei­ro (Vilagarcía de Arou­sa, 24/IX/2002) fa­cía his­to­ria no Mu­tua Ma­drid Open Sub-16, por par­ti­da do­bre. Con­ver­tén­do­se no pri­mei­ro te­nis­ta nos cin­co anos de his­to­ria do que é xa un dos tor­neos de re­fe­ren­cia da ca­te­go­ría en Es­pa­ña en ga­ñar dúas pro­bas con­se­cu­ti­vas de cla­si­fi­ca­ción pa­ra a súa fa­se fi­nal, e en re­va­li­dar o triunfo nun­ha de­las, a de Já­vea. Xo­ga­do­ra nú­me­ro 293 ao ter­mo do seu pri­mei­ro ano no cir­cui­to ITF Ten­nis Ju­nior, a an­te­sa­la do gran cir­cui­to pro­fe­sio­nal do te­nis fe­mi­nino, a WTA, pre­se­lec­cio­na­da po­la Fe­de­ra­ción Es­pa­ño­la pa­ra a Win­ter Cup Ca­de­te, o Cam­pio­na­to de Eu­ro­pa de In­verno de se­lec­cións, a ex xo­ga­do­ra do Club de Te­nis Rial fa­la con am­bi­ción, pe­ro cos pés no chan, do ho­ri­zon­te que con 15 anos se lle pre­sen­ta no seu se­gun­do cur­so co­mo alum­na da Aca­de­mia Te­nis Fe­rrer de Já­vea.

—Aca­bas de fa­cer his­to­ria nun dos me­llo­res tor­neos Sub-16 de Es­pa­ña, o que fa­lan­do de te­nis, é moi­to di­cir...

—Si. Bas­tan­te. É un­ha ale­gría sú­per gran­de. Eu non sa­bía na­da de que fa­cía his­to­ria no tor­neo. Di­xé­ron­mo na en­tre­ga. E foi sú­per, sú­per, sú­per chu­lo. A ver­da­de, moi­ta ale­gría.

—¿Que te le­vou a com­pe­tir no tor­neo de Já­vea can­do aca­ba­bas de con­se­guir xa a cla­si­fi­ca­ción pa­ra o ca­dro fi­nal do Mu­tua Ma­drid Open ga­ñan­do en Mur­cia?

—Eu que­ríao xo­gar por­que o ano an­te­rior con­se­gui­ra a pra­za pa­ra a fa­se fi­nal ga­ñan­do o tor­neo no meu club, en Já­vea. Fa­cía­me ilu­sión ga­ñar o tor­neo de no­vo.

—En ou­tu­bro com­ple­ta­ches o teu pri­mei­ro ano de cheo no ITF Ten­nis Ju­nior no posto 293 do mun­do. ¿Co­mo va­lo­ras a túa tem­pa­da de es­trea na an­te­sa­la da WTA?

—Pa­ra min foi un cam­bio, por­que non es­ta­ba acos­tu­ma­da a fa­cer ese ti­po de tor­neos. E foi moi ben. Ago­ra que­re­mos em­pe­zar a xo­gar máis tor­neos de grao 2 e 3, e ver se po­de­mos su­pe­rar o rán­king do pri­mei­ro ano.

—¿A que as­pi­ra Jéssica no 2018?

—Me­ter­me en­tre as 100 pri­mei­ras é a mi­ña me­ta es­te ano. Ta­mén me gus­ta­ría as­pi­rar a xo­gar al­gún gran tor­neo, un Grand Slam.

—¿Al­gun­ha pre­fe­ren­cia pa­ra de­bu­tar no Grand Slam?

—Se pui­de­ra eli­xir, se­ría o Ro­land Ga­rros. Des­de sem­pre foi un tor­neo moi emo­ti­vo pa­ra min. Gús­ta­me moi­to. E ta­mén por­que se xo­ga máis avan­za­da a tem­pa­da, con máis mar­xe de me­llo­ra no rán­king.

—An­tes de en­trar na Aca­de­mia Te­nis Fe­rrer xa ga­ña­ras o de­rei­to a es­trear­te co­mo in­ter­na­cio­nal con Es­pa­ña na Win­ter e na Sum­mer Cup in­fan­tís, en­tre ou­tros éxi­tos. Pe­ro lo­grar o que aca­da­ches des­de ou­tu­bro do ano pa­sa­do se­me­lla que te­ría si­do moi com­pli­ca­do des­de un club mo­des­to co­mo O Rial...

—Si. Si. É to­tal­men­te dis­tin­to. A min o O Rial deu­me moi­tí­si­mas cou­sas. Es­tou moi agra­de­ci­da con eles. E con Da­ni Ote­ro —o seu téc­ni­co no club vi­la­gar­cián—. Pa­ra min Da­ni Ote­ro foi co­mo un se­gun­do pai. Des­de pe­que­na foi quen me le­vou. Se ago­ra mes­mo es­tou xo­gan­do así é gra­zas a el. Pe­ro é ver­da­de que na Aca­de­mia cam­bia to­do. Pro­fe­sio­na­li­za­ción, máis tor­neos, máis via­xes, máis for­ma fí­si­ca. E máis opor­tu­ni­da­des das que se­gu­ro te­ría en Ga­li­cia. Ta­mén lle es­tou sú­per agra­de­ci­da á Aca­de­mia —Te­nis Fe­rrer—. Es­tán­me tra­tan­do sú­per ben. —Nun par de se­ma­nas par­ti­ci­pa­rás na con­cen­tra­ción que de­ci­di­rá as re­pre­sen­tan­tes de Es­pa­ña na Win­ter Cup Ca­de­te, o Cam­pio­na­to de Eu­ro­pa de In­verno da ca­te­go­ría. ¿Ves­te de no­vo na se­lec­ción?

—Que­ro for­mar par­te da se­lec­ción. O ano que vén que­ro me­llo­rar o meu rán­king, e xo­gar al­gún tor­neo im­por­tan­te. E so­bre to­do, me­llo­rar moi­to te­nis­ti­ca­men­te; me­llo­rar e apren­der.

—¿En que de­bes cen­trar­te en me­llo­rar máis no 2018?

—De­bo me­llo­rar moi­tí­si­mo en to­do. Aca­bo de co­me­zar. Non le­vo na­da. Que­ro me­llo­rar moi­tí­si­mo máis. Tan­to en xo­go, co­mo en men­ta­li­da­de. Un mon­tón. En to­do.

—¿A WTA ve­se máis pre­to des­pois de de­mos­tra­cións co­mo a túa nas dúas úl­ti­mas se­ma­nas no cir­cui­to do Mu­tua Ma­drid Open?

—Si. Po­de ser. Pou­co a pou­co vai­se acer­can­do máis. Pe­ro es­te é só un pe­queno pa­so.

ACA­DE­MIA TE­NIS FE­RRER

Bou­zas es­tá ex­pri­min­do o seu sal­to dun club mo­des­to, O Rial, a un­ha gran­de aca­de­mia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.