«A de­ci­sión de dei­xar a ca­sa e ir­me a Ala­can­te foi moi rá­pi­da. Adap­tar­me foi bas­tan­te fá­cil»

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

—Hai 14 me­ses dei­xa­bas a túa ca­sa con 14 anos pa­ra ir­te soa, sen fa­mi­lia nin ami­gos, á ou­tra pun­ta de Es­pa­ña. ¿Que foi máis du­ro, to­mar a de­ci­sión, ou adap­tar­te ao teu no­vo mun­do en Já­vea?

—A de­ci­sión foi moi rá­pi­da. Meus pais e mais eu sa­bia­mos que se que­ría che­gar a al­go no te­nis te­ría que cam­biar, e esa era a for­ma. Adap­tar­me foi bas­tan­te fá­cil. Na Aca­de­mia co­ñe­cín a mi­ña me­llor ami­ga, Mai­te Ar­za­lluz —alum­na cor­do­be­sa da Aca­de­mia Te­nis Fe­rrer, dous anos maior cá Jéssica—. E no ins­ti­tu­to os com­pa­ñei­ros son moi bos, in­te­grei­me ben.

—¿Cal é o seu día a día des­de a súa in­cor­po­ra­ción á Aca­de­mia Te­nis Fe­rrer?

—No pri­mei­ro cur­so es­ta­ba in­ter­na no Co­le­xio Lo­pe de Ve­ga, en Be­ni­dorm, que con­ta con ins­ta­la­cións de te­nis on­de ades­tra­ba cun mo­ni­tor da Aca­de­mia. Ago­ra vi­vo en Já­vea na ca­sa dun com­pa­ñei­ro da Aca­de­mia, coa fa­mi­lia Foix. To­do o mun­do na fa­mi­lia é un amor, té­ñen­me co­mo un­ha fi­lla máis. Na ca­sa son tres ir­máns, e sem­pre via­xo co que é o meu com­pa­ñei­ro na Aca­de­mia —dous anos maior—. Es­te cur­so ades­tro en Já­vea. Ér­go­me ás 7.20 e al­mor­zo. De 7.45 a 10.30 adés­tro­me, e ás 11 vou ao co­le­xio. Co­mo á un­ha. De 14 a 15 vol­vo ter cla­se, e ás 15.30 adés­tro­me de no­vo ata as 18.30-19. Lo­go es­tu­do, e se te­ño al­go de tem­po li­bre ve­xo a te­le ou es­tou na mi­ña ha­bi­ta­ción. O sá­ba­do te­ño o ades­tra­men­to da ma­ñá, e o res­to da fin de se­ma­na li­bre. Vou­me con Mai­te á súa ca­sa, ó ci­ne cos com­pa­ñei­ros da Aca­de­mia... So­mos co­mo un­ha pe­que­na fa­mi­lia. Pe­ro sem­pre, sem­pre es­tá Mai­te.

—Só tres ho­ras de cla­se es­co­lar...

—Te­mos me­nos ma­te­rias, e ben con­cen­tra­das. É un co­le­xio in­glés, no que to­das as ma­te­rias agás lin­gua es­pa­ño­la e va­len­cia­na, e so­ciais, im­pár­ten­se en in­glés. É máis di­fí­cil can­do vou com­pe­tir ao es­tran­xei­ro. Pe­ro can­do vol­vo pó­ño­me ao día bas­tan­te ben.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.