Me­dio am­bien­te

O ca­tá­lo­go de ár­bo­res sen­llei­ras in­cor­po­ra as arau­ca­rias de Cam­ba­dos e o pi­ñei­ro do Ca­bi­do

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - PORTADA - SER­XIO GON­ZÁ­LEZ

Trá­ta­se dun­ha fi­gu­ra que in­te­gra aque­les exem­pla­res e aque­las for­ma­cións ar­bó­reas que amo­san un ca­rác­ter ex­cep­cio­nal. E que me­re­cen, por es­ta ra­zón, una pro­tec­ción es­pe­cial en aten­ción ao seu por­te, pro­por­cións, ida­de, ra­re­za, sig­ni­fi­ca­ción his­tó­ri­ca ou cul­tu­ral, in­tere­se cien­tí­fi­co, edu­ca­ti­vo, es­té­ti­co, pai­sa­xís­ti­co ou cal­que­ra ou­tra cir­cuns­tan­cia. Es­ta é a de­fi­ni­ción ofi­cial do ca­tá­lo­go de ár­bo­res sen­llei­ras de Ga­li­cia, que a Xun­ta ela­bo­ra den­de o 2007 e vén de en­ri­que­cer­se con seis no­vos exem­pla­res e cin­co for­ma­cións. Dúas de­las me­dran no Sal­nés. Trá­ta­se das arau­ca­rias de Cam­ba­dos e do pi­ñei­ro do pa­zo do Ca­bi­do, en Vi­la­no­va.

Po­lo que res­pec­ta ás arau­ca­rias, o ca­tá­lo­go re­co­ñe­ce dous exem­pla­res de gran­de por­te, con máis de 31 me­tros de al­tu­ra e dous me­tros e me­dio de pe­rí­me­tro. Me­dran nun­ha fin­ca pró­xi­ma ao pa­zo de To­rra­do e na pro­pia pra­za do Con­ce­llo, en­tre as pal­mei­ras que, por cer­to, es­tán in­fec­ta­das po­lo te­mi­do es­ca­ra­ve­llo pi­cu­do. Non son as úni­cas arau­ca­rias arou­sás que fi­gu­ran no lis­ta­do de ár­bo­res pro­te­xi­das. Del for­ma par­te ta­mén a arau­ca­ria ex­cel­sa do pa­zo de Ru­biáns.

En canto ao pi­ñei­ro man­so do Ca­bi­do, es­ta­mos dian­te dun­ha ár­bo­re que aca­da un­ha al­tu­ra de seis me­tros. Pe­ro o que re­sul­ta ver­da­dei­ra­men­te im­pre­sio­nan­te é o seu pe­rí­me­tro, de seis me­tros, cun­ha co­pa que po­ten­cia a sen­sa­ción de gran­dio­si­da­de do exem­plar. Me­dra nos xar­díns do pa­zo do mes­mo no­me, en Vi­la­no­va.

Ollo coa pro­ce­sio­na­ria

A saú­de das ár­bo­res im­por­ta, tan­to as que son con­si­de­ra­das sen­llei­ras co­ma as que non. Nes­te sen­so, a es­ta­ción fi­to­pa­to­ló­xi­ca de Areei­ro, de­pen­den­te da Depu­tación, vén de aler­tar de que a se­ca e as tem­pe­ra­tu­ras ele­va­das fa­vo­re­ce­ron o adian­to do ci­clo da pro­ce­sio­na­ria do pi­ñei­ro. A bió­lo­ga Ro­sa Pérez lem­bra que as ei­ru­gas po­den pro­du­cir reac­cións alér­xi­cas, moi gra­ves nos cans, e re­co­men­da ac­tuar con ur­xen­cia nos par­ques pú­bli­cos afec­ta­dos po­la pre­sen­za da pra­ga.

MAR­TI­NA MISER FO­TOS

O pi­ñei­ro man­so aca­da os seis me­tros de pe­rí­me­tro.

As arau­ca­rias mi­den 31 me­tros.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.