Veloso afi­na o seu cor­po ao ni­vel do ano do seu triun­fo na Vol­ta a Ca­ta­lu­ña

Cun cam­bio de pre­pa­ra­ción e cun­ha es­tri­ta die­ta, arrin­ca o cur­so na Vol­ta ao Al­gar­ve con 72 qui­los, tres me­nos do ha­bi­tual. O ob­xec­ti­vo, ele­var o seu ren­de­men­to do 2017

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES - PA­BLO PENEDO

Un­ha pá­ja­ra na pe­núl­ti­ma eta­pa da Vol­ta a Portugal pri­va­ba en agos­to do 2017 a Gus­ta­vo Cé­sar Veloso de poder to­mar un día des­pois a saí­da da con­tra­rre­lo­xio in­di­vi­dual da Gran­dís­si­ma en dis­po­si­ción de pe­le­xar­lle a vi­to­ria da xe­ral ao seu com­pa­ñei­ro de fi­las no W52-F.C. Por­to Raúl Alar­cón. Na­da lle ga­ran­te a un ci­clis­ta un­ha blin­da­xe ao 100 % fron­te ao máis te­mi­do dos epi­so­dios bio­quí­mi­cos en ca­rrei­ra, que ba­lei­ra a súa ví­ti­ma sen po­si­bi­li­da­de de re­be­lión fí­si­ca nin men­tal. Con todo, des­pois do que ten si­do o maior gol­pe so­bre o si­llín en­cai­xa­do na súa lon­ga e bri­llan­te ca­rrei­ra, e ven­do ta­mén co­mo as cir­cuns­tan­cias e o em­pu­xe de Alar­cón o pri­va­rán do dor­sal 1 na vin­dei­ra edi­ción da Vol­ta a Portugal, Gus­ta­vo Cé­sar de­di­cou a par­te máis du­ra do cur­so 2018 a rein­ven­tar­se. Tras­la­dan­do o cas­ti­go con­cen­tra­do da pe­le­xa so­bre o as­fal­to cos ri­vais á crue­za da in­gra­ta e su­fri­da pos­ta a pun­to na lon­ga pre­tem­pa­da.

Con 72 qui­los, arre­dor de tres me­nos do que soe ser ha­bi­tual nel no ini­cio de cur­so, to­ma ho­xe Gus­ta­vo Cé­sar Veloso a saí­da na pri­mei­ra das cin­co eta­pas da Vol­ta ao Al­gar­ve. A pri­mei­ra gran ci­ta do ca­len­da­rio lu­so, coa prác­ti­ca to­ta­li­da­de das es­ca­dras Worl­dTour, tre­ce, e a par­ti­ci­pa­ción de es­tre­las do ni­vel do aus­tra­liano Ri­chie Por­te (BMC Ra­cing Team). O arou­sán arrin­ca nun ni­vel de afi­na­ción fí­si­ca tan só com­pa­ra­ble na súa tra­xec­to­ria á que lucía no 2008, ano no que, nas fi­las do Xa­co­beo Ga­li­cia, con­se­guía o maior éxi­to da súa ca­rrei­ra, a vi­to­ria da xe­ral da Vol­ta a Ca­ta­lu­ña.

Fron­te ás úl­ti­mas tem­pa­das, nas que en­fo­ca­ba todo o seu tra­ba­llo pa­ra un úni­co pi­co de for­ma coin­ci­din­do coa Vol­ta a Portugal, no 2018 o co­rre­dor do W52-F.C. Por­to deseñou a súa pre­pa­ra­ción so­bre a pre­mi­sa de dis­por de dúas gran­des fa­ses ao lon­go do cur­so. O pri­mei­ro de fi­nais de mar­zo ata

maio, de xei­to que «agar­do em­pe­zar a es­tar dian­te nas ca­rrei­ras den­tro dun mes, can­do nor­mal­men­te non o fa­cía ata me­dia­dos de tem­pa­da», di­cía on­te Veloso des­de Portugal. E en agos­to, ou­tro pi­co de for­ma pa­ra a Gran­dís­si­ma, á que con­fía en che­gar «no meu me­llor pe­so».

Dous fo­ron os pia­res so­bre os que Gus­ta­vo Cé­sar sus­ten­tou a súa afi­na­ción es­te cur­so. O pri­mei­ro, o en­du­re­ce­men­to da die­ta, «sen des­coi­dar­me nin­gún día», sa­lien­ta. Nor­mal­men­te, des­pois dun­ha tem­pa­da tan cur­ta co­mo a lu­sa, con fi­nal de fac­to tras a Vol­ta a Portugal a me­dia­dos de agos­to, «tras tres me­ses de coidar­te moi­to co­lles 3-4 qui­los pron­to, vas con cal­ma, che­ga o Na­dal... e pa­ra min o nor­mal era re­ma­tar con 7-8 qui­los máis có fi­nal da úl­ti­ma tem­pa­da», ex­pli­ca o de Ba­mio. Nes­ta oca­sión im­pú­xo­se un­ha dis­ci­pli­na es­par­ta­na na pre­pa­ra­ción ali­men­ta­ria, que pro­ba­ble­men­te lle te­ría re­por­ta­do in­da maio­res ré­di­tos nou­tras la­ti­tu­des, nas que o frío e a choi­va de Ga­li­cia non lle obri­ga­sen ao cor­po do de­por­tis­ta a dis­po­ñer dun mí­ni­mo maior de ca­lo­rías no seu or­ga­nis­mo pa­ra o du­ro ades­tra­men­to a ceo aber­to.

O ou­tro piar que fi­xo che­gar a Veloso con 72 qui­los a es­te ini­cio de cur­so é o cam­bio no seu ré­xi­me de pre­pa­ra­ción fí­si­ca, dán­do­lle maior pro­ta­go­nis­mo á bi­ci­cle­ta des­de o pri­mei­ro día do que soía ter nos úl­ti­mos anos.

Nes­te ca­pí­tu­lo, o ga­ña­dor da eta­pa de Xo­rret de Ca­tí da Vol­ta a España 2009 con­ta que no seu pri­mei­ro mes de pos­ta a pun­to ele­vou de 10 a 14 as ho­ras se­ma­nais que vi­ña fa­cen­do en bi­ci­cle­ta en tem­pa­das an­te­rio­res, man­ten­do as 3 de na­ta­ción en pis­ci­na e a 1,5 de ca­rrei­ra a pé. Con todo, a ver­da­dei­ra vol­ta de tor­ca che­gou no se­gun­do mes de pre­tem­pa­da, no que Veloso re­du­cíu á me­ta­de o tra­ba­llo na au­ga e en 30 mi­nu­tos o tro­te, pa­san­do das 14 ho­ras dou­tros anos so­bre a súa mon­tu­ra a 16-18 á se­ma­na. A me­dia­dos de de­cem­bro aban­do­nou a pis­ci­na, e tras con­cen­trar o seu ades­tra­men­to no Na­dal na bi­ci­cle­ta, con 50 ho­ras na es­tra­da, a ca­rrei­ra a pé ocu­pa des­de xa­nei­ro xa só de 15 a 20 mi­nu­tos ca­da dous días, «só pa­ra o for­ta­le­ce­men­to das ar­ti­cu­la­cións fron­te ás le­sións», co­men­ta o vi­la­gar­cián. Gol­pea­do po­lo in­for­tu­nio o ano pa­sa­do, Gus­ta­vo rein­vén­ta­se a si mes­mo des­de o sa­cri­fi­cio pa­ra vol­ver ao máis al­to.

Apos­tou en in­verno por re­du­cir o tra­ba­llo de pis­ci­na e de ca­rrei­ra a pé, e fa­cer máis ho­ras na bi­ci, pro­gra­man­do dous pi­cos de for­ma

FIR­MA

Veloso fi­xa­rá o seu ca­len­da­rio du­ran­te a Vol­ta ao Al­gar­ve.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.