A Gran­dís­si­ma de no­vo na mi­ra, pe­ro non co­ma obri­ga

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA DEPORTES -

Veloso des­co­ñe­ce cal se­rá o seu ca­len­da­rio máis aló da Vol­ta ao Al­gar­ve que con­clui­rá o do­min­go. Só que a súa in­ten­ción é «es­tar ben ata maio, pa­rar un­ha se­ma­na pa­ra re­cu­pe­rar un pou­co, e vol­ver a ades­trar con vis­tas á Vol­ta a Portugal». Por non sa­ber, nin sa­be co­mo dis­tri­bui­rá o tra­ba­llo en al­tu­ra in­cluí­do des­de hai anos na súa ru­ti­na anual, to­da vez que ao en­fo­car a súa pre­pa­ra­ción ca­ra dous pi­cos de for­ma de­be­ría de pro­gra­mar un­ha iné­di­ta con­cen­tra­ción en mon­ta­ña a co­me­zos da pri­ma­ve­ra.

Am­bas cues­tións, ca­len­da­rio e pre­pa­ra­ción en al­tu­ra, que­re dei­xar en­fo­ca­das o vi­la­gar­cián du­ran­te es­ta se­ma­na nun­ha xun­tan­za de tra­ba­llo co seu di­rec­tor de­por­ti­vo, Nuno Ri­bei­ro. «Eu te­ño os meus ob­xec­ti­vos per­soais, pe­ro por en­ri­ba de­les es­tán os do equi­po», su­bli­ña­ba on­te Gus­ta­vo Cé­sar na vés­pe­ra da súa pri­mei­ra ci­ta de ni­vel da tem­pa­da, tras co­rrer o 4 de fe­brei­ro a Pro­va de Aber­tu­ra, ca­rrei­ra dun día en Avei­ro, na que o seu ho­xe xe­fe de fi­las, Raúl Alar­cón, per­deu o co­ñe­ce­men­to por un gol­pe na ca­be­za nun­ha caí­da ma­si­va na que su­fríu ta­mén un he­ma­to­ma no om­brei­ro es­quer­do dos que es­ta­ría prac­ti­ca­men­te re­cu­pe­ra­do.

O vi­la­gar­cián en­ca­ra o 2018 cun­ha men­ta­li­da­de moi dis­tin­ta á do lus­tro an­te­rior: «Es­te ano vou ir máis día a día. Co­me­zar o ano me­llor, ver­me dian­te nas ca­rrei­ras o an­tes po­si­ble, pa­ra ten­tar con­se­guir vi­to­rias nes­te pri­mei­ro pi­co de for­ma». E des­pois, «che­gar á Vol­ta a Portugal nas me­llo­res con­di­cións po­si­bles. Gus­ta­ría­me ga­ñar a ter­cei­ra» Gran­dís­si­ma, re­co­ñe­ce, pe­ro sen pre­sión.

Ao res­pec­to, Veloso afir­ma que «es­te ano non que­ro cen­trar todo na Vol­ta, que ten­tar ga­ña­la non mar­que todo o de­mais». Asu­min­do que de par­ti­da «o xe­fe de fi­las é Raúl Alar­cón» tras o triun­fo no 2017, e que «o máis im­por­tan­te é que ga­ñe o equi­po». Lo­go se­rá a es­tra­da a que di­te xe­rar­quías.

«Gus­ta­ría­me ga­ñar a ter­cei­ra Vol­ta a Portugal, pe­ro des­pois de cin­co anos cen­tra­do ne­la, non que­ro que se­xa o que mar­que to­da a tem­pa­da»

Gus­ta­vo Cé­sar Veloso

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.