«Do Fes­ti­val de San Se­bas­tián vol­vín coa sen­sa­ción do tra­ba­llo ben fei­to»

O di­rec­tor fai moi boa va­lo­ra­ción da pre­sen­ta­ción da súa lon­ga­me­tra­xe «Tro­te»

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA - YO­LAN­DA GAR­CÍA

Foi un­ha via­xe lon­ga pe­ro fru­tí­fe­ra a que fi­xo Xa­cio Ba­ño por pai­sa­xes can­tá­bri­cas, en­tre o mar e a mon­ta­ña, pa­ra par­ti­ci­par den­tro da sec­ción Zabaltegi do Fes­ti­val de Ci­ne de San Se­bas­tián (SSFF) coa súa ópe­ra pri­ma Tro­te. O seu pa­so po­la gran­de al­fom­bra ver­me­lla re­ci­biu crí­ti­cas tan ex­tra­or­di­na­rias co­ma es­tas: «Sor­pren­de­rá a mu­chos y con­ven­ce­rá a to­dos», «Im­pre­sio­nan­te do­mi­nio ci­ne­ma­to­grá­fi­co»... Ta­mén pre­sen­ta­da no Fes­ti­val de Lo­carno, a lon­ga­me­tra­xe am­bien­ta­da no ru­ral ga­le­go, que fa­la de Car­me co­mo coida­do­ra de seus pais e con es­ce­nas da ra­pa das bes­tas, se­rá es­trea­da pre­vi­si­ble­men­te en de­cem­bro. O ci­neas­ta xo­ven­se vi­ve un dos seus mo­men­tos do­ces. —Co­mo di­xi­re o éxi­to que re­ci­biu es­ta se­ma­na en San Se­bas­tián? —Ben, vin moi con­ten­to. Sem­pre hai ner­vios, al­go de ex­pec­ta­ti­vas, ver se fun­cio­na e se o pú­bli­co en­tra na pro­pos­ta, que­re xo­gar, se tan­to si­len­cio in­co­mo­da ao es­pec­ta­dor ou go­za do ru­ral ga­le­go. Vol­vín coa sen­sa­ción do tra­ba­llo ben fei­to, de que o que fa­go én­che­me e axú­da­me a es­tar coa ca­be­za máis tran­qui­la. E coa idea de fa­cer máis cou­sas. Pa­re­ce que aquí co­me­za a via­xe da pe­lí­cu­la, pe­ro pa­ra min, real­men­te, ta­mén re­ma­ta. No mo­men­to no que a pre­sen­tas, xa non é túa. Te­ño a sen­sa­ción no meu cor­po de que é ho­ra de pa­sar pá­xi­na. Iso é un­ha das cou­sas ra­ras da lon­ga­me­tra­xe. A pe­lí­cu­la re­ma­tou­se hai seis me­ses, que foi can­do nos in­for­ma­ron de que a que­rían en Donosti e Lo­carno.

—Pa­ra vos­te­de, é un pun­to de in­fle­xión na súa tra­xec­to­ria? —Si, a ver­da­de é que sig­ni­fi­ca a mi­ña pri­mei­ra in­cur­sión na lon­ga du­ra­ción. A lon­ga­me­tra­xe im­pli­ca ou­tro con­tac­to co es­pec­ta­dor, ou­tras ex­pec­ta­ti­vas, ou­tro tem­po... El vai­che dar ho­ra e me­dia da súa vi­da, así que tes dúas po­si­bi­li­da­des, dar­lle un­ha pe­lí­cu­la que o re­con­for­te e o fa­ga se­guir un­ha via­xe e abrir os ollos ou ou­tra, que é dar­lle o que agar­da. —Fa­la do ci­ne máis co­mer­cial? —Non di­go co­mer­cial. O mun­do ca­da vez es­tá máis acos­tu­ma­do a dar­lle á per­soa (vou cam­bia­lo por con­su­mi­dor) o que que­re. Hai xen­te que que­re sen­tar­se nun­ha bu­ta­ca, pa­sar un­ha via­xe máis ou me­nos feliz ou máis ou me­nos tris­te pe­ro non cam­bián­do­se a si mes­ma. Ese es­pec­ta­dor que­re re­afir­mar­se nas súas ideas, pe­ro non tan­to cam­biar. —Man­ter­se na zo­na de con­fort. —O ci­ne, a ar­te, o que se­xa... ten que pro­por abrir o teu mun­do. Un fai un­ha pe­lí­cu­la e sén­ta­se a ve­la pa­ra apren­der ou ex­pan­dir­se, e iso im­pli­ca po­ñer­se por de­bai­xo da pe­lí­cu­la, en­ten­der que ás ve­ces non hai que com­pren­der to­do. —Co­mo foi en San Se­bas­tián? —San Se­bas­tián é un fes­ti­val de cla­se A, o máis im­por­tan­te de Es­pa­ña, ma­si­vo de pre­sen­za de pú­bli­co... Un­ha cou­sa moi to­la! Par­ti­ci­pei na sec­ción Zabaltegi, que é a máis aber­ta e na que se fan pre­gun­tas. Sen­tín que a xen­te o pa­sou ben, que por mo­men­tos se per­deu pe­ro se ato­pou e aca­bou a pe­lí­cu­la co­nec­tan­do con cou­sas do seu ser. Tro­te vai so­bre o ani­mal, o ins­tin­to, as ne­ce­si­da­des máis pri­mi­ti­vas... No co­lo­quio ha­bía moi­to in­tere­se por aca­bar de com­ple­tar a pe­lí­cu­la. A ver­da­de, foi moi emo­cio­nan­te.

CEDIDA POR MADAVENUE

Xa­cio Ba­ño, no «pho­to­call» en San Se­bas­tián.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.