A Xun­ta apro­ba as ex­pro­pia­cións pa­ra un­ha sen­da en San Mi­guel, de dous qui­ló­me­tros

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA -

A Xun­ta apro­bou es­ta se­ma­na as ex­pro­pia­cións e o pro­xec­to pa­ra cons­truír un­ha sen­da peo­nil en Vi­la­no­va, ao lon­go da PO-549 ao seu pa­so por San Mi­guel (es­tra­da que une Vi­la­gar­cía e Cam­ba­dos) e a PO-307, que co­mu­ni­ca a an­te­rior coa pon­te da Illa. Trá­ta­se de trei­tos con ca­rác­ter de tra­ve­sía, que son bas­tan­te tran­si­ta­dos por ci­clis­tas e peóns.

A Con­se­lle­ría de In­fraes­tru­tu­ras e Mo­bi­li­da­de ten pre­vis­ta a li­ci­ta­ción do con­tra­to de exe­cu­ción des­ta no­va sen­da es­te mes­mo ano. O or­za­men­to es­ti­ma­do pa­ra as ex­pro­pia­cións é de ca­se 168.000 eu­ros e o da ba­se de li­ci­ta­ción do pro­xec­to de cons­tru­ción é de máis de 1,8 mi­llóns de eu­ros.

For­min­gón co­lo­rea­do

Cons­truí­ran­se sen­das en for­mi­gón co­lo­rea­do po­las dúas mar­xes da es­tra­da, que su­man apro­xi­ma­da­men­te dous qui­ló­me­tros de lon­xi­tu­de, cun an­cho mí­ni­mo de dous me­tros. Na PO-307 pro­xéc­ta­se a sen­da po­la mar­xe es­quer­da e co­nec­ta­rá coa xa exis­ten­te na pon­te da Illa.

Es­ta ac­tua­ción es­tá in­cluí­da no Plan de Sen­das de Ga­li­cia, co­fi­nan­cia­do con Fon­dos FEDER 2014/2020, no que se iden­ti­fi­ca­ron ata oi­to trei­tos prio­ri­ta­rios de ac­tua­ción na co­mar­ca, que afec­tan a exe­cu­ción de 21 qui­ló­me­tros de iti­ne­ra­rios e un in­ves­ti­men­to apro­xi­ma­do de 12,2 mi­llóns de eu­ros.

Nes­te in­tre a con­se­lle­ría ten re­ma­ta­do o iti­ne­ra­rio peo­nil e ci­clis­ta na PO-306, en­tre Vi­la­no­va de Arou­sa e A Illa de Arou­sa, e na es­tra­da PO-308 es­tán en ser­vi­zo xa os tra­mos de sen­da en­tre a praia da Lan­za­da e Sou­tu­llo. Ta­mén es­tá exe­cu­tán­do­se a sen­da da PO300 en­tre o po­lí­gono in­dus­trial do Sal­nés e o lu­gar de Sa­mei­ro, en­tre Ri­ba­du­mia e Cam­ba­dos, en­tre ou­tras.

M. I.

Un tra­mo da es­tra­da que se vai do­tar de sen­da peo­nil.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.