«Vou­me pre­sen­tar as elec­cións e vou pro­po­ñer que ha­xa xen­te da lista que re­pi­ta»

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA -

Car­los Igle­sias fa­la de plans de fu­tu­ro, e o seu fu­tu­ro po­lí­ti­co máis in­me­dia­to pa­sa po­las elec­cións de maio do 2019. Adián­ta­lle a La Voz que as­pi­ra a re­pe­tir. «Vou­me pre­sen­tar as elec­cións se a agru­pa­ción lo­cal ten a ben acep­tar­me».

—Se­rán as súas ter­cei­ras elec­cións, dúas co­mo ca­be­za de car­tel..., vía­se nes­ta te­si­tu­ra hai anos?

—A min a po­lí­ti­ca sem­pre me gus­tou, sem­pre fun afín ao PSOE, en con­cre­to a agru­pa­ción lo­cal, no 2011 vi­ñe­ron as pro­pos­tas e con trin­ta anos fun de se­gun­do con Ma­nel.

—Da lista que o acom­pa­ña­rá, po­de avan­zar al­go?

—Aín­da es­ta­mos no pro­ce­so de fa­lar. Vou­lle pro­po­ñer á agru­pa­ción que ha­xa xen­te que re­pi­ta. —Ape­te­ce­ría­lle dar o sal­to á po­lí­ti­ca fó­ra da Illa?

—Fa­lar de fu­tu­ros nun­ca me gus­tou. Per­dín ao meu pai con 23 anos, e des­de aque­la cam­bio­ume o chip, non me po­ño me­tas a lon­go pra­zo. Vi­vo o día a día. Can­do me vaia da vi­da pú­bli­ca, pa­sa­rei á em­pre­sa pri­va­da. Te­ño a mi­ña ca­rrei­ra (De­rei­to). —Fa­le­mos da po­lí­ti­ca co­mar­cal. An­dan as au­gas re­vol­tas co te­ma do trans­por­te...

—As au­gas vol­ve­rán á súa con­ca. Bai­xo o meu pun­to de vis­ta, creo que to­dos acep­ta­mos que a con­cep­ción dos ser­vi­zos man­co­mu­na­dos ca­rac­te­rí­za­se po­la vo­lun­ta­rie­da­de. O Con­ce­llo da Illa es­tá ad­he­ri­do a ca­se to­dos ser­vi­zos da man­co­mu­ni­da­de e a do Sal­nés é das que me­llor fun­cio­nan en Ga­li­cia. Es­ta­mos tra­ba­llan­do moi ben e te­mas de obras e ser­vi­zos. Ago­ra co trans­por­te co­mar­cal es­ta­se crean­do al­gún ti­po de dis­cre­pan­cia po­lo anun­cio de Vi­la­gar­cía, que mo­les­tou ao pre­si­den­te. Nós di­ci­mos que ten que ha­ber paz, in­de­pen­den­te­men­te da cor po­lí­ti­ca dos con­ce­llos. Le­var es­te ti­po de gue­rras á man­co­mu­ni­da­de non é bo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.