O BNG de­nun­cia no Par­la­men­to o «mal­tra­to» da Xun­ta ao Hos­pi­tal do Sal­nés

La Voz de Galicia (Arousa) - Arousa local - - AROUSA -

A por­ta­voz par­la­men­ta­ria de Sa­ni­da­de do BNG, Mon­tse Prado, re­xis­trou un­ha ba­te­ría de ini­cia­ti­vas pa­ra de­nun­ciar a si­tua­ción do Hos­pi­tal do Sal­nés no que se de­tec­tan un­ha «im­por­tan­te so­bre­car­ga de tra­ba­llo» e se arras­tran as con­se­cuen­cias do pe­che da ter­cei­ra plan­ta de hos­pi­ta­li­za­ción. A na­cio­na­lis­ta pre­gun­ta­rá ao go­berno se vai se­guir per­mi­tin­do que o Ser­gas «mal­tra­te» ao cen­tro hos­pi­ta­la­rio do Sal­nés e pi­de se re­di­men­sio­ne o ca­dro de per­soal, se abra a ter­cei­ra plan­ta e se con­tra­te a máis per­soal.

A na­cio­na­lis­ta ta­mén alu­de a per­da da cer­ti­fi­ca­ción de Hos­pi­tal ami­go dos ne­nos por non po­der cum­prir coas pres­ta­cións re­qui­ri­das po­la dis­tin­ción de Uni­cef. Prado lem­bra que o co­lec­ti­vo de en­fer­mei­ras da pri­mei­ra plan­ta le­va de­nun­cia­do a si­tua­ción do hos­pi­tal po­la ca­ren­cia de per­soal cun­ha gran­de car­ga de tra­ba­llo que se viu agra­va­da en pe­río­do es­ti­val con me­nos per­soal de en­fer­me­ría.

Na ac­tua­li­da­de, son aten­di­das as es­pe­cia­li­da­des de ci­rur­xía, uro­lo­xía, oto­rrino ou xi­ne­co­lo­xía, ade­mais de aten­der ur­xen­cias e par­tos e doen­tes pro­gra­ma­dos in­gre­sa­dos po­las tar­des, o que con­le­va a asun­ción dun gran nú­me­ro de ta­re­fas a maio­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.