Á busca dun so­ño

O PRE­MIO GAR­CÍA BARROS 2015 RE­CAEU NES­TA SU­XES­TI­VA NO­VE­LA PU­BLI­CA­DA POR GA­LA­XIA E QUE CON­VER­TE EN MA­TE­RIA NA­RRA­TI­VA UN TE­RRI­TO­RIO CO­MO FOI O LI­RIS­MO ME­DIE­VAL, ESA ANACO ES­PLEN­DO­RO­SO DO NO­SO PA­SA­DO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - MA­NUEL POR­TAS

RA­MÓN NI­CO­LÁS | Ve­la­quí un xi­ro te­má­ti­co que tes­te­mu­ña a ver­sa­ti­li­da­de crea­ti­va de Ma­nuel Por­tas a de­bru­zar­se ago­ra na von­ta­de de in­su­flar­lle un alento de vi­da a al­guén que vi­viu en­tre nós hai moi­tos anos, do que ben pou­co se sa­bía agás que dei­xou co­mo le­ga­do un man­ga­do de poe­mas. Era es­te un xo­grar que per­se­guiu arreo un so­ño co­mo era o de com­por can­ti­gas tro­ba­do­res­cas e ob­ter cer­to re­co­ñe­ce­men­to por iso, ma­lia que a súa ori­xe ple­bea ca­se o fi­xe­se im­po­si­ble.

Des­de ago­ra vai ser ben di­fí­cil que can­do se lean os poe­mas do xo­grar Lou­re­nço non se aso­cie a súa fi­gu­ra ao per­fil hu­mano que Por­tas deseñou co­mo o dun­ha per­soa que vi­vía a li­te­ra­tu­ra e que cría no que es­cri­bía, de xei­to que non che­ga­ba a dis­tin­guir en­tre o sen­ti­do e o ex­pre­sa­do a tra­vés da cha­ma­da for­ma in­mó­bil. Lou­re­nço, que aba­la en­tre a pi­car­día e a in­xe­nui­da­de, é o fío que nos in­tro­du­ce nun uni­ver­so pou­co tra­ta­do des­de a ficción con­tem­po­rá­nea co­mo é o da poe­sía me­die­val ga­le­go-por­tu­gue­sa e o seu tem­po, en­ce­rra­do aquí en páxinas de ex­tra­or­di­na­ria plas­ti­ci­da­de, en es­pe­cial aque­las que re­pa­ran no con­tex­to tro­ba­res­co ou as que ver­san so­bre a gue­rra e des­cri­ben o amor, por só ci­tar tres ca­sos.

Lou­re­nço, xo­grar é, así pois, un tex­to po­lié­dri­co, do­cu­men­ta­do con so­li­dez e que na­ve­ga en­tre as aguas da no­ve­la his­tó­ri­ca e fi­lo-bio­grá­fi­ca, a de aven­tu­ras e a de ini­cia­ción, e que mes­mo non dei­xa de dis­co­rrer con dis­cre­ción po­los ca­mi­ños da me­ta­li­te­ra­tu­ra. Ade­mais re­co­rre a un­ha es­tru­tu­ra no­vi­do­sa que conxuga un­ha pers­pec­ti­va ca­nó­ni­ca con ou­tra na que di­ver­sas vo­ces, to­das dis­tin­tas e con­fe­sio­nais, cons­trúen dis­cur­sos que com­ple­men­tan con na­tu­ra­li­da­de as di­ver­sas di­men­sións que per­co­rren es­ta pro­pos­ta da que non é di­fí­cil al­bis­car que te­rá sin­gra­du­ras fe­li­ces e du­ra­doi­ras no tem­po. Ale­gra­rei­me que así se­xa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.