Vin­te anos des­pois, «Ga­li­cia xa é Broad­way to­da ela»

POR AQUI­LO DA VI­SI­BI­LI­DA­DE E DA FES­TA EN CO­MÚN A EN­TRE­GA DOS PRE­MIOS MA­RÍA CA­SA­RES ASU­ME UN­HA RE­LE­VAN­CIA SUBS­TAN­CIAL NO PE­RI­PLO ANUAL DOS PRO­TA­GO­NIS­TAS DA ES­CE­NA GA­LE­GA. PO­SI­BLE­MEN­TE IN­CLU­SO MAIOR QUE A TRANS­CEN­DEN­CIA REAL DOS GA­LAR­DÓNS. A GA­LA DES­TE ANO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - ESCÉNICAS -

CAR­LOS CRES­PO | Non son na­da, no son na­da, pe­ro son vin­te anos. Quen llo ía di­cir a aque­les en­tu­sias­tas que alá po­lo 96 de­ci­di­ron que se­ría bo, na qui­mé­ri­ca pro­cu­ra da nor­ma­li­za­ción do teatro ga­le­go, ou­tor­gar uns pre­mios que re­co­ñe­ce­ran —co­mo fan os es­per­tos do ci­ne— os me­llo­res tra­ba­llos do ano e lles desen, se­que­ra por un mo­men­to, un chis­co da an­sia­da e ne­ce­si­ta­da vi­si­bi­li­da­de.

A efé­me­ri­de, á que se une a do pa­sa­men­to a fi­nais da­quel mes­mo ano de Ma­ría Ca­sa­res, a ac­triz que dá no­me aos pre­mios, non pa­sa­rá des­aper­ci­bi­da na ce­ri­mo­nia que o mér­co­res se es­ce­ni­fi­ca­rá na Co­ru­ña. Un­ha ce­ri­mo­nia que se­rá con­du­ci­da por Chévere, que tras­la­da­rá ao Ro­sa­lía o uni­ver­so das Ul­tra­noi­tes. «No sen­ti­do dun xé­ne­ro pro­pio ba­sea­do na crea­ción co­lec­ti­va, con mú­si­ca en di­rec­to e que be­be de xé­ne­ros me­no­res co­mo o teatro de va­rie­da­des, a re­vis­ta ou o mu­sic hall», ex­pli­ca Xesús Ron, di­rec­tor de Chévere e da ga­la.

A ar­qui­tec­tu­ra do ac­to sos­te­ra­se en tres nú­me­ros mu­si­cais que su­xe­ri­rán un per­co­rri­do que se ini­cia­rá, hai xus­to cen anos, can­do as Ir­man­da­des da Fa­la se xun­ta­ron por pri­mei­ra vez nun bai­xo que lles foi ce­di­do a es­ca­sos 50 me­tros do teatro no que te­rá lu­gar a ga­la.

A ce­ri­mo­nia anual de en­tre­ga dos Ma­ría Ca­sa­res ten­se con­ver­ti­do por mo­men­tos nun­ha sor­te de mu­ro das la­men­ta­cións no que o sec­tor de­po­si­ta­ba os seus desafo­gos. Chévere xa anun­cia que na­da de la­men­tos, «que te­mos un­ha cul­tu­ra pro­pia cons­truí­da co es­for­zo de moi­tí­si­ma xen­te ao lon­go de moi­tos anos e que di­so de­be­mos sen­tir­nos or­gu­llo­sos».

Su­bli­ña Xesús Ron que o teatro ac­tual é un­ha vi­to­ria da cul­tu­ra ga­le­ga. «Te­mos un­ha es­ce­na cun­ha iden­ti­da­de pro­pia. Non te­mos un ba­rrio nun­ha ci­da­de, se­nón que Ga­li­cia é Broad­way to­da ela».

Res­pec­to aos no­mea­men­tos, O prin­ci­pio de Ar­quí­me­des, de Teatro do Atlán­ti­co, é a pro­du­ción con maior nú­me­ro de can­di­da­tu­ras, oi­to. En­saio so­bre a ce­guei­ra, de Sa­ra­be­la Teatro, as­pi­ra a se­te ga­lar­dóns, e Pre­si­den­te, de Teatro do Mor­ce­go, aca­da cin­co no­mea­men­tos. Ade­mais, es­tas tres mon­ta­xes dispu­taran­se o pre­mio ao me­llor es­pec­tácu­lo.

Cha­ma a aten­ción o fei­to de que o ano pa­sa­do fo­sen com­pa­ñías de re­cen­te crea­ción co­mo Voa­do­ra ou IlMa­qui­na­rio as que máis no­mea­men­tos con­ci­ta­ron men­tres que es­te ano son tres das máis ve­te­ra­nas as prin­ci­pais no­mea­das. Xesús Ron atri­búe es­te vai­vén ao rit­mo de pro­du­ción dos pro­pios es­pec­tácu­los. «O teatro ga­le­go vi­ve un mo­men­to de moi­ta ver­te­bra­ción, co­mo nun­ca o ti­vo. E os pre­mios re­flic­ten iso. É sau­da­ble que na ga­la coin­ci­da xen­te moi no­va, que aca­ba de saír da Es­co­la, cos ve­te­ra­nos que can­do is­to arrin­cou, hai vin­te anos, xa es­ta­ban fa­cen­do teatro. Pa­ré­ce­me un­ha mos­tra de plu­ra­li­da­de, de res­pec­to e de ri­que­za».

No dis­co­rrer da ce­ri­mo­nia a xor­na­lis­ta Montse Do­pi­co le­rá un ma­ni­fes­to no que de­fen­de­rá a in­de­pen­den­cia do teatro ga­le­go, avo­ga­rá po­la súa uni­da­de e sa­lien­ta­rá a súa va­len­tía. O pre­mio de hon­ra Ma­ri­sa Soto se­ra­lle en­tre­ga­do nes­ta edi­ción á Re­vis­ta Ga­le­ga de Teatro en re­co­ñe­ce­men­to «a lon­ga tra­xec­to­ria des­ta his­tó­ri­ca pu­bli­ca­ción».

De arri­ba abai­xo, «O prin­ci­pio de Ar­quí­me­des» de Teatro do Atlán­ti­co, «En­saio so­bre a ce­guei­ra» de Sa­ra­be­la e «Pre­si­den­te» de Teatro do Mor­ce­go, as tres mon­ta­xes con máis no­mea­men­tos e can­di­da­tas a Me­llor Es­pec­tácu­lo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.