«Só gra­va­mos o 20 % do que com­po­ñe­mos»

«PA­RA UN­HA VEZ QUE SAÍ­MOS» É O AGARDADO CUAR­TO TRA­BA­LLO DA FA­MI­LIA CAAMAGNO, CIN­CO CAN­CIÓNS QUE BE­BEN DAS RAÍ­CES MÁIS BÁ­SI­CAS DO ROCK ’N’ ROLL E DE­MOS­TRAN O GRAN PO­TEN­CIAL DUN­HA BAN­DA QUE ES­TÁ EN TO­TAL EBULICIÓN

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA -

C. PE­REI­RO | Des­de Si­güei­ro pa­ra o mun­do, a Fa­mi­lia Caamagno fi­gu­ra co­mo un dos re­fe­ren­tes mu­si­cais au­tóc­to­nos. Abon­da­ron ca­tro anos pa­ra que os seus cin­co com­po­ñen­tes pu­xe­ran pa­tas arri­ba o ter­mo rock ‘n’ roll, e pa­ra que o seu no­me fi­gu­re na con­tun­den­te maio­ría dos fes­ti­vais e sa­las do país. Un fu­ra­cán de me­lo­días bai­la­bles que pre­sen­ta ago­ra o seu cuar­to tra­ba­llo. Pa­ra un­ha vez que saí­mos re­su­me to­da a fi­lo­so­fía de vi­da que os Caamagno re­pre­sen­tan: rit­mo, ga­ra­xeo e bo fa­cer. Lano, bai­xis­ta do con­xun­to, fa­la do gran mo­men­to que vi­ven.

—Ao fi­nal, se nos po­ñe­mos se­rios, xa le­van saín­do ca­tro anos, e saín­do ben.

—Pois si. Non sei co­mo o ve a xen­te des­de fó­ra pe­ro nós cre­mos es­tar no no­so me­llor mo­men­to. Es­tas úl­ti­mas can­cións son me­llo­res ca as an­te­rio­res, e, á mar­xe di­so, non é só un bo mo­men­to com­po­si­ti­vo. Ta­mén o é na for­ma de to­car, de dar con­cer­tos. Nun­ca es­ti­vé­ra­mos a es­te ni­vel.

—Ve­ñen de ca­se en­cher a sa­la Ca­pi­tol de Com­pos­te­la. ¿Son a pro­ba real de que a mú­si­ca in­de­pen­den­te ga­le­ga po­de triun­far?

—Nun­ca me­té­ra­mos tan­ta xen­te co­ma es­ta úl­ti­ma vez, é cer­to. To­do vén da­do, creo eu, por moi­to es­for­zo. Fa­lo de ho­ras pa­ra com­po­ñer, pa­ra en­saiar... Es­ta­mos nun mo­men­to no que com­bi­na­mos o no­so tra­ba­llo real con es­te tra­ba­llo B, que po­de­ría­mos de­fi­nir co­mo un pa­sa­tem­po que te­mos. Pu­xe­mos to­da a car­ne no asa­dor. O que vén sen­do o tra­ba­llo da ban­da to­má­mo­lo da ma­nei­ra máis pro­fe­sio­nal po­si­ble. Non dei­xa­mos prac­ti­ca­men­te na­da ao azar, o mí­ni­mo po­si­ble. O re­per­to­rio vai tra­ba­lla­do, o con­cer­to en si es­tá moi es­tru­tu­ra­do, té­mo­lo moi pen­sa­do. Lo­go po­de­rá saír peor ou me­llor, pe­ro es­tá cal­cu­la­do.

—A pro­fe­sio­na­li­za­ción sem­pre é un grao.

—Cla­ro, e que é así, é ter un plan. A nos sáen­nos moi­tos bo­los en San­tia­go pe­ro pre­fe­ri­mos agar­dar e or­ga­ni­zar­nos, ver se ca­dra ben ou­tro máis adian­te... Non que­re­mos quei­mar ao no­so pú­bli­co. Ao me­llor a cur­to pra­zo é peor, pe­ro a lar­go pra­zo, que é o que mi­ra­mos, se­rá po­si­ti­vo.

—Na xi­ra de pre­sen­ta­ción xa saí­ron fó­ra de Ga­li­cia, ¿é un ob­xec­ti­vo con­quis­tar ou­tras te­rras?

—Non, non é tan­to iso. Gús­ta­nos sim­ple­men­te pro­bar fó­ra. Aquí to­ca­mos moi­tí­si­mo, en to­das as ci­da­des; en cam­bio fó­ra é co­ma un­ha es­pe­cie de mer­ca­do por ex­plo­tar no que aín­da non con­se­gui­mos en­trar. É un­ha apos­ta. Aquí té­mo­lo to­do un pou­co máis pei­tea­do, pe­ro saír por Por­tu­gal, por Es­pa­ña adian­te, é al­go un pou­co máis inex­plo­ra­do e que­re­mos co­ñe­ce­lo.

—Se­guen apos­tan­do po­lo EP co­mo for­ma­to, nes­te úl­ti­mo con cin­co can­cións. ¿É al­go au­to­im­pos­to ou obri­ga­do por ou­tros fac­to­res, co­mo o eco­nó­mi­co?

—Di­ga­mos que hai tres mo­ti­vos pa­ra is­to. Pri­mei­ra­men­te, que nos cus­ta bas­tan­te com­po­ñer; lo­go, que non to­do o que fa­ce­mos nos va­le. Apro­xi­ma­da­men­te só gra­va­mos o vin­te por cen­to do que com­po­ñe­mos... igual a ci­fra aín­da e me­nor. Te­mos uns es­tán­da­res de ca­li­da­de cos que que­re­mos que a can­ción se­xa re­don­da e es­tar to­dos con­ven­ci­dos. Fi­nal­men­te, si, os car­tos. Es­te ti­po de gra­va­ción que fa­ce­mos, nun es­tu­dio analó­xi­co, va­le bas­tan­tes car­tos e cer­ta­men­te nós que­re­mos soar ben. Ta­mén che di­go, se o ál­bum foi o for­ma­to bá­si­co du­ran­te as úl­ti­mas dé­ca­das, on­de ha­bía ca­tor­ce can­cións e tres ou ca­tro boas, hoxe non hai un for­ma­to de­fi­ni­do, de­pen­de de ti. ¿Gus­ta­ría­nos fa­cer un ál­bum? Si, hai ga­nas, pe­ro non sa­be­mos o que nos cus­ta­rá.

—Vol­ve­ron con­fiar en Jor­ge Mu­ñoz-Cobo, de Dr. Ex­plo­sión, pa­ra gra­var e pro­du­cir o ál­bum, ¿con­ten­tos co re­sul­ta­do?

—Me­llor in­clu­so que no an­te­rior, por­que ago­ra exer­ceu un­ha pro­du­ción maior e con­fia­mos ver­da­dei­ra­men­te nel. Iso é al­go fun­da­men­tal pa­ra tra­ba­llar con al­guén nun dis­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.