Ma­nuel Ma­ría

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - XOSÉ CAR­LOS CA­NEI­RO

Era (é) un poe­ta po­pu­lar no me­llor sen­ti­do da pa­la­bra: che­ga­ba ao po­bo. Foi ac­ti­vis­ta, ta­mén no me­llor sen­ti­do: por­que fi­xo do com­pro­mi­so coa lin­gua e co país un cre­do vo­ca­cio­nal e po­de­ro­so. A súa voz gra­ve abriu ca­mi­ño aos no­vos amo­sán­do­lles as de­cli­na­cións to­das da pa­la­bra ilu­sión: por­que a es­cri­tu­ra, pro­ba­ble­men­te, é un ac­to de fe. De­di­car­lle o Día das Le­tras Ga­le­gas é un acer­to pleno da Real Aca­de­mia Ga­le­ga. Foi da Te­rra Cha pe­ro era ta­mén de to­dos os lu­ga­res, es­pe­cial­men­te os máis pe­que­ne­chos e re­cón­di­tos, re­ga­tos e chai­ras e penedos que ían mar­can­do o seu te­rri­to­rio sen­ti­men­tal. Ler os So­ne­tos á Ca­sa de Hor­tas é a me­llor des­cri­ción hu­ma­nís­ti­ca de Ga­li­cia com­pen­dia­da nun li­bro de in­tere­se lo­cal, di­rán al­gúns. A súa voz poé­ti­ca agro­mou co­mo pu­lo vi­tal, de alen­to, pa­ra su­mar máis vo­ces a fa­vor de Ga­li­cia. E non deu nun­ca nin un pa­so atrás. Es­coi­ta­lo re­ci­tar, con aque­la me­lo­día abi­sal e har­mó­ni­ca, era un deses pra­ce­res que aga­cha a vi­da cul­tu­ral ga­le­ga. Can­do es­cri­biu Poe­mas pa­ra cons­truír un­ha pa­tria ou Can­tos ro­da­dos pra allea­dos e co­lo­ni­za­dos que­ría di­cir pre­ci­sa­men­te iso que di­cía: que ha­bía que cons­truír un­ha Ga­li­cia de ver­da­de e en ver­da­de, or­gu­llo­sa de si mes­ma, ba­ril, fér­til e lu­mi­no­sa. Pa­re­cía, en oca­sións, que só es­cri­bía ver­sos tris­tes. Era un so­fis­ma. Os seus poe­mas aga­cha­ban no aden­tro o fu­tu­ro de Nós, que­ro di­cir a Ga­li­cia que den­de o Rei Sa­bio se­gue a ter na súa cul­tu­ra o maior pa­tri­mo­nio e ri­que­za. Per­co­rreu qui­ló­me­tro a qui­ló­me­tro, me­tro a me­tro, os re­can­tos do país. Via­xou on­de o cha­ma­ban, ca­se sem­pre acom­pa­ña­do da súa Sa­le­ta, a mu­ller que ins­pi­rou ca­da un dos seus pa­sos, vi­tais e poé­ti­cos e com­pro­me­ti­dos. Es­cri­bo de no­vo a mes­ma pa­la­bra: com­pro­mi­so. Nin­guén a de­fi­niu me­llor que Ma­nuel Ma­ría: to­dos os seus días foi un ho­me En­ga­gé se me per­mi­ten em­pre­gar esa ex­pre­sión sar­trea­na. Foi o pri­mei­ro poe­ta no­vo tras a Gue­rra Ci­vil ca­paz de edi­fi­car un te­rri­to­rio pro­pio, di­fe­ren­te e di­fe­ren­cia­do. Cul­ti­vou to­dos os xé­ne­ros. En si mes­mo, de­bo di­cir, era ta­mén un xé­ne­ro literario. Es­cri­biu poe­mas de amor, de dor, reivin­di­ca­ti­vos e vi­tais. Pin­tou a pai­sa­xe de Ga­li­cia con pin­cel de ar­tis­ta. Os crí­ti­cos da li­te­ra­tu­ra no­sa ase­gu­ran que inau­gu­rou o so­cial­rea­lis­mo e ta­mén a es­co­la da te­bra, pe­ro foi moi­to máis ca iso. Era o poe­ta. O poe­ta ga­le­go por ex­ce­len­cia, ese que non te­rá igual po­los sécu­los dos sécu­los: por­que che­gou á xen­te, co­mo di­xen ao co­me­zo. Glo­ria, pois, a Ma­nuel Ma­ría.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.