Vic­to­riano Tai­bo: cin­cuen­te­na­rio

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - XESÚS ALON­SO MON­TE­RO

O13 de mar­zo cum­priu­se o quin­cua­xé­si­mo ca­bo­dano do es­cri­tor Vic­to­riano Tai­bo (1885-1966) e, cin­co días des­pois, no sá­ba­do, 18, o Ins­ti­tu­to de Es­tu­dos Mi­ño­ra­nos or­ga­ni­zou un en­con­tro literario na súa ho­me­na­xe. O Ins­ti­tu­to —sái­ba­se— gar­da con amor o ar­qui­vo literario de Tai­bo e ten fei­to pu­bli­ca­cións que o hon­ran: a fac­sí­mi­le dun poe­ma iné­di­to do au­tor, Lem­bran­za da te­ce­dei­ra, de 1947, e un nú­me­ro mo­no­grá­fi­co da Re­vis­ta de Es­tu­dos Mi­ño­ra­nos (2008), na que un elen­co de es­pe­cia­lis­tas exa­mi­nan os prin­ci­pais as­pec­tos da bio­bi­blio­gra­fía de don Vic­to­riano: o poe­ta, o na­rra­dor, o le­xi­có­gra­fo, o ac­ti­vis­ta da Fa­la, o mes­tre re­pre­sa­lia­do no fran­quis­mo...

Al­gúns dos co­la­bo­ra­do­res de­sa monografía fo­mos con­vo­ca­dos hai oi­to días pa­ra dar no­ti­cia dun li­bro de re­la­tos de 1955, aín­da iné­di­to. Ti­tú­la­se Con­tos pe­que­nos e cons­ta de oi­to, en efec­to, bre­ves. No en­con­tro, Ar­man­do Re­quei­xo fi­xo un­ha sem­blan­za do au­tor, con vo­cá­bu­los moi reivin­di­ca­ti­vos, e os ou­tros par­ti­ci­pan­tes cen­trá­mo­nos no vo­lu­me que o Ins­ti­tu­to vai edi­tar en bre­ve. Gon­za­lo Na­va­za fa­lou da lin­gua dos oi­to tex­tos (da súa ri­ca e coida­da lin­gua); Ca­mi­ño Noia si­na­lou al­gun­has fon­tes fol­cló­ri­cas dos con­tos e, en can­to a min, ofre­cín uns can­tos da­tos so­bre a his­to­ria ex­ter­na do li­bro.

Na cu­ber­ta do ma­nus­cri­to au­tó­gra­fo lemos: «Con­tos pe­que­nos / Es­cri­tos pa­ra o neno / Hi­xi­nio Ul­tre­ya Bei­ras Cal.../ Vi­go / 1955». O au­tor, don Vic­to­riano, ti­ña un es­pe­cial aga­ri­mo po­la fi­gu­ra do dou­tor An­tón Bei­ras Gar­cía, o ilus­tre of­tal­mó­lo­go que non tar­da­ría en in­ven­tar o vi­gos­co­pio (pa­ra cu­rar o es­tra­bis­mo). Aque­la ca­sa —a do dou­tor Bei­ras e a pe­da­go­ga An­tía Cal— foi o pri­mei­ro fo­gar en Ga­li­cia, pos­te­rior ao 36, cu­xa lin­gua —a dos pais, fi­llos e avós— era a ga­le­ga. Nin­gún ou­tro fo­gar des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas —ur­bano, aco­mo­da­do, uni­ver­si­ta­rio— asu­mi­ra, an­tes, es­ta res­pon­sa­bi­li­da­de. En­tén­de­se o aga­sa­llo do ga­le­guis­ta Vic­to­riano Tai­bo. Por se fo­se pou­co, o de­di­ca­ta­rio ti­ña, co­mo se­gun­do no­me, Ul­treia, de con­no­ta­cións ga­le­guis­tas.

En maio de 1992, can­do eu re­ci­bín en Pa­drón o Pe­drón de Ou­ro, An­tía Cal, sem­pre tan xe­ne­ro­sa, sen­tiu­se na obri­ga de fa­cer­me un aga­sa­llo, que foi ex­cel­so: o ma­nus­cri­to dos Con­tos pe­que­nos, que re­lín va­rias ve­ces es­tes días. É a obra que máis me gus­ta de don Vic­to­riano. Se­rá un éxi­to, en­tre os es­co­la­res, a edi­ción po­pu­lar que se pro­pu­xo. O fer­mo­so vo­lu­me con­tén uns xei­to­sos de­bu­xos de Rial, de quen o Ins­ti­tu­to non ten no­ti­cias, que so­li­ci­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.