“Son neo­rru­ral, vi­vo na al­dea pe­ro te­ño men­ta­li­da­de ur­ba­na”

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA . ENTREVISTA - TEX­TO: CAR­LOS CRESPO

—De­fí­nes­te co­mo «ar­te­sán do son». A uti­li­za­ción da elec­tró­ni­ca non con­tra­dí o con­cep­to de ar­te­sa­nía?

—A elec­tró­ni­ca é o úni­co que po­do uti­li­zar por­que non po­do ter mi­les de ins­tru­men­tos. Pe­ro é un­ha elec­tró­ni­ca moi ru­di­men­ta­ria, de po­bre [ri].

—On­de lle pos o lí­mi­te á ex­pe­ri­men­ta­ción?

—Non son tan ex­pe­ri­men­tal co­mo pa­re­zo. O que fa­go, ao fi­nal, son tem­pos 4x4 e cou­sas bas­tan­te me­ló­di­cas. É to­do bas­tan­te pop.

—Nos teus di­rec­tos par­tes de ce­ro en ca­da can­ción e vas en­ga­din­do ca­pas e tex­tu­ras ata con­for­ma­la. Non lle tes me­do ao ba­lei­ro?

—Non, ao con­tra­rio. Gús­ta­me co­me­zar con moi pou­co e ir su­man­do. Á mú­si­ca elec­tró­ni­ca en di­rec­to é di­fí­cil pór­lle sen­ti­do. Pe­ro eu te­ño un es­pí­ri­to ro­quei­ro, así que en di­rec­to gús­ta­me ta­mén crear e que esa crea­ción te­ña un pun­to arris­ca­do.

—Na fo­lla de pro­mo­ción do teu dis­co di que «se­gues ex­plo­ran­do as con­tra­di­cións so­ciais». Que des­cu­bri­ches ne­sa ex­plo­ra­ción?

—Que estamos su­mi­dos na mer­da e que non sei co­mo imos saír des­ta si­tua­ción. Te­mos que aban­do­nar esa fal­sa ne­ce­si­da­de do sú­per con­fort e de que hai só un­ha for­ma de vi­vir. Hai moi­tas al­ter­na­ti­vas e te­ñen que pa­sar po­la con­vi­ven­cia en­tre o ser hu­mano e a súa con­tor­na, al­go que ago­ra mes­mo non estamos fa­cen­do.

—Non hai ta­mén un­ha con­tra­di­ción en fa­cer mú­si­ca que se su­pón ur­ba­na den­de un am­bien­te ru­ral?

—É que no ru­ral non hai só gai­tei­ros [ri]. Eu son un­ha neo­rru­ral. Te­ño un­ha men­ta­li­da­de ur­ba­na, to­tal. Cul­tu­ral­men­te non te­ño moi­tas cou­sas que com­par­tir coa xen­te do ru­ral, pe­ro co­mo que­ro ter un es­ti­lo de vi­da máis sos­ti­ble e máis acor­de coa mi­ña éti­ca ti­ña que mar­char da ci­da­de.

—Vol­ve­rás a ela al­gún día?

—Non, non. É im­po­si­ble. Ago­ra te­ño es­pa­zo, po­do be­rrar moi for­te. Non po­de­ría asu­mir as li­mi­ta­cións dun pi­so.

—É a soi­da­de o lu­gar máis se­gu­ro?

—Non. Ma­lia que vi­va per­di­da no ru­ral, eu sin­to un­ha ne­ce­si­da­de moi for­te de so­cia­li­zar­me. Es­tá ben illar­se pa­ra ter o teu es­pa­zo, pe­ro ao tem­po é ne­ce­sa­rio xun­tar­se con ou­tras xen­tes e com­par­tir cou­sas. Se non é pa­ra vol­ver­se to­la. Ou tris­te.

—Gus­ta­ría­che ter un gru­po?

—Si, é al­go que es­tou pen­san­do. Ata ago­ra nun­ca con­se­guín sen­tir­me ben nun gru­po por­que, co­mo au­tio­di­dac­ta que son, ti­ña pou­ca con­fian­za en min mes­ma. Ago­ra xa me ve­xo ca­paz de to­car con ou­tros mú­si­cos.

—De­fi­ní­ron­te co­mo a Björk franco-es­pa­ño­la. Sén­tes­te iden­ti­fi­ca­da?

—O de Björk é un te­ma que dun la­do me abu­rre pe­ro dou­tro non es­tá mal por­que é un­ha boa re­fe­ren­cia. Den­de lo­go pre­fi­ro que se­xa Björk que Su­san Boy­le.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.