An­tón Váz­quez, de la aso­cia­ción Pu­ra­ga.

A Aso­cia­ción de Cria­do­res de Ca­ba­lo de Pu­ra Ra­za Ga­le­ga pre­ten­de pro­mo­cio­nar o con­su­mo de car­ne. Vén de en­tre­gar do­ses de se­me e em­brións no ban­co ga­le­go

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de Galicia (OneOff ALL) - - PORTADA - D. CELA LU­GO

Oca­ba­lo ga­le­go non atra­ve­sa os seus me­llo­res mo­men­tos. Di­fe­ren­tes fac­to­res e cir­cuns­tan­cias fa­ci­li­ta­ron que o nú­me­ro de exem­pla­res que se crían nos mon­tes ga­le­gos vaia en des­cen­so. Pu­ra­ga, a aso­cia­ción que de­fen­de es­ta ra­za ra­za es­tá tra­tan­do de dar­lle a vol­ta á es­ta si­tua­ción e pa­ra pre­ser­var os exem­pla­res au­tóc­to­nos aca­ba de de­po­si­tar no ban­co do Cen­tro de Re­cur­sos Zoo­téc­ni­cos de Ga­li­cia al­go máis de mil do­ses de se­men e em­brións dos me­llo­res exem­pla­res. Es­ta or­ga­ni­za­ción pre­ten­de pro­mo­cio­nar a car­ne des­te animal, po­las súas ca­rac­te­rís­ti­cas es­pe­ciais que a si­túan en­tre as máis sans. O seu di­rec­tor téc­ni­co de Pu­ra­ga, Án­tón Váz­quez Co­rral, ex­pli­ca nes­ta en­tre­vis­ta cal é a si­tua­ción do ca­ba­lo ga­le­go de pu­ra ra­za e ca­les son os pro­xec­tos pa­ra con­se­guir os ob­xec­ti­vos mar­ca­dos e re­cu­pe­rar os ca­ba­los no mon­te co­mo se­ga­do­ras na­tu­rais e ele­men­tos pa­ra pre­vir os in­cen­dios fo­res­tais.

—¿Po­de fa­cer un­ha ra­dio­gra­fía de cal é a si­tua­ción do ca­ba­lo ga­le­go?

—Te­mos que re­co­ñe­cer que non es­tá nos seus me­llo­res mo­men­tos. Nos de­rra­dei­ros anos asis­ti­mos a un­ha pro­gre­si­va re­du­ción do cen­so, e a ten­den­cia, se non lle da­mos a vol­ta, é que se­gui­rá des­apa­re­cen­do. Nes­tes mo­men­tos te­mos ape­nas 1.500 ani­mais e ata non hai moi­to ti­ña­mos 1.700.

—¿A qué obe­de­ce es­te panorama tan ne­gro?

—Es­ta­se aban­do­nan­do a ac­ti­vi­da­de no ru­ral e o ca­ba­lo es­tá des­apa­re­cen­do. Só que­dan gan­de­rías en in­ten­si­vo e o ga­le­go cría­se en ex­ten­si­vo. Ta­mén es­tá con­tri­buín­do que os équi­dos es­tean con­si­de­ra­dos nos pro­gra­mas de des­en­ro­lo ru­ral da Unión Eu­ro­peo co­mo UGM é di­cir, uni­da­des de ga­na­do maior. Os gan­dei­ros pre­fi­ren ter va­cas a ca­ba­los por­que lles son máis ren­di­bles. Es­te é un dos te­mas que máis nos preo­cu­pa e es­ta­mos adop­tan­do me­di­das de ca­ra o se­guin­te PDR, pa­ra tra­tar de que non cons­ten co­mo car­ga gan­dei­ra. Se o lo­gra­mos, que con­fío en que si, po­de­ría­se re­cu­pe­rar o cen­so.

—Na fei­ra de Mu­ras de hai un ano os tra­tan­tes quei­xá­ban­se de que os pre­zos eran moi bai­xos. ¿Hou­bo cam­bios den­de aque­la?

—O pre­zo es­te ano subiu li­xei­ra­men­te, aín­da que se man­ti­vo o con­su­mo. Co­mo bai­xou a ofer­ta pá­gan­se mais. Os ma­ta­doi­ros es­tán ofre­cen­do en­tre 1,5 e 3 eu­ros o qui­lo, de­pen­den­do do pol­dro. O que es­tá fun­cio­nan­do, e ben, e que se o animal non ten mi­cro­chip non ten ven­ta. Te­lo é un­ha van­ta­xe so­bre os clan­des­ti­nos.

—¿Ca­les son os prin­ci­pais mer­ca­dos?

—Se­gue a ser Ita­lia o prin­ci­pal, aín­da que as ven­tas bai­xa­ron al­go. A car­ne vai pa­ra Ita­lia, pe­ro aló per­dé­mos­lle a pis­ta por­que eles dis­tri­búen. En Le­van­te hai un­ha boa de­man­da e mes­ma­men­te en Ca­rre­four ta­mén se ven­de car­ne de pol­dro.

—¿Que van fa­cer pa­ra pro­mo­cio­nar o ca­ba­lo ga­le­go?

—O no­so ob­xec­ti­vo e vin­cu­lar o ca­ba­lo ga­le­go á con­ser­va­ción do mon­te. Se qui­ta­mos os ca­ba­los van po­ñer eu­ca­lip­tos, co­mo es­tá a pa­sar no Xis­tral. Que­re­mos pro­mo­cio­nar as ra­pas e as fei­ras e or­ga­ni­zar de­gus­ta­cións, ade­mais de ro­tei­ros. O sá­ba­do 23 te­mos un en Mu­ras, coin­ci­din­do coa fei­ra do pol­dro. Le­va­mos os par­ti­ci­pan­tes a ver os ca­ba­los no seu me­dio na­tu­ral, na se­rra do Xis­tral, pa­ra de­mos­trar co­mo coidan a pai­sa­xe. Fi­xé­mo­lo coa con­se­llei­ra de Me­dio Ru­ral e sor­pren­deu­se moi­to co que viu. O des­pra­za­men­to é en mi­cro­bús e re­ma­ta nun res­tau­ran­te cun­ha de­gus­ta­ción de car­ne de pol­dro.

—A car­ne da que din que é a máis san de to­das non re­ma­ta de asen­tar­se no con­su­mo da po­boa­ción. ¿Que van fa­cer pa­ra con­se­gui­lo?

—Es­ta­mos en con­tac­to cos res­tau­ran­tes das zo­nas on­de hai ca­ba­los e on­de se ce­le­bran fei­ras pa­ra que ofre­zan de­gus­ta­cións de car­ne. Hai po­lo me­nos se­te en tres me­ses: As Quen­das, Mon­do­ñe­do, Cam­po de Oso, San­to To­mé, Mu­ras, Friol, Boi­men­te... Que­re­mos fa­ce­la che­gar ta­mén as car­ni­ce­rías e que a co­ñe­zan os chefs.

—Non hai moi­to in­cor­po­rou­se o ca­ba­lo ga­le­go o ban­co do Cen­tro de Re­cur­sos Zoo­téc­ni­cos. ¿Que sig­ni­fi­ca­do ten iso na súa opi­nión?

—É una ga­ran­tía, un se­gu­ro de que, por moi mal que vaian as cou­sas —un­ha praga que re­ma­te con to­dos os exem­pla­res po­ñén­do­nos no peor— imos ter ma­te­rial xe­né­ti­co pa­ra vol­ver em­pe­zar. En­tre­ga­mos 1.029 do­ses de seis dos no­sos me­llo­res se­men­tais e dez em­brións de ca­tro eguas. Se­lec­cio­na­mos por xe­né­ti­ca os de maior as­cen­den­cia por­que a no­sa é un­ha ra­za en pro­ce­so de pu­ri­fi­ca­ción. Foi un tra­ba­llo cus­to­so por­que ti­ve­mos que es­tar aten­tos os ce­los, fa­cer eco­gra­fías... Se­lec­cio­na­mos ta­mén un exem­plar de an­da­du­ra. É un­ha li­ña que es­ta­mos in­ten­tan­do re­cu­pe­rar por­que hai un­ha gran afec­ción por es­te mo­men­to ca­ba­lo. Te­mos dos bos se­men­tais que son mar­cha­do- res na­tu­rais e es­ta­mos cu­brin­do con eles.

—¿Con que re­sul­ta­dos?

—A ver­da­de e que es­tes pol­dros so­ben moi­to de pre­zo. Es­tan­se ven­den­do a oi­to­cen­tos eu­ros ca­da un, can­do o pre­zo me­dio dos ou­tros an­da po­los 100 eu­ros. Es­tan­se usan­do pa­ra deporte e pa­seo. Em­pe­za­mos fai dous anos con es­tu­dos xe­né­ti­cos de si a an­da­du­ra se po­día de­tec­tar de­sa ma­nei­ra. Te­mos se­men­tais que es­tán nos 6.000 eu­ros: Bo­ce­lo e Ven­to. A es­te bau­ti­zá­mo­lo con ese no­me por­que os ro­ma­nos di­cían que as eguas de Ga­li­cia eran tan ve­lo­ces co­mo o ven­to.

—Di que o ca­ba­lo ga­le­go es­tá en pe­ri­go pe­ro po­lo cam­po non se ven máis que exem­pla­res pa­cen­do...

—Hai moi­ta afec­ción ó ca­ba­lo e un­ha gran­de cul­tu­ra. Es­tan­se a fa­cer moi­tas ru­tas os do­min­gos, pe­ro o ca­ba­lo ga­le­go é pe­queno pa­ra iso. No sécu­lo pa­sa­do, po­lo 1959 o vehícu­lo en Ga­li­cia era o ca­ba­lo. Eu son de Co­ris­tan­co e aín­da que­dan as pe­ga­das de tres fe­rra­do­res.

ANA GARCÍA

An­tón Váz­quez Co­rral, di­rec­tor téc­ni­co de Pu­ra­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.