A se­gu­ri­da­de na rúa ta­mén é cou­sa de ne­nos

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

La Voz de la Es­cue­la ini­cia un­ha se­rie pa­ra re­for­zar o pro­xec­to «O co­ra­zón es­tá do teu la­do»

En­tre os pe­ri­gos que ase­xan os ne­nos ao saí­ren da ca­sa, o tráfico é sen dú­bi­da o máis cer­to é ao que máis ex­pos­tos es­tán. Atra­ve­sar as rúas da ci­da­de, des­pra­zar­se po­las es­tra­das nas zo­nas ru­rais, via­xar nos trans­por­tes co­lec­ti­vos ou no co­che par­ti­cu­lar, ou montar en xo­gue­tes que son máis ca xo­gue­tes (bi­ci­cle­tas, pa­tíns...) en­tra­ñan sem­pre, sem­pre pe­ri­go, maior ou me­nor.

Por iso a Xun­ta lan­zou nos co­le­xios, pri­mei­ro co­mo ex­pe­rien­cia pi­lo­to en ca­tro cen­tros e, a par­tir do vin­dei­ro cur­so, co­mo al­go xe­ral, una cam­pa­ña edu­ca­ti­va pa­ra que os me­no­res de 6 a 8 años apren­dan a mo­ver­se sen ris­cos por es­tra­das e rúas. A ini­cia­ti­va é un­ha das 49 que in­te­gran o plan de se­gu­ri­da­de via­ria 2016-2020, que o Go­berno au­tó­no­mo apro­bou a prin­ci­pios de fe­brei­ro do pre­sen­te año.

Bai­xo o tí­tu­lo O co­ra­zón es­tá do teu la­do, a Con­se­lle­ría de In­fra­es­tru­tu­ras ela­bo­rou un­ha uni­da­de di­dác­ti­ca con­ci­bi­da pa­ra que alum­nos de pri­ma­ria in­terio­ri­cen có­mo atra­ve­sar a rúa, em­pre­guen bei­ra­rrúas ou sen­das peo­nils on­de as ha­xa, e ca­mi­ñen po­la es­quer­da nas es­tra­das... Os ne­nos que par­ti­ci­pen, ata 6.000, re­ci­bi­rán un útil aga­sa­llo, un­ha lám­pa­da led pa­ra ser vis­tos po­los au­to­mo­bi­lis­tas.

EN LA VOZ DE LA ES­CUE­LA

O su­ple­men­to de La Voz que tes nas túas mans con­tri­bui­rá ao de­sen­vol­ve­men­to des­te pro­gra­ma O co­ra­zón es­tá do teu la­do a par­tir do vin­dei­ro nú­me­ro, a tra­vés dun­ha no­va sec­ción se­ma­nal que po­de­rás ato­par ha­bi­tual­men­te nes­ta mes­ma pá­xi­na. Acom­pa­ña­re­mos a La­te­xo, a mas­co­ta da Xun­ta, de­bu­llan­do o seu con­ti­do, que pro­cu­ra­re­mos en­ri­que­cer ao no­so xei­to, é di­cir, po­ñen­do o ín­di­ce na no­ti­cia. A par­tir de­la, ideas pa­ra tra­ba­llar na au­la, es­tra­te­xias e vías pa­ra abor­da­la e en­ri­que­ce­la, e ac­ti­vi­da­des pa­ra apli­ca­la.

O pro­gra­ma O co­ra­zón es­tá do teu la­do apóia­se nun li­bro que con­tén 16 uni­da­des cun­ha es­tru­tu­ra se­me­llan­te agru­pa­das en tres blo­ques e mais un anexo fi­nal. Ca­da uni­da­de arrin­ca coa pos­ta en co­mún dos co­ñe­ce­men­tos pre­vios, os ob­xec­ti­vos e ac­ti­vi­da­des pa­ra ela­bo­rar, re­sol­ver pro­ble­mas, con­tes­tar pre­gun­tas... As uni­da­des es­tán pen­sa­das co­mo par­te dun pro­ce­so de apren­di­za­xe gra­dual, que po­des tra­ba­llar de ma­nei­ra in­di­vi­dual ou en con­xun­to. Os tres blo­ques, cen­tra­dos en co­mo ca­mi­ñar ao lon­go dun­ha es­tra­da nun­ha zo­na ru­ral, co­mo cru­zar una cal­za­da e ca­mi­ñar con pru­den­cia e aten­ción, res­pec­ti­va­men­te, re­ma­tan cun pro­xec­to fi­nal ca­da un: Vou de mar­cha, Fa­cen­do ca­mi­ños e Pro­te­xo a pai­sa­xe fa­cen­do re­ci­cla­xe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.