Le­van­ta os ollos, «smom­bie»

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA -

(La Voz, 22/5/2016) Hai dous me­ses, un­ha mo­za de 15 anos mo­rreu atro­pe­la­da por un tran­vía en Mú­nich. Cru­za­ba as vías ab­sor­ta no seu te­lé­fono mó­bil. As ci­da­des ale­más de Augs­bur­go e Co­lo­nia aca­ban de ins­ta­lar lo­ces LED a mo­do de se­má­fo­ros no chan de zo­nas con­si­de­ra­das neu­rál­xi­cas. Ilu­mí­nan­se se se ache­ga un tran­vía. De mo­men­to son só pro­bas pi­lo­to e ca­re­cen de re­gu­la­ción le­gal, pe­ro son o pri­mei­ro pa­so pa­ra fa­cer fron­te a un­ha reali­da­de que só ne­se país xa se co­brou po­lo me­nos dúas ví­ti­mas mor­tais.

Ade­mais da mo­za que foi atro­pe­la­da en Mú­nich can­do ca­mi­ña­ba ab­sor­ta no mó­bil, o ve­rán pa­sa­do, un mo­zo de 19 anos mo­rreu en cir­cuns­tan­cias si­mi­la­res na ci­da­de de Wit­ten.

Os sue­cos pre­fi­ren os si­nais. Va­rias rúas de Es­to­col­mo con­tan xa con in­di­ca­cións des­de as que dúas fi­gu­ras, en­si­mes­ma­das nos seus te­lé­fo­nos, re­cor­dan aos con­du­to­res que de­ben con­du­cir con pre­cau­ción, aten­tos á pre­sen­za de peóns coa ca­be­za ga­cha.

En Es­pa­ña, a DXT fa­cía­se eco a prin­ci­pios des­te mes a tra­vés de Twit­ter da sin­gu­lar si­na­li­za­ción e, xa fa­mi­lia­ri­za­da co ter­mo smom­bie, ad­ver­tía do pe­ri­go de deam­bu­lar mi­ran­do o mó­bil. Bél­xi­ca e Chi­na op­ta­ron por ca­rrís es­pe­ciais. En An­ve­res, foi un­ha ten­da de­di­ca­da á re­pa­ra­ción de mó­bi­les a que pu­xo en mar­cha es­ta ini­cia­ti­va ao no­tar un preo­cu­pan­te in­cre­men­to de clien­tes con apa­re­llos ro­tos por mor de en­con­tróns en ple­na rúa. En Chong­qing, es­tes ca­mi­ñan­tes con­tan des­de o 2014 con 50 me­tros de pa­vi­men­to en ex­clu­si­va. So­bre os las­tros, te­lé­fo­nos mó­bi­les pin­ta­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.