Apren­der a mo­ver­se na es­co­la pa­ra ir se­gu­ro na es­tra­da

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

Nes­ta se­ma­na trae­mos no­vas pro­pos­tas pa­ra que o pa­so dos máis ca­ti­vos por ca­mi­ños e es­tra­das se­xa máis se­gu­ro. Pa­ra iso, se­gui­mos coa se­gun­da uni­da­de do pro­gra­ma O co­ra­zón es­tá do teu la­do, que lles apren­de­rá a cir­cu­lar, a pé, co­rrec­ta­men­te po­las zo­nas ru­rais.

Ob­xec­ti­vo. A sen­da peo­nil é un ca­mi­ño se­gu­ro. Res­pec­ta os co­rre­do­res e lu­ga­res co­múns da es­co­la e fai o mes­mo na rúa.

¿Que apren­do? A res­pec­tar a es­tra­da. A ser cons­cien­te de que xun­to a min hai ou­tros ele­men­tos que in­ter­ve­ñen na cir­cu­la­ción. A amo­sar com­por­ta­men­tos cí­vi­cos na rúa e na es­co­la e res­pec­tar os usos e es­pa­zos co­múns. A re­co­ñe­cer as di­fi­cul­ta­des e pro­ble­mas de cir­cu­la­ción na es­co­la, si­mu­lan­do ca­rac­te­rís­ti­cas de cir­cu­la­ción e con­vi­ven­cia co­mo as da vía pú­bli­ca.

Ta­re­fa. Vou­me fi­xar en co­mo an­do po­la es­co­la, á en­tra­da e á saí­da do cen­tro ou nas cla­ses, nas ca­rrei­ras po­los co­rre­do­res, na subida e bai­xa­da po­las es­ca­lei­ras e nos ac­ci­den­tes ou in­ci­den­tes no pa­tio cos meus com­pa­ñei­ros pa­ra apren­der as nor­mas que re­gu­lan as re­la­cións de con­vi­ven­cia da mi­ña es­co­la. O meu pro­fe­sor vai­me fa­lar do Plan de Eva­cua­ción do Cen­tro e pa­ra que ser­ve. Vou pin­tar os meus pés con pin­tu­ra de cores en car­to­li­nas, que des­pois po­ñe­rei a mo­do de si­nais po­los co­rre­do­res da es­co­la, pa­ra que in­di­quen zo­nas de pa­so. As mi­ñas pe­ga­das po­den ser em­pre­ga­das xun­to aos ou­tros si­nais nor­ma­ti­vos.

Ac­ti­vi­da­de (de­bu­xo de cir­cuí­to). Sem­pre te­mos pré­sa por che­gar aos si­tios. Per­co­rre o ca­mi­ño das es­pi­rais con dúas cores di­fe­ren­tes, un de for­ma rá­pi­da e ou­tro de for­ma máis len­ta, sem­pre in­ten­tan­do non ba­ter cos obs­tácu­los (po­des ver o pa­trón pa­ra es­ta ac­ti­vi­da­de en http://bit.ly/1TnAw­rN, na pá­xi­na 11). Lo­go de rea­li­za­dos, ob­ser­va e pen­sa cal

saíu me­llor e por que.

A NO­TI­CIA Bus­ca­mos nes­ta sec­ción al­gun­ha no­ti­cia que te­ña re­la­ción co que se tra­ta na uni­da­de que pu­bli­ca­mos sobre edu­ca­ción via­ria. Por exem­plo, ho­xe fa­la a uni­da­de do mo­ve­men­to po­la es­co­la. Pois bus­que­mos un­has no­ti­cias que fa­len do mo­ver­se po­la ci­da­de, a es­tra­da, as rúas... sen co­rrer ris­cos. ¿Que che pa­re­cen es­tas no­ti­cias pa­ra coidar a no­sa seguridade peo­nil?

1. Atro­pe­la­da un­ha ne­na nun pa­so de peóns da Fon­te do Rei. A ra­pa­ri­ga foi eva­cua­da en am­bu­lan­cia

(La Voz, 12/5/2016). Un­ha ne­na de 12 anos re­sul­tou fe­ri­da de gra­vi­da­de ao ser atro­pe­la­da nun pa­so de peóns da ave­ni­da de Ma­drid. O su­ce­so oco­rreu pou­co des­pois das 9.00 da tar­de nas pro­xi­mi­da­des da Fon­te do Rei. Ao lu­gar acu­di­ron axen­tes da Po­li­cía Lo­cal e da uni­da­de de ates­ta­dos. A ra­pa­ri­ga foi eva­cua­da en am­bu­lan­cia.

3. As im­pru­den­cias dos peóns pro­vo­can o 35 % dos atro­pe­los

(La Voz, 17/4/2016). Os ta­xis­tas aler­tan da «te­me­ri­da­de» de moi­tos mo­zos nas zo­nas de le­cer. A ci­da­de re­xis­tra de me­dia un atro­pe­lo ca­da dous días. E os peóns son os res­pon­sa­bles dun ter­zo de­les. Se­gun­do a Po­li­cía Lo­cal, un to­tal de 55 per­soas fo­ron arroia­das o ano pa­sa­do can­do cru­za­ban fó­ra dun pa­so de peóns ou o fa­cían mal nun re­gu­la­do con semáforo.

BRENNA

Cir­cu­la po­los lu­ga­res in­di­ca­dos pa­ra evi­tar pe­ri­gos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.