Máis ga­lar­dóns pa­ra es­co­la­res an­tes de que aca­be o cur­so

Os alum­nos ven co­mo o tra­ba­llo, que non es­tá ri­fa­do coa diversión, sem­pre ten a súa re­com­pen­sa

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - Cris­tó­bal Ra­mí­rez con­gos­tro@gmail.com

O cur­so 2015-2016 es­tá a pi­ques de des­pe­dir­se pa­ra sem­pre. E co­mo pa­sa un ano si e ou­tro ta­mén, aquí hou­bo de to­do. Por ha­ber, ata hou­bo un ou­tono moi se­co, un in­verno que non pa­rou de cho­ver e mais un­ha pri­ma­ve­ra das de che­go e non che­go que cau­sou pro­ble­mas pe­que­nos e mes­mo gran­des aos alér­xi­cos, so­bre to­do ao po­le. Un cur­so no que al­gúns non fi­xe­ron máis es­for­zo co ne­ce­sa­rio pe­ro no que moi­tos lle de­ron arreo. Alum­nos e pro­fe­so­res. Por­que, se non, ¿co­mo ex­pli­car os ga­lar­dóns e pre­mios? Só se ex­pli­can, si, po­lo tra­ba­llo. Di­cía Pa­blo Pi­cas­so que a ins­pi­ra­ción exis­te, pe­ro ten que ato­par­te tra­ba­llan­do. Por­que apren­der po­de ser di­ver­ti­do moi­tas ve­ces, pe­ro se­gu­ro que ta­mén esi­xe bo­tar­lle tem­po e, en moi­tas oca­sións, un chis de al­ma.

Os alum­nos de se­gun­do do CEIP Ca­mi­ño In­glés, de Oro­so, celebran o premio que ga­ña­ron no cer­ta­me Nós Ta­mén Crea­mos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.