Drons e te­le­co­mu­ni­ca­cións, un­ha eco­no­mía ae­ro­na­val

O bai­le de si­glas pa­ra de­fi­nir aos vehícu­los aé­reos non tri­pu­la­dos non é máis que ou­tra pro­ba da im­por­tan­cia que vén de ga­ñar un­ha ac­ti­vi­da­de que xa é un­ha in­dus­tria en si mes­ma. Un­ha in­dus­tria que ho­xe su­ma no país mi­llei­ros de apa­ra­tos e pi­lo­tos e na qu

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - ACTUALIDAD - Ja­vier Al­ca­lá

Dous re­cen­tes acon­te­ce­men­tos en Es­pa­ña vi­ñe­ron co­lo­car os drons no seu ni­vel de im­por­tan­cia in­dus­trial, eco­nó­mi­ca e social: o con­gre­so Ci­vi­lDRON’18 e a pre­sen­ta­ción de li­ci­ta­cións do pro­gra­ma So­lu­cio­nes, li­ga­do á Civil UAVs Ini­tia­ti­ve da Co­mi­sión Eu­ro­pea. O pri­mei­ro trans­co­rreu na ETS de En­xe­ñe­ría In­dus­trial de Ma­drid e a se­gun­da no pó­lo ae­ro­náu­ti­co de Ro­zas. Pa­ra fins de maio pró­xi­mo xa se anun­cia o DIC Ga­li­cia, Dro­nes In­ter­na­tio­nal Con­gress, a ce­le­brar en Ex­pou­ren­se. Nos tí­tu­los das xun­tan­zas de ex­per­tos xa ce­le­bra­das apa­re­ce o cua­li­fi­ca­ti­vo civil; no do con­gre­so pa­sa­do úsa­se o ter­mo dron; no do pró­xi­mo, dro­nes; e no da pre­sen­ta­ción, as si­glas UAV. Son mo­dos de fa­lar do mes­mo, xun­to coa abre­via­tu­ra RPA.

O que se acep­tou nas lin­guas la­ti­nas co­mo dron ou dro­ne vén do in­glés dro­ne: ma­cho de abe­lla. Can­do a ra­dio­co­mu­ni­ca­ción e a elec­tro­me­cá­ni­ca o per­mi­ti­ron, desen­vol­veu­se na Gran Bre­ta­ña un avión te­le­man­da­do pa­ra al­bo de ades­tra­men­tos das ba­te­rías an­ti­aé­reas. A em­pre­sa fa­bri­can­te bau­ti­zouno co­mo Queen Bee (Abe­lla Raí­ña) pe­ro, po­lo xei­to de fun­gar, os mi­li­ta­res dé­ron­lle o al­cu­me de dro­ne.

Du­ran­te a Se­gun­da Gue­rra Mun­dial, per­fec­cio­na­das as téc­ni­cas de ra­dio e au­to­ma­tis­mos, os ame­ri­ca­nos ini­cia­ron a ca­rrei­ra que che­ga aos tem­pos ac­tuais, con má­qui­nas a ca­da modelo máis so­fis­ti­ca­das (to­das co mes­mo al­cu­me, can­do xa apa­re­cen ou­tras que, imi­tan­do a na­tu­re­za, non fan ruí­do ao voar. Tal é o ca­so dos bat ro­bots, mor­ce­gos co­ma o desen­vol­vi­do po­lo Ins­ti­tu­to Tec­no­ló­xi­co de Ca­li­for­nia).

A vul­ga­ri­za­ción da avió­ni­ca, a ener­xi­za­ción e as te­le­co­mu­ni­ca­cións de­ron lu­gar a un efec­to de ae­ro­mo­de­lis­mo no ei­do dos drons, que os foi le­van­do ca­ra a ta­re­fas no mun­do civil. Pro­gra­mas de cálcu­lo pa­ra ae­ro­náu­ti­ca, me­llo­ra das ba­te­rías, mi­ni­mi­za­ción de mo­to­res eléc­tri­cos, hard­wa­re e soft­wa­re pa­ra co­mu­ni­ca­ción ce­lu­lar... in­tro­du­ci­ron os VANTs alá on­de ía che­gan­do a ima­xi­na­ción. VANT co­rres­pon­de á de­no­mi­na­ción ofi­cial nos idio­mas la­ti­nos da Pe­nín­su­la Ibé­ri­ca: vehícu­lo aé­reo non tri­pu­la­do. E ten dúas de­ri­vas, VATT (te­le­tri­pu­la­do) e SVANT (re­fe­ren­te a un sis­te­ma que in­clúe a má­qui­na voa­do­ra).

UAV vén do in­glés un­man­ned ae­rial vehi­cle, li­te­ral­men­te VANT. Co­mo no ca­so de VANT, ás ve­ces apa­re­ce cun S en­ga­di­do: UAVS, li­te­ral­men­te SVANT. Ta­mén po­de apa­re­cer co­mo UAS, un­man­ned ae­rial sys­tem.

E aín­da fi­can as si­glas ofi­ciais da Ad­mi­nis­tra­ción dos EE.UU.: RPA, re­mo­tely pi­lo­ted air­craft ou apa­re­llo voa­dor te­le­pi­lo­ta­do, que se co­rres­pon­den coas la­ti­nas de VATT. Desa sopa de letras vai­se de­du­cin­do que na eco­no­mía do sécu­lo XXI xur­di­ron uns sis­te­mas al­ta­men­te de­pen­den­tes da avió­ni­ca, a elec­tró­ni­ca, as te­le­co­mu­ni­ca­cións e a in­for­má­ti­ca. Es­tán for­ma­dos por un blo­que en te­rra e ou­tro no ai­re. En te­rra re­si­de a in­te­li­xen­cia que non se lle de­le­ga á má­qui­na voa­do­ra. No ai­re co­ló­ca­se un­ha pla­ta­for­ma mó­bil ca­paz de tras­la­dar dis­po­si­ti­vos de cal­que­ra ti­po, des­de fo­gue­tes e bom­bas no ca­so de apli­ca­cións mi­li­ta­res, a sen­so­res ou cá­ma­ras no ca­so civil. A po­ten­cia do vehícu­lo voa­dor de­ter­mi­na a cha­ma­da car­ga útil. A súa au­to­no­mía ener­xé­ti­ca con­di­cio­na o seu uso.

Se­gun­do os da­tos ofi­ciais pre­sen­ta­dos no Ci­vi­lDRON ‘18, ac­tual­men­te en Es­pa­ña hai al­go máis de 3.000 ope­ra­do­res de VANTs de me­nos de 25 qui­los de pe­so en voo, máis de 4.300 ae­ro­na­ves re­xis­tra­das dese ta­ma­ño e máis de 3.700 pi­lo­tos de VANTs tri­pu­la­dos. Non hai re­xis­tro dos VANTs que ac­túan en re­cin­tos pe­cha­dos co­mo fá­bri­cas, al­ma­céns ou tú­ne­les.

UN SEC­TOR EN EX­PAN­SIÓN

Os da­tos da Axen­cia Eu­ro­pea de Se­gu­ran­za Aé­rea re­flic­ten o cre­ce­men­to do sec­tor: en se­tem­bro de 2015 ha­bía en Es­pa­ña 637 ope­ra­do­res re­xis­tra­dos; no mes­mo mes de 2016, 1.747, e xus­to un ano des­pois, 2.667. A ten­den­cia in­di­ca o ca­mi­ño ca­ra a cons­tru­ción dun no­vo sis­te­ma la­bo­ral e eco­nó­mi­co. Tra­ba­llos que im­pli­can ris­cos la­bo­rais gra­ves, ou irrea­li­za­bles con me­dios de es­ca­la­da ou he­li­cóp­te­ros, fan­se cos drons de ma­nei­ra que abre no­vas fron­tei­ras (pén­se­se, por exem­plo, na fo­to­gra­fía de pre­ci­sión to­ma­da con pla­ta­for­ma voa­do­ra á fen­da que apa­re­ceu nun­ha che­mi­nea in­dus­trial).

Só por men­cio­nar —con in­ten­ción de or­de­na­las— al­gun­has apli­ca­cións de VANTs ci­vís que ho­xe es­tán en uso, cóm­pre dis­tin­guir as co­rres­pon­den­tes a es­pa­zos con­fi­na­dos e a es­pa­zos aber­tos. No pri­mei­ro ca­so es­tá o con­trol de mo­ve­men­tos de vul­tos en al­ma­céns ou as rol­das au­to­má­ti­cas de vi­xi­lan­cia en edi­fi­cios. No se­gun­do con­tém­plan­se os voos pa­ra agri­cul­tu­ra e sil­vi­cul­tu­ra, mi­ne­ría a ceo aber­to, cons­tru­ción civil, man­te­men­to de gran­des es­tru­tu­ras ou de plan­tas de xe­ra­ción e re­des de ener­xía, rea­li­za­ción de ma­pas to­po­grá­fi­cos ou de ra­dia­cións...

Na ac­tua­li­da­de em­bár­can­se nos drons cá­ma­ras de ví­deo pa­ra o es­pec­tro lu­mí­ni­co vi­si­ble ou alén del, sen­so­res de ca­rac­te­rís­ti­cas at­mos­fé­ri­cas, equi­pos de LiDAR (ra­dar de lá­ser), ana­li­za­do­res de es­pec­tro ra­dio­eléc­tri­co...

Os pun­tos sus­pen­si­vos dos pa­rá­gra­fos an­te­rio­res in­di­can que todo can­to ho­xe se di­ga so­bre os VANTs e as súas apli­ca­cións ma­ñá es­ta­rá su­pe­ra­do. Mais, en todo ca­so, as má­qui­nas que voen da man do seu pi­lo­to (hu­mano ou, á súa vez, má­qui­na) terán que se co­mu­ni­car con te­rra, por dúas ra­zóns bá­si­cas: pa­ra obe­de­ce­ren ás or­des de voo e pa­ra en­via­ren os da­tos que es­tán a cap­tar os apa­re­llos da car­ga útil.

Ten­do en con­ta que os drons ci­vís ho­xe fan esa co­mu­ni­ca­ción vía re­de wi­fi con trans­cep­tor prin­ci­pal xun­to ao pi­lo­to, com­prén­de­se que nos voos apa­re­zan lo­go as mes­mas com­pli­ca­cións que hai coas re­des do­més­ti­cas, su­xei­tas a in­ter­fe­ren­cias e ma­ni­pu­la­cións de trá­fi­co de da­tos (hac­keo).

E ve­laí a im­por­tan­cia das li­ci­ta­cións pre­sen­ta­das no pó­lo de Ro­zas. Un­ha de­las é de­di­ca­da ás apli­ca­cións de loi­ta con­tra in­cen­dios, mais a ou­tra ten­ta en­fron­tar os avan­ces da te­le­má­ti­ca pa­ra a or­de­na­ción dos voos dos drons no es­pa­zo li­bre, en co­exis­ten­cia coas na­ves tri­pu­la­das.

COMUNICACIÓNS

Os VANTs po­den ser mul­ti­cóp­te­ros ou ala­dos mais, voan­do do xei­to que o fi­xe­ren, sem­pre se po­de­rán cru­zar nas ru­tas dous seus con­xé­ne­res, ou de avións e he­li­cóp­te­ros tri­pu­la­dos. Te­ñen que se co­mu­ni­car cos pi­lo­tos hu­ma­nos e cos con­tro­la­do­res de voos (po­lo mo­men­to, ta­mén hu­ma­nos). Pa­ra iso de­ben ser ca­pa­ces de se anun­cia­ren e iden­ti­fi­ca­ren, de se dei­xa­ren ver nos ra­da­res e de de­tec­ta­ren ou­tros vehícu­los aé­reos e evi­ta­ren a co­li­sión con eles.

Es­pe­re­mos que este re­to, o da «in­clu­sión social» dos drons, se vaia su­peran­do gra­zas ás téc­ni­cas que pro­pón o Pro­gra­ma So­lu­cio­nes. Ta­mén, que o co­ñe­ce­men­to se xe­re en Ga­li­cia e aquí fi­que pa­ra axu­dar ao des­en­ro­lo da in­dus­tria im­pa­ra­ble dos abe­llóns me­cá­ni­cos. O DIC Ga­li­cia apun­ta ne­sa di­rec­ción, en can­to aco­lle os VNNTs (náu­ti­cos) nun país con 1.500 qui­ló­me­tros de cos­ta e aín­da máis de cur­sos flu­viais.

JA­VIER AL­CA­LÁ é en­xe­ñei­ro de te­le­co­mu­ni­ca­ción e mem­bro da xun­ta de go­berno do Co­le­xio Ofi­cial de En­xe­ñei­ros de Te­le­co­mu­ni­ca­ción de Ga­li­cia.

ILUS­TRA­CIÓN: MA­RÍA PEDREDA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.