Ou­ren­se, ca­pi­tal da poe­sía

La Voz de Galicia (Arousa) - - Opinión -

que te­mos pro­mo­vi­do ou rea­li­za­do edi­cións ou en­con­tros de re­co­ñe­ce­men­to, en pri­mei­ro lu­gar o poe­ta Luís Gon­zá­lez Tosar, a quen se de­be a pu­bli­ca­ción da Poe­sía reuni­da (Pen Clu­be de Ga­li­cia, 2008), pro­lo­ga­da por Ma­nuel Ou­tei­ri­ño e epi­lo­ga­da por min. En Ou­ren­se, en­tre es­cri­to­res e pro­fe­so­res, hai un gru­po de de­vo­tos que sa­ben de me­mo­ria al­gúns dos seus so­ne­tos, no­mea­da­men­te a ele­xía á súa mu­ller, Se che­go no sol­por, no­ven­ta e cin­co pa­la­bras de ou­ro que de­be­rían fi­gu­rar nun­ha an­to­lo­xía da so­ne­tís­ti­ca uni­ver­sal.

A mo­do de pór­ti­co des­ta ho­me­na­xe a un dos no­sos me­llo­res poe­tas de ho­xe, no mes­mo Li­ceo ou­ren­sán, Lau­ra Lan­dei­ra re­ci­ta­rá tex­tos moi es­co­llei­tos de cin­co poe­tas his­pa­nos do sécu­lo XX, un de­les ga­le­go. Lau­ra Lan­dei­ra, de Fe­rrol (de Fe­rrol de Pa­blo Igle­sias, non de Fe­rrol del Cau­di­llo), hai anos que pon a es­té­ti­ca da súa ri­ca fo­né­ti­ca ao ser­vi­zo de poe­mas ines­que­ci­bles, un de­les El cri­men fue en Gra­na­da, os ver­sos nos que un gran­dio­so poe­ta, don An­to­nio Ma­cha­do, de­nun­cia e cho­ra a mor­te de Fe­de­ri­co Gar­cía Lor­ca. A in­ter­pre­ta­ción de Lau­ra Lan­dei­ra, en opi­nión de can­tos a oí­ron, é an­to­ló­xi­ca.

A ilus­tre xo­gra­re­sa ofre­ce­rá, lo­go, ver­sos de León Fe­li­pe, Gar­cía Lor­ca e Mi­guel Her­nán­dez, e, co­mo epí­lo­go, un poe­ma sa­tí­ri­co de Evaristo de Se­la (1917-1994): Res­pon­so in­dig­na­do (Co­plas de mal­de­cir an­te el ca­dá­ver de Fran­co). Son 174 ver­sos nos que o au­tor, que co­ñe­ce­ra seis pri­sións fran­quis­tas, trou­sa o me­do, o no­xo e a ca­rra­xe acu­mu­la­dos no seu es­pí­ri­to du­ran­te co­ren­ta anos. Foi es­cri­to a noi­te do 20 de no­vem­bro de 1975.

Os eru­di­tos sa­ben ben que Evaristo de Se­la cons­ti­túe, por si mes­mo, un ca­pí­tu­lo moi va­lio­so das Le­tras ga­le­gas: é o tra­du­tor ao ga­le­go da Ilía­da (1990) e da Odi­sea (1992), pe­ro hai moi­tos que ig­no­ran que foi un­ha con­tun­den­te mu­sa an­ti­fas­cis­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.