As mu­lle­res fo­ron vi­si­bles

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - JUAN ORDÓÑEZ BUELA

Con­fe­so que non lle de­di­co moi­ta aten­ción aos de­ta­lles da po­lí­ti­ca in­ter­na­cio­nal, pe­ro de­ca­tei­me de que nas pá­xi­nas dos xor­nais apa­re­cen ca­da vez máis mu­lle­res. Al­go sig­ni­fi­ca­ti­vo é que maio­ría es­tán aí por­que son vá­li­das. Que­ro di­cir que non saen por nin­gun­ha ou­tra ra­zón que non se­xa po­lí­ti­ca. É o ca­so da chan­ce­ler ale­má An­ge­la Mer­kel, que go­ber­na ese país cun­ha na­tu­ra­li­da­de ab­so­lu­ta. Dis­to hai an­te­ce­den­tes, des­de Mar­ga­ret That­cher ata In­di­ra Gand­hi. Dun tem­po pa­ra acá, a nó­mi­na fe­mi­ni­na de go­ber­nan­tes ou lí­de­res foi au­men­tan­do aos pou­cos, pe­ro de for­ma de­ci­di­da. Os ca­sos máis re­cen­te e máis no­ta­bles son os de Sa­rah Pa­lin, en Es­ta­dos Uni­dos, e Tzi­pi Liv­ni, que ga­ñou as elec­cións den­tro do seu par­ti­do des­pois de ser mi­nis­tra de ex­te­rio­res de Is­rael.

Te­ño que di­cir que creo, sen­do un ig­no­ran­te, aos in­ves­ti­ga­do­res que din que o ce­re­bro mas­cu­lino e o fe­mi­nino te­ñen ca­rac­te­rís­ti­cas di­fe­ren­tes. É ló­xi­co. Se non son iguais os sis­te­mas en­dó­cri­nos, mus­cu­la­res e óseos, por que de­be­rían ser idén­ti­cos os sis­te­mas ce­re­brais? Crer nas di­fe­ren­zas non que­re di­cir crer nun­ha su­perio­ri­da­de. Ata en­tre os moi­tos hai dis­tin­tos ma­ti­ces de in­te­li­xen­cia, uns de ori­xe xe­né­ti­co e ou­tros froi­to dun­ha apren­di­za­xe ou ades­tra­men­to.

Eu ti­ven a sor­te de co­ñe­cer mu­lle­res moi in­te­li­xen­tes, no sen­ti­do glo­bal. E duns anos a es­ta par­te, ca­da vez máis. E a ex­pli­ca­ción, pen­so, é que sem­pre hou­bo mu­lle­res in­te­li­xen­tes, pe­ro ago­ra son máis vi­si­bles. A en­tra­da no mun­do do tra­ba­llo de moi­tas mo­zas per­mi­tiu­nos des­cu­brir un­has ca­pa­ci­da­des fe­mi­ni­nas que du­ran­te xe­ra­cións que­da­ran en­cu­ber­tas.

Es­tá cla­ro que aín­da hai mu­lle­res que desem­pe­ñan un pa­pel máis ou me­nos de­co­ra­ti­vo na po­lí­ti­ca. En par­te é cul­pa dos ho­mes, pe­ro en par­te é cul­pa das mu­lle­res, non só das que acep­tan o car­go, se­nón ta­mén das que pro­po­ñen. Acep­tar co­mo es­tra­te­xia pro­mo­cio­nal é un­ha ma­la prác­ti­ca que un día ou ou­tro te­rá que re­ma­tar. Que man­de quen máis va­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.