La tae­kuon­dis­ta Re­be­ca Ma­ri­ño for­ma a nue­vos cam­peo­nes en el Cen­tro de Tec­ni­fi­ca­ción ba­lear

Re­be­ca Ma­ri­ño To­rra­do Tae­kuon­dis­ta En­tre os seus pu­pi­los das Illas Ba­lea­res hai xa cam­pións de Eu­ro­pa na ca­te­go­ría sub-21

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - M. X. BLAN­CO

Boa par­te dos de­por­tis­tas máis lau­rea­dos iní­cian­se ca­se por ca­sua­li­da­de en ac­ti­vi­da­des que aca­ban sen­do a súa gran pai­xón e, nal­gúns ca­sos, o seu me­dio de vi­da. Acon­te­ceu­lle a Re­be­ca Ma­ri­ño To­rra­do (Boi­ro, 1983). Ti­ña 8 anos can­do de­ci­diu pro­bar o tae­kuon­do e des­de en­tón xa non foi quen de afas­tar­se do ta­ta­mi. Un xim­na­sio de Boi­ro foi a súa pla­ta­for­ma de lan­za­men­to e o Na­tu­ral ri­bei­ren­se, o club co que to­cou o ceo. Ago­ra, des­de o Cen­tro de Tec­ni­fi­ca­ción das Illas Ba­lea­res, axu­da a que ou­tros loi­ta­do­res cum­pran ta­mén os seus so­ños.

Bo­tan­do a vis­ta atrás, Re­be­ca Ma­ri­ño lem­bra que se viu mer­gu­lla­da no to­lo mun­do das via­xes e das com­pe­ti­cións prac­ti­ca­men­te sen de­ca­tar­se: «Par­ti­ci­pas en cam­pio­na­tos, ga­ñas, cla­si­fí­cas­te pa­ra ou­tros... é co­ma un círcu­lo. Can­do te das con­ta, es­tás pe­le­xan­do por un tí­tu­lo a ni­vel es­ta­tal». Con­fe­sa que nun­ca, ao lon­go do in­ten­so ca­mi­ño per­co­rri­do, pen­sou na po­si­bi­li­da­de de con­se­guir o pal­ma­rés que ten ho­xe: «Sem­pre fun de ob­xec­ti­vos a cur­to pra­zo, de pen­sar só no se­guin­te com­ba­te. Lo­xi­ca­men­te, en ca­da com­pe­ti­ción saía a ga­ñar».

Foi can­do lo­grou o pri­mei­ro dos ca­tro tí­tu­los de cam­pioa de Es­pa­ña can­do a boi­ren­se em­pe­zou a ser cons­cien­te de que o tae­kuon­do era pa­ra ela moi­to máis que un­ha afec­ción: «Pen­so que foi o ga­lar­dón que me fi­xo máis ilu­sión, por­que me abriu as por­tas pa­ra for­mar par­te da se­lec­ción na­cio­nal». Es­ti­vo, de fei­to, un lus­tro de­fen­den­do as co­res ver­me­lla e ama­re­la en­ri­ba do ta­ta­mi. Pe­ro nes­ta via­xe po­lo pa­sa­do com­pe­ti­ti­vo, Re­be­ca Ma­ri­ño non po­de evi­tar fa­lar ta­mén dun­ha es­pi­ña que lle que­dou cra­va­da: «Ti­ven que con­for­mar­me en dúas oca­sións co cuar­to pos-

to a ni­vel eu­ro­peo e non ter subido ao po­dio si que é al­go que bo­to en fa­lla».

Cam­bio de rol

Con esa me­da­lla pen­den­te, Re­be­ca Ma­ri­ño dei­xou de com­pe­tir no ve­rán do 2013. Ti­ña 30 anos, xa ti­ve­ra que ope­rar­se dos pés e, o que pa­ra ela era o máis in­via­ble, acu­día a al­gún cam­pio­na­to co do­bre pa­pel de com­pe­ti­do­ra e de ades­tra­do­ra: «Al­gúns dos meus alum­nos xa es­ta­ban na se­lec­ción comi­go e non ti­ña sen­ti­do». A boi­ren­se sou­be­ra apro­vei­tar o tem­po li­bre que lle dei­xa­ban os com­ba­tes e lo­gra­ra com­ple­tar os es­tu­dos de INEF, for­ma­ción que lle abriu as por­tas do Cen­tro de Tec­ni­fi­ca­ción De­por­ti­va das Illas Ba­lea­res. En­tre os seus pu­pi­los hai xa cam­pións de Es­pa­ña na ca­te­go­ría sé­nior e cam­pións de Eu­ro­pa sub-21.

«Co­mo ades­tra­do­ra, im­plí­co­me moi­to, gús­ta­me ver co­mo os meus de­por­tis­tas van me­dran­do, co­mo van sen­do me­llo­res», co­men­ta a boi­ren­se xus­to an­tes de con­fe­sar que, en oca­sións, bo­ta en fa­lla com­pe­tir. Qui­zais foi esa an­sia por me­dir as súas po­si­bi­li­da­des a que a le­vou, a co­me­zos do ano pa­sa­do, a pro­bar for­tu­na nun­ha dis­ci­pli­na de­por­ti­va com­ple­ta­men­te di­fe­ren­te, o trail: «Un ami­go con­ven­ceu­me pa­ra que pro­ba­ra e ani­mei­me. Vé­xoo máis co­mo afec­ción que co­mo com­pe­ti­ción».

Aín­da así, a boi­ren­se ten cla­ro que o seu fu­tu­ro pa­sa po­lo tae­kuon­do: «Vé­xo­me de­di­ca­da a es­ta dis­ci­pli­na, pe­ro re­co­ñe­zo que non es­tou pe­cha­da a ou­tras al­ter­na­ti­vas; iso si, sem­pre e can­do es­tean vin­cu­la­das ao de­por­te». Nos seus so­ños máis am­bi­cio­sos, Re­be­ca Ma­ri­ño ve­se for­man­do par­te da de­le­ga­ción es­pa­ño­la nun­has olim­pía­das: «Si­tuar a un alumno meu nuns Xo­gos é o re­to, pe­ro trá­ta­se dun ob­xec­ti­vo moi com­pli­ca­do, xa que nos úl­ti­mos Es­pa­ña só con­se­guiu cla­si­fi­car a tres de­por­tis­tas».

An­sian­do o re­gre­so

Ne­sas ima­xes vir­tuais que de can­do en vez pa­san po­la súa ca­be­za, a bar­ban­ce­sa mes­mo es­tá arrou­pan­do e ins­truín­do na má­xi­ma com­pe­ti­ción a ni­vel mun­dial a un ga­le­go. Ató­pa­se en­can­ta­da co seu tra­ba­llo nas Ba­lea­res, pe­ro ale­da­ría­se se fo­ra re­cla­ma­da na súa te­rra: «Que­ro vol­ver a cur­to pra­zo, pe­ro o meu ob­xec­ti­vo é o cen­tro de tec­ni­fi­ca­ción».

Que os co­ñe­ce­men­tos e a ex­pe­rien­cia ad­qui­ri­dos ao lon­go da súa fru­tí­fe­ra tra­xec­to­ria sir­van pa­ra for­mar a no­vas pro­me­sas é nes­tes in­tres o com­ba­te no que es­tá mer­gu­lla­da Re­be­ca Ma­ri­ño. Pe­ro ela ten cla­ro que o de­por­te non de­be ser to­do na vi­da dun­ha per­soa e esa é a men­sa­xe que día a día ten­ta trans­mi­tir­lle aos seus alum­nos: «Pa­ga a pe­na de­di­car­se a un de­por­te, por su­pos­to, pe­ro non se po­de es­que­cer a for­ma­ción. De com­pe­tir só se vi­ve uns anos».

CE­DI­DA

Re­be­ca Ma­ri­ño, en­tre dous alum­nos no Cam­pio­na­to de Es­pa­ña de clubs do ano pa­sa­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.