«A no­sa pai­xón é a ma­dei­ra, pe­ro non po­de­mos vi­vir do ro­man­ti­cis­mo»

O rian­xei­ro asu­miu o re­to de subs­ti­tuír a Ge­rar­do Tri­ña­nes á fron­te da en­ti­da­de e desen­vol­ver o seu pa­pel á per­fec­ción

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - MARTA GÓ­MEZ

Le­va no san­gue a car­pin­ta­ría de ri­bei­ra. Hai máis de cen anos que o seu avó pu­xo en pé un es­ta­lei­ro no que, tres xe­ra­cións máis tar­de, se­guen a cons­truír­se ex­clu­si­va­men­te bar­cos de ma­dei­ra. Di Ra­món Co­lla­zo (Rian­xo, 1963), pre­si­den­te da Aso­cia­ción Ga­le­ga de Car­pin­te­ría de Ri­bei­ra (Agalcari), que os da súa es­pe­cie son uns su­per­vi­ven­tes e non du­bi­da en po­ñer so­bre os om­brei­ros o pe­so da res­pon­sa­bi­li­da­de de ser, xun­to aos de­mais so­cios da en­ti­da­de, «sal­va­gar­da do pa­tri­mo­nio ma­rí­ti­mo flo­tan­te». De tra­di­ción, de in­no­va­ción e de fu­tu­ro fa­la en­tre a ac­ti­vi­da­de frenética do seu ta­ller.

—A co­me­zos do ve­rán fir­mou­se un con­ve­nio coa Con­se­lle­ría do Mar, ¿con que fi­na­li­da­de?

—O con­ve­nio ten dous apar­ta­dos: a di­fu­sión da car­pin­te­ría de ri­bei­ra, cun­has xor­na­das que se van ce­le­brar en Rian­xo en ou­tu­bro, e a ela­bo­ra­ción dun ca­tá­lo­go en con­so­nan­cia coa de­cla­ra­ción da ac­ti­vi­da­de co­mo ben de in­tere­se cul­tu­ral.

—¿En que con­sis­te ese ca­tá­lo­go?

—Es­ta­se re­com­pi­lan­do in­for­ma­ción pa­ra lo­grar un do­cu­men­to que re­co­lla boas prác­ti­cas pa­ra a re­cu­pe­ra­ción das em­bar­ca­cións tra­di­cio­nais e de épo­ca, res­pec­tan­do o bo fa­cer dos car­pin­tei­ros de an­tes, pe­ro in­cor­po­ran- do no­vas téc­ni­cas e no­vos com­pos­tos pa­ra o se­la­do da ma­dei­ra, a es­tan­qui­da­de... Nes­te ca­tá­lo­go ta­mén vai ha­ber un­ha ac­tua­li­za­ción do cen­so de es­ta­lei­ros de ma­dei­ra. O úl­ti­mo ela­bo­rouno o Cet­mar no mar­co dun es­tu­do rea­li­za­do hai uns 11 anos. Ho­xe so­mos vin­te so­cios na en­ti­da­de, na­quel mo­men­to o nú­me­ro du­pli­cá­ba­se. Ne­ce­si­ta­mos a tu­te­la da Ad­mi­nis­tra­ción, que nos es­tá axu­dan­do moi­to, por­que cos que so­mos non te­mos ca­pa­ci­da­de pa­ra sa­car is­to adian­te.

—Reivin­di­ca­ba vos­te­de no mo­men­to da fir­ma dese con­ve­nio que a car­pin­te­ría de ri­bei­ra é un ofi­cio con fu­tu­ro, pe­ro os da­tos que dá non con­vi­dan ao optimismo.

—So­mos uns su­per­vi­ven­tes, o car­pin­tei­ro de ri­bei­ra é un es­pe­cia­lis­ta que di­ver­si­fi­cou o seu tra­ba­llo, sou­bo adap­tar­se aos no­vos tem­pos. Ago­ra fa­ce­mos to­do o bar­co nós, o cas­co, o mo­tor, a mon­ta­xe, to­do. A no­sa pai­xón é a ma­dei­ra, pe­ro non po­de­mos vi­vir do ro­man­ti­cis­mo e fa­ce­mos tra­ba­llos en to­do ti­po de bar­cos, só cons­truí­mos en ma­dei­ra, pe­ro fa­ce­mos moi­tas mo­der­ni­za­cións e trans­for­ma­ción de em­bar­ca­cións. Di­ver­si­fi­ca­mos, por iso es­ta­mos aber­tos.

—¿É com­pe­ti­ti­vo o bar­co de ma­dei­ra con res­pec­to aos fei­tos en ou­tros ma­te­riais?

—Si, e aquí en Ga­li­cia in­clu­so é máis ba­ra­to, en ou­tros paí­ses é un lu­xo, pe­ro aquí non. O bar­co que me­llor na­ve­ga na­tu­ral­men­te é o de ma­dei­ra, po­la for­ma de cons­truí­lo, e non ne­ce­si­ta máis man­te­men­to que ou­tros. Sem­pre nos acha­ca­ron iso, que as em­bar­ca­cións de ma­dei­ra ti­ñan moi­to man­te­men­to e non é así. En cas­cos que se cons­truí­ron de vin­te anos pa­ra aquí in­clu­so di­ría que é in­fe­rior. O tra­ba­llo de car­pin­te­ría pa­ra po­ñer a pun­to na subida anual un bu­que de do­ce anos non le­va máis de ca­tro ou cin­co ho­ras de tra­ba­llo.

—¿E hai re­le­vo?

—Es­tá di­fí­cil, pe­ro nós pe­le­xa­re­mos por iso. Hai ou­tra cues­tión a ter en con­ta, non exis­te for­ma­ción re­gra­da so­bre a car­pin­te­ría de ri­bei­ra. É ne­ce­sa­ria e ha­be­ría que im­pli­car a to­dos os sec­to­res. Os en­xe­ñei­ros na­vais des­co­bren que aín­da exis­te a car­pin­te­ría de ri­bei­ra can­do aca­ban a carreira, nin se­que­ra se men­cio­na.

—¿De on­de sae o per­soal no­vo se non exis­te for­ma­ción?

—Re­ci­cla­mos car­pin­tei­ros de bran­co, co­mo lles cha­ma­mos nós, eba­nis­tas.

MAR­COS CREO

Co­lla­zo con­si­dé­ra­se «un sal­va­gar­da do pa­tri­mo­nio ma­rí­ti­mo flo­tan­te».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.