«Qui­xe­ra que que­da­ra al­go po­lo que es­ta­mos pe­le­xan­do»

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

Coa che­ga­da do ou­tono, Rian­xo se­rá es­ce­na­rio dun­has xor­na­das cen­tra­das na car­pin­te­ría de ri­bei­ra, una ini­cia­ti­va que se vai desen­vol­ver co apoio da Ad­mi­nis­tra­ción e na que se van tra­tar as prin­ci­pais cues­tións que te­ñen que ver coa ac­ti­vi­da­de da cons­tru­ción de bar­cos en ma­dei­ra.

—Fa­la­ba de que o con­ve­nio con Mar per­mi­ti­rá ce­le­brar un­has xor­na­das en Rian­xo, ¿en que van con­sis­tir?

—Se­rán a fi­nais de ou­tu­bro e imos tra­tar ca­tro puntos fun­da­men­tais da no­sa ac­ti­vi­da­de. O pri­mei­ro é a reivin­di­ca­ción do pleno sen­ti­do pro­du­ti­vo da car­pin­te­ría de ri­bei­ra e da súa con­di­ción de pa­tri­mo­nio ma­rí­ti­mo flo­tan­te. Ou­tra cues­tión é a pe­le­xa que te­mos pa­ra que se apro­be e se re­co­ñe­za o re­gu­la­men­to so­bre a cons­tru­ción en ma­dei­ra. Xa es­tá desen­vol­vi­do e só fal­ta que lle dean pa­ra dian­te. O úni­co do­cu­men­to des­de ti­po que exis­te e es­tá re­co­ñe­ci­do é dos anos 60, non in­clúe to­do o que foi xur­din­do en to­dos es­tes anos, nin­gun­ha das in­no­va­cións que fo­ron apa­re­cen­do.

—Hai tem­po que Agalcari es­tá loi­tan­do pa­ra sa­car adian­te ese re­gu­la­men­to; se­me­lla que se avan­zou pou­co nes­te sen­ti­do...

—Qui­xe­ra que po­lo me­nos que­da­ra al­go po­lo que es­ta­mos pe­le­xan­do des­de hai dez ou do­ce anos. Que­re­mos ter un­ha mar­ca de ca­li­da­de da car­pin­ta­ría de ri­bei­ra ga­le­ga, e ese re­gu­la­men­to é o que ten que am­pa­ra­la, un­ha cou­sa vai li­ga­da á ou­tra. Nin se­que­ra pre­ten­de­mos que ese do­cu­men­to se­xa de obri­ga­do cum­pri­men­to, pe­ro o que quei­ra cons­truír bai­xo ese se­lo de ca­li­da­de te­rá que axus­tar­se a esas normas.

—Nas xor­na­das van­se tra­tar ca­tro puntos fun­da­men­tais, ¿ca­les son os ou­tros?

—Un ter­cei­ro te­ma é fa­cer fin­ca­pé en que se re­co­ñe­za aos bar­cos de ma­dei­ra a pe­ga­da de car­bono pró­xi­ma a cero, tan­to na súa cons­tru­ción co­mo no seu uso e in­clu­so no seu des­man­te­la­men­to. Os bar­cos de po­liés­ter son un pro­ble­ma nes­te sen­ti­do por­que non sa­ben que fa­cer con eles ao des­gua­za­los. E o cuar­to é o da in­no­va­ción, é po­si­ble que nas xor­na­das con­te­mos con al­guén que fa­le de no­vos com­pos­tos que nos axu­den a re­du­cir aín­da máis o man­te­men­to da ma­dei­ra.

—Co­lleu as ren­das de Agalcari da man de Ge­rar­do Tri­ña­nes, ¿co­mo es­tá a ser a ex­pe­rien­cia?

—Non me gus­ta de­ma­sia­do fi­gu­rar, pe­ro sem­pre es­ti­ven com­pro­me­ti­do coa aso­cia­ción. E Ge­rar­do é un es­pe­llo no que mi­rar­se, sem­pre foi un in­no­va­dor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.