Xa que­da me­nos pa­ra as fes­tas da Gua­da­lu­pe do ano que vén

A Po­li­cía Lo­cal cal­cu­la que un­has 25.000 per­soas se de­ron ci­ta pa­ra vi­vir o pe­che fes­ti­vo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - MON­CHO ARES

As fes­tas da Gua­da­lu­pe trans­cen­den o ám­bi­to rian­xei­ro. Se os ve­ci­ños as vi­ven dun xei­to que pou­ca xen­te allea acer­ta com­pren­der, xa que nos oi­to días de du­ra­ción un bo pai­sano de Cas­te­lao é quen de sa­car tem­po pa­ra go­zar da pro­gra­ma­ción, ca­da vez hai máis fo­ras­tei­ros que se po­ñen co­mo obri­ga ex­pe­ri­men­tar al­gún dos seus abon­do­sos bos in­tres, xa se­xa a pro­ce­sión ma­rí­ti­ma coa Mo­re­ni­ña, as jua­da­lu­pe­ñas, o Fei­rón Ma­ri­ñei­ro ou o es­pec­ta­cu­lar pe­che: o mul­ti­tu­di­na­rio can­to de A rian­xei­ra, ador­na­do por mi­llei­ros de ben­ga­las.

Non de­frau­dou o re­ma­te da edi­ción do 2017, no que se de­ron ci­ta, se­gun­do a Po­li­cía Lo­cal, un­has 25.000 per­soas. Po­de que fo­sen me­nos que o ano pa­sa­do, ou po­de que máis, por­que é moi com­pli­ca­do cuan­ti­fi­car se­me­llan­te aglo­me­ra­ción, pe­ro iso é o de me­nos. O im­por­tan­te sem­pre é o que su­ce­de ás dúas da ma­dru­ga­da da noi­te de pe­che, na que as emo­cións pál­pan­se.

Nin que os mo­zos desoian as pe­ti­cións do gran Xi­xí e le­ven o bo­te­llón á pra­za, nin a se­gu­ri­da­de for­za­da po­los ata­ques te­rro­ris­tas, nin a aglo­me­ra­ción aba­fan­te, re­for­za­da po­lo fu­me das ben­ga­las e as cha­ra­mus­cas que sol­tan; nin que as or­ques­tras non se­xan quen de to­mar o re­le­vo da canción de for­ma con­ti­nua­da, evi­tan­do pa­ra­das; nin que se mes­tu­ren as ver­sións da po­pu­lar On­di­ñas ve­ñen... Na­da im­pi­de que a Gua­da­lu­pe es­ten­da a súa ma­xia pa­ra des­pe­dir con ho­no­res un­ha das fes­tas máis gran­des de Ga­li­cia, que se­me­llan non que­rer re­ma­tar, por­que a ver­be­na non che­ga ao seu fin ata, po­lo me­nos, as 8.30 ho­ras do sá­ba­do.

Pe­ti­cións de Xi­xí

Ra­món Igle­sias, Xi­xí, so­por­ta o pe­so das ce­le­bra­cións, e ca­da ano, en ca­da des­pe­di­da, acos­tu­ma pe­dir máis im­pli­ca­ción dos mo­zos. Nes­ta oca­sión, en for­ma de co­la­bo­ra­ción pa­ra afron­tar o al­to cus­te que te­ñen fes­tas tan lon­gas e tan car­ga­das de ac­ti­vi­da­des, e, so­bre to­do, «moi­to coida­di­ño con co­ller os coches», in­clu­so acon­se­llan­do que o me­llor é que nin suban a eles. Pe­ro co­mo rian­xei­ro sa­bio que é, ten ta­mén agra­de­ce­men­tos pa­ra a gran maio­ría dos rian­xei­ros que po­ñen to­do o que po­den pa­ra que a tra­di­ción her­da­da de seus pais te­ña con­ti­nui­da­de no fu­tu­ro.

Din os rian­xei­ros que o bo do fi­nal dun­ha Gua­da­lu­pe é que xa que­da me­nos pa­ra a do vin­dei­ro ano, pe­ro ta­mén hai­nos que re­co­ñe­cen que xa non te­ñen cor­po pa­ra tan­tos días de fes­ta, e vol­ta á bo­la co es­té­ril de­ba­te, de se son moi lon­gas, mais pa­ra com­pro­ba­lo só fai fa­lla ver o pro­gra­ma e pre­gun­tar­se: ¿can­tos días fan fal­ta pa­ra re­par­tir tan­tas e tan boas ac­ti­vi­da­des?. Xi­xí pe­diu máis apoio e me­nos bo­te­llón na pra­za.

FO­TOS: MAR­COS CREO

As tres or­ques­tras fo­ron to­man­do o re­le­vo pa­ra es­ten­der a tradicional canción.

A pra­za Cas­te­lao vol­veu a co­lap­sar­se pa­ra o can­to.

Os pe­cha­dos po­lo cen­tro de día ta­mén par­ti­ci­pa­ron.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.