El al­cal­de de Boi­ro di­jo en Ra­dio Voz que el plan de pro­mo­ción náu­ti­ca es­tá dan­do re­sul­ta­dos

O man­da­ta­rio boi­ren­se adian­tou al­gúns dos pro­xec­tos nos que es­tá a tra­ba­llar o go­berno a cur­to pra­zo

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - MARTA GÓ­MEZ

O al­cal­de de Boi­ro, Juan Jo­sé Dieste, foi o con­vi­da­do de on­te no pro­gra­ma Ci­ta co Con­ce­llo de RadioVoz, un es­pa­zo que apro­vei­tou pa­ra fa­cer un re­pa­so das úl­ti­mas no­vi­da­des da ac­tua­li­da­de lo­cal e as im­por­tan­tes obras que es­tán en mar­cha nes­te mo­men­to no mu­ni­ci­pio. Ta­mén fa­lou da xes­tión eco­nó­mi­ca e de pro­xec­tos que es­tán por vir, co­mo a es­pe­ra­da reha­bi­li­ta­ción do pa­zo de Goiáns.

—Es­ti­vo hai un­has se­ma­nas en ci­tas náu­ti­cas que xa for­man par­te da axen­da ha­bi­tual do al­cal­de, ¿es­tá a dar re­sul­ta­dos es­ta apos­ta pa­ra pro­mo­cio­nar Boi­ro?

—Si que es­tá fun­cio­nan­do, xa hai da­tos po­si­ti­vos a ni­vel Boi­ro e Ga­li­cia on­de os in­cre­men­tos de trán­si­tos nos por­tos náu­ti­cos su­po­ñen un 18 %. Pe­ro, ade­mais, cua­li­ta­ti­va­men­te es­tan­nos vi­si­tan­do na­ve­gan­tes de bar­cos clá­si­cos de dis­tin­tos paí­ses, de Fran­cia, Ho­lan­da, No­rue­ga... Es­ta po­lí­ti­ca de pro­mo­ción náu­ti­ca es­tá dan­do froi­tos. Des­de Boi­ro to­ma­mos con in­te­re­se es­te pro­xec­to, te­mos que diversificarnos pa­ra in­cre­men­tar o no­so tu­ris­mo e dar maio­res po­si­bi­li­da­des á no­sa hos­ta­le­ría e aos no­sos po­bos.

—Fa­la­ba de no­vas opor­tu­ni­da­des pa­ra o tu­ris­mo e a hos­ta­la­ría. Pre­ci­sa­men­te, vén de po­ñer­se en mar­cha un obra­doi­ro de em­pre­go que dá re­pos­ta á de­man­da de for­ma­ción nes­te ei­do.

—Por fin fo­mos quen de re­ma­tar to­das as ins­ta­la­cións do edi­fi- cio e fi­xe­mos es­te obra­doi­ro pa­ra for­mar a no­vos pro­fe­sio­nais pa­ra que a no­sa gas­tro­no­mía e os no­sos pro­du­tos se­xan pre­sen­ta­dos en con­di­cións acep­ta­bles e que os tu­ris­tas quei­ran vol­ver. Te­mos es­ta es­co­la de hos­ta­le­ría por­que cre­mos que te­mos moi­to que me­llo­rar, te­mos moi­to que an­dar e te­mos que ofre­cer pa­que­tes e ser­vi­zos de ca­li­da­de. Con es­te obra­doi­ro tra­ta­mos de que a xen­te no­va poi­da apren­der de for­ma aca­dé­mi­ca e con pro­fe­sio­nais da hos­ta­la­ría de al­to ni­vel.

—Ou­tro pro­xec­to pen­den­te é a reha­bi­li­ta­ción do pa­zo de Goiáns...

—Es­ta­mos tra­ba­llan­do in­ten­sa­men­te ni­so, a min Goiáns in­terésa­me moi­to. Re­cur­sos non hai moi­tos, e o que fa­ce­mos é prio­ri­zar pa­ra man­ter e mo­der­ni­zar os ser­vi­zos bá­si­cos que es­tán di­rec­ta­men­te li­ga­dos coa xen­te, co­mo in­fraes­tru­tu­ras, es­tra­das, sa­nea­men­to e me­llo­ras nos co­le­xios e ins­ta­la­cións de­por­ti­vas. A par­tir de aí te­mos que bus­car as li­ñas de fi­nan­cia­men­to pa­ra Goiáns, pe­ro non sem­pre son po­si­bles. En pri­mei­ro lu­gar imos cam­biar o con­cep­to so­bre co­mo le­var adian­te a reha­bi­li­ta­ción de Goiáns. O bi­par­ti­to pre­ten­día in­ves­tir 500.000 eu­ros nos te­lla­dos, e con iso o que so­lu­cio­na­mos é ter te­lla­dos no­vos, pe­ro non da­mos uso ás ins­ta­la­cións. Imos mu­dar es­te con­cep­to e imos ir res­tau­ran­do e po­ñen­do en va­lor os dis­tin­tos edi­fi­cios de for­ma in­te­gral e de ma­nei­ra pau­la­ti­na. Nes­te mo­men­to a es­tra­te­xia do Con­ce­llo de Boi­ro é co­ller a edi­fi­ca­ción prin­ci­pal, o pa­zo e a to­rre, e po­ñe­la en dis­po­si­ción de uso.

—¿Hai al­ter­na­ti­vas de fi­nan­cia­men­to pa­ra es­ta ac­tua­ción?

—Di a opo­si­ción que de­di­que­mos o Plan Úni­co da Depu­tación a Goiáns, pe­ro se o fa­ce­mos dei­xa­ria­mos aban­do­na­dos os ser­vi­zos bá­si­cos, e po­lo tan­to es­ta­ria­mos xes­tio­nan­do mal. Te­mos nes­tes mo­men­tos un pro­xec­to que vai a un mi­llón de eu­ros pa­ra re­for­mar ex­ter­na­men­te e in­ter­na­men­te o edi­fi­cio pa­ra po­ñe­lo a fun­cio­nar, cre­mos que é o máis ra­zoa­ble por­que dou­tra ma­nei­ra non cum­pri­ría­mos o ob­xec­ti­vo de dar ser­vi­zo. A Xun­ta sa­cou un­ha or­de que dá po­si­bi­li­da­de de ac­ce­der de for­ma le­gal, po­lo tan­to sal­van­do a lei Mon­to­ro, a un­ha or­de de axu­das de cré­di­tos bran­dos a dez anos. Es­ta op­ción é via­ble e o que su­po­ría pa­ra o Con­ce­llo é de­di­car a res­tau­rar e po­ñer en fun­cio­na­men­to Goiáns un es­for­zo de 100.000 eu­ros anuais, e iso si é asu­mi­ble.

—Un­ha obra im­por­tan­te que si es­tá en mar­cha é a do río Brei­ro.

—Ten un­ha fun­ción me­dioam­bien­tal moi im­por­tan­te por­que per­mi­te sa­car a con­ta­mi­na­ción dun co­lec­tor que vai po­lo pro­pio río, no que hai fu­gas e que é de fi­bro­ce­men­to, e ins­ta­lar un novo que am­plía a súa ca­pa­ci­da­de. Is­to é im­por­tan­tí­si­mo por­que ab­sor­be o 80 % de au­gas fe­cais de Boi­ro, xun­to con plu­viais e au­gas flu­viais que en­tran do río e que co­lap­san a de­pu­ra­do­ra pro­du­cín­do­se ver­ti­dos por ese ex­ce­so de cau­dal, e pá­gao a ría. É un­ha obra im­por­tan­te pa­ra o ma­ris­queo, pa­ra o sec­tor me­xi­lloei­ro e pa­ra o fu­tu­ro de Boi­ro, por­que es­te co­lec­tor vai sa­tis­fa­cer a de­man­da ac­tual e fu­tu­ra.

CAR­ME­LA QUEIJEIRO

Dieste pu­xo en va­lor a xes­tión dos re­cur­sos que se es­tá a fa­cer pa­ra me­llo­rar os ser­vi­zos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.