Va­lle-In­clán se­gue a im­pul­sar a cul­tu­ra na Po­bra

Li­te­ra­tu­ra, tea­tro, con­fe­ren­cias e a tra­di­cio­nal ofren­da flo­ral en­chen de con­ti­do as xor­na­das ao re­dor do es­cri­tor

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

Man­ter vi­va a me­mo­ria de Va­lle-In­clán, dar a co­ñe­cer a súa vi­da e a súa obra, e apro­vei­tar a ni­vel tu­rís­ti­co a pe­ga­da que dei­xou na Po­bra, vi­la que foi un­ha das súas gran­des fon­tes de ins­pi­ra­ción, son, ca­da ano por es­tas da­tas, os ob­xec­ti­vos que im­pul­san a or­ga­ni­za­ción dun­has xor­na­das de ho­me­na­xe que, nes­ta oca­sión, aca­dan a súa edi­ción nú­me­ro de­za­no­ve. Li­te­ra­tu­ra, tea­tro, mú­si­ca, con­fe­ren­cias e a tra­di­cio­nal ofren­da flo­ral en­chen de con­ti­do un ci­clo de ac­ti­vi­da­des que arran­ca­rá es­te sá­ba­do pa­ra pro­lon­gar­se ata fi­nais de mes. O car­tel, que on­te foi pre­sen­ta­do nun ac­to que con­tou coa pre­sen­za do se­cre­ta­rio xe­ral de Cul­tu­ra, An­xo Lo­ren­zo, é a su­ma de es­for­zos do Con­ce­llo po­bren­se, da Xun­ta de Ga­li­cia, da USC e de aso­cia­cións vin­cu­la­das ao li­te­ra­to.

Foi a pu­bli­ca­ción dun li­bro iné­di­to a que xa abriu es­ta edi­ción das xor­na­das. Trá­ta­se de Cau­sa que mo­ti­vó mi emi­gra­ción en el año 1827 al Reyno de Por­tu­gal. É un ma­nus­cri­to es­cri­to por Car­los Luis del Va­lle-In­clán y Mal­vi­do, pai do es­cri­tor.

Ta­mén a ni­vel li­te­ra­rio, es­tá pre­vis­ta, pa­ra o vin­dei­ro día 21, a pre­sen­ta­ción, por par­te de Francisco X. Char­lín Pé­rez, dos nú­me­ros 33 e 34 de Cua­dran­te, un­ha re­vis­ta se­mes­tral de es­tu­dos va­llein­cla­nia­nos.

Da es­trea do apar­ta­do das ar­tes es­cé­ni­cas en­car­ga­ra­se Tí­te­res Ca­chi­ru­lo. Mañá ofre­ce­rá un­ha mon­ta­xe di­ri­xi­da ao pú­bli­co in­fan­til, ba­sea­da en di­fe­ren­tes tex­tos do es­cri­tor. Es­ta mes­ma agru­pa­ción re­gre­sa­rá os días 24 e 25 pa­ra le­var a ca­bo dous pa­ses de Far­sa in­fan­til da ca­be­za do dra­gón, un es­pec­tácu­lo ta­mén di­ri­xi­do aos es­co­la­res.

Bai­xo a di­rec­ción de Fá­ti­ma Rey, a Es­co­la de Tea­tro Va­lle In­no­va su­ma­ra­se o día 18 ao ci­clo po­bren­se cun­ha pro­pos­ta sin­gu­lar, un­ha mon­ta­xe que te­rá co­mo es­ce­na­rio a ala­me­da e di­ver­sas pra­zas da vi­la: Ca­dros es­cé­ni­cos de fic­ción ga­le­ga.

Máis so­bre o au­tor

Dous se­rán os es­pe­cia­lis­tas que se en­car­guen de afon­dar na vi­da do au­tor ho­me­na­xea­do.

Xa­quín del Va­lle-In­clán Al­si­na ofre­ce­rá es­te sá­ba­do un re­la­to­rio so­bre A Mer­cé, fa­cen­do un per­co­rri­do po­la his­to­ria des­te con­xun­to ar­qui­tec­tó­ni­co, des­de a súa eta­pa co­mo prio­ra­do ata a con­ver­sión en pa­zo. E o día 27, Sandra Domínguez Ca­rrei­ro di­ser­ta­rá so­bre Josefina Blan­co: ac­triz de éxi­to e com­pa­ñei­ra de Va­lle-In­clán.

O can­tau­tor Ma­noe­le de Fe­li­sa ta­mén se su­ma­rá á ho­me­na­xe que os po­bren­ses lle tri­bu­ta­rán ao au­tor de Lu­ces de bohe­mia. Ofre­ce­rá un con­cer­to o día 21, bai­xo o tí­tu­lo Can­ta­res ga­le­gos: de Ro­sa­lía a Va­lle-In­clán.

Pa­ra o 28 foi fi­xa­da a ofren­da flo­ral que tra­di­cio­nal­men­te se ven in­cluín­do no pro­gra­ma. De ani­mar a xor­na­da en­car­ga­ran­se A Gan­dai­na, Ca­ra­mi­ñas e Tan­xe­doi­ra. E o co­lo­fón che­ga­rá da man dun co­ñe­ci­do dra­ma­tur­go bar­ban­cés que des­de hai uns anos vén for­man­do par­te im­pres­cin­di­ble des­de ci­clo de pro­pos­tas cul­tu­rais. Trá­ta­se de Qui­co Ca­da­val. O 28 des­em­bar­ca­rá no au­di­to­rio po­bren­se pa­ra po­ñer en es­ce­na a pe­za O rei e o bu­fón nas Co­me­dias bárbaras.

QUEIJEIRO

Ge­no­ve­va Her­mo, Xo­sé Lois Piñeiro e An­xo Lo­ren­zo de­ron a co­ñe­cer o pro­gra­ma.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.