Cans lem­bra aos seus már­ti­res

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

Ho­xe • Lo­cal ve­ci­ñal de Ne­bra (Porto do Son) • 16.00 ho­ras • Ho­xe cúm­pren­se 101 anos dos trá­xi­cos acon­te­ce­men­tos oco­rri­dos na pon­te de Cans (Ne­bra), can­do a con­cen­tra­ción de 300 ve­ci­ños por un em­bar­go con­si­de­ra­do in­xus­to re­ma­tou coa mor­te de cin­co per­soas a mans da Gar­da Ci­vil. Os ve­ci­ños do lu­gar or­ga­ni­za­ron, co­mo ven sen­do ha­bi­tual, di­ver­sas ac­ti­vi­da­des pa­ra lem­brar aquel su­ce­so e man­ter vi­va a me­mo­ria das ví­ti­mas. A pri­mei­ra das pro­pos­tas é a pre­sen­ta­ción dun novo tra­ba­llo de Ma­ri­sa Ote­ro, Bo­te­llas. Trá­ta­se dun­ha cur­ta­me­tra­xe gra­va­da en Porto do Son, cu­xo ar­gu­men­to xi­ra ao re­dor de dous náu­fra­gos ab­sur­dos e de dúas bo­te­llas.

Lo­go co­lle­rá o re­le­vo Francisco Lei­ra Cas­ti­ñei­ra, in­ves­ti­ga­dor da área de his­to­ria agra­ria e po­lí­ti­ca do mun­do ru­ral da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Com­pos­te­la, que ofre­ce­rá un re­la­to­rio bai­xo o tí­tu­lo For­ma­ción e des­tru­ción da so­cie­da­de ci­vil no Son; dos már­ti­res de Cans ao gol­pe de Es­ta­do do 1936.

Es­tas dúas ac­ti­vi­da­des le­va­ran­se a ca­bo no lo­cal ve­ci­ñal de Ne­bra. Ao seu re­ma­te, os pre­sen­tes des­pra­za­ran­se á igre­xa pa­rro­quial, on­de se ofi­cia­rá un­ha mi­sa en me­mo­ria das ví­ti­mas. E an­tes da despedida, ha­be­rá un úl­ti­mo e emo­ti­vo ac­to ao pé do mo­nó­li­to si­tua­do na pon­te de Cans. Alí rea­li­za­ra­se a tra­di­cio­nal ofren­da flo­ral.

C.Q.

Ma­ri­sa Ote­ro pre­sen­ta un­ha no­va cur­ta­me­tra­xe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.