101 anos dos már­ti­res de Ne­bra pa­ra vol­ver ao pun­to de par­ti­da

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

Dian­te de ve­ci­ños e in­te­gran­tes do BNG de dis­tin­tos pun­tos da co­mar­ca, Dei­ra com­pa­rou a si­tua­ción de 1916 coa ac­tual: «A for­ma de re­sol­ver os pro­ble­mas ho­xe é igual que a de en­tón, po­la for­za. En Ca­ta­lu­ña ho­xe non re­cla­man na­da, só que­rían ir vo­tar, e en no­me da uni­da­de, da cons­ti­tu­cio­na­li­da­de e da le­ga­li­da­de es­tan­se a co­me­ter atro­ci­da­des».

E re­ma­tou re­cor­dan­do os lon­gos anos nos que a his­to­ria dos már­ti­res de Ne­bra per­ma­ne­ceu ocul­ta: «A po­lí­ti­ca de­be dar voz aos si­len­cia­dos. To­dos so­mos de­be­do­res cos que con­tri­buís­tes a fa­cer un mun­do me­llor».

Pro­xec­ción e con­fe­ren­cia

Tra­lo pa­so dos mem­bros do BNG po­la ponte de Cans, ti­vo lu­gar no mes­mo pun­to o se­gun­do ac­to de ho­me­na­xe aos so­nen­ses asa­si­na­dos en 1916, cun­ha ofren­da flo­ral e sen dis­cur­sos, no que ca­da cal, ve­ci­ños e fa­mi­lia­res, ma­ni­fes­tou os sen­ti­men­tos que lle pro­vo­ca ca­da 12 de ou­tu­bro.

Pre­via­men­te, hou­bo un­ha mi­sa na me­mo­ria dos már­ti­res de Ne­bra, e os ac­tos com­ple­tá­ron­se coa pro­xec­ción da cur­ta­me­tra­xe Bo­te­llas e un­ha con­fe­ren­cia a car­go do historiador Fran­cis­co Lei­ra coa que se pre­ten­deu re­pa­rar a me­mo­ria, non só dos mor­tos en Cans, se­nón ta­mén dos re­pre­sa­lia­dos. Fa­lou­se das agru­pa­cións agra­rias que xur­di­ron tra­los acon­te­ce­men­tos do 1916 e re­pa­sou­se a tra­xec­to­ria vi­tal de me­dio cen­to de re­pre­sa­lia­dos do mu­ni­ci­pio.

MAR­COS CREO

Lei­ra fa­lou das agru­pa­cións agra­rias.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.