«O suplemento foi a ven­tá pa­ra as vo­ces que es­ta­ban la­ten­tes»

Es­tá con­ven­ci­do de que é un dos pro­xec­tos cul­tu­rais máis im­por­tan­tes que exis­ten en Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA -

O ri­bei­ren­se An­to­nio Pi­ñei­ro é un dos ar­tí­fi­ces de A Voz de Bar­ban­tia, o suplemento que ca­da úl­ti­mo ven­res de mes ve a luz da man da aso­cia­ción cul­tu­ral Bar­ban­tia. Nes­tes in­tres es­tá no mer­ca­do o quin­to re­com­pi­la­to­rio de di­ta pu­bli­ca­ción, o que re­co­lle des­de o número 101 ata o 125.

—¿Por que de­ci­diu in­vo­lu­crar­se nes­te pro­xec­to?

—Por­que o vin co­ma o pri­mei­ro ac­to so­cial e cul­tu­ral dun co­lec­ti­vo de gran al­can­ce. Bo­ta­ba en fa­lla esa en­ti­da­de que por fin des­pe­ga­ba co­mo al­go aber­to.

—¿Que sig­ni­fi­ca­do ten pa­ra vos­te­de es­te suplemento?

—O suplemento foi a ven­tá pa­ra as vo­ces que es­ta­ban la­ten­tes nun­ha co­mar­ca que é moi ri­ca a ni­vel ar­tís­ti­co e cul­tu­ral. Che­gou pa­ra po­ñer de re­le­vo to­da a ac­ti­vi­da­de que ha­bía en es­ta­do de la­ten­cia, que por fin pui­do es­per­tar.

—¿Que im­por­tan­cia lle con­ce­de a es­te re­com­pi­la­to­rio?

—Es­te re­com­pi­la­to­rio é a cons­ta­ta­ción dun­ha con­ti­nui­da­de que se vi­ña re­afir­man­do número tras número. O pro­pó­si­to con­ti­núa en contra das dú­bi­das que ha­bía nun prin­ci­pio so­bre a com­bi­na­ción de tan­tas vo­ces. Pen­so que é un dos pro­xec­tos de maior en­ver­ga­du­ra dos que exis­ten en Ga­li­cia a ni­vel cul­tu­ral.

—¿Es­ta­rá en­tón Bar­ban­tia nos li­bros de his­to­ria?

—Xa es­ta­mos na his­to­ria, por­que Bar­ban­tia e o seu suplemento cons­ti­túen un­ha ven­tá pa­ra vo­ces e au­to­res moi im­por­tan­tes. No­ve­las e obras plás­ti­cas de gran re­le­van­cia en Ga­li­cia son de es­cri­to­res e ar­tis­tas que par­ti­ci­pan nes­te pro­xec­to.

—A sec­ción que coor­di­na, «As le­tras da ar­te», ¿que bus­ca?

—É un­ha opor­tu­ni­da­de pa­ra co­men­tar a obra plás­ti­ca que se desen­vol­ve en Bar­ban­za.

—De to­das as co­la­bo­ra­cións que le­va rea­li­za­do, ¿hai al­gun­ha obra ou al­gún au­tor que lle dei­xa­ra máis pe­ga­da?

—Son va­rios, pe­ro des­ta­ca­ría tres no­mes. Ma­ra­lla, cun­ha úl­ti­ma obra que me pa­re­ceu dun en­can­to e dun­ha pro­fun­di­da­de es­pe­cial. An­to­nio Pérez, coa súa tra­xec­to­ria an­tro­po­ló­xi­ca e múl­ti­ple. E Ma­nuel Aya­so, por­que a súa mís­ti­ca na­mo­ra a cal­que­ra.

—¿É es­ta un­ha sec­ción cun­ha lon­ga vi­da por dian­te?

—É un­ha sec­ción que non se es­go­ta nun­ca, pois apa­re­cen no­vas crea­cións de for­ma con­ti­nua.

—¿Cam­bia­ría al­go do suplemento?

—Os con­ti­dos son per­fec­tos, pe­ro qui­zais am­plia­ría o ta­ma­ño da le­tra e lle con­ce­de­ría máis im­por­tan­cia ás ima­xes.

—¿Que é o pri­mei­ro que le do suplemento ca­da úl­ti­mo ven­res de mes?

—Re­co­ñe­zo que me gus­ta moi­to a pri­mei­ra pá­xi­na, so­bre to­do por­que ás ve­ces saen á luz as­pec­tos dos per­so­na­xes que des­co­ñe­cía e me cha­man a aten­ción.

MAR­COS CREO

Pi­ñei­ro é o res­pon­sa­ble da sec­ción de crí­ti­cas de obras de ar­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.