A pan­dei­re­ta re­vo­lu­cio­na­ria de Agui­ño

O gru­po ac­tuou no Fes­ti­val da Luz e en Glas­gow, on­de lan­zou un ví­deo vi­ral

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - BARBANZA-MUROS-NOIA - M. X. BLAN­CO

Aín­da non ten dous anos de vi­da, pe­ro Tan­xu­guei­ras xa es­tá con­si­de­ra­do o gru­po re­ve­la­ción da mú­si­ca tra­di­cio­nal ga­le­ga. Vén de re­ma­tar un­ha xi­ra es­ti­val de ver­ti­xe e xa es­tá en ple­na fa­se de pre­pa­ra­ción do que se­rá o seu pri­mei­ro tra­ba­llo dis­co­grá­fi­co. De­trás dese no­me tan so­no­ro co­mo ori­xi­nal hai tres mo­zas ás que lles so­bran a ilu­sión e as ga­ñas de re­vo­lu­cio­nar o folk par­tin­do da esen­cia, dos sons re­co­lli­dos e trans­mi­ti­dos de xe­ra­ción en xe­ra­ción. Trá­ta­se de dúas ve­ci­ñas de Teo, Olaia e Sabela Ma­nei­ro, e dun­ha bar­ban­ce­sa, a agui­ñen­se Aida Ta­rrío.

Es­ta ri­bei­ren­se for­xou­se co­mo pan­de­re­tei­ra e can­ta­rei­ra nun­ha das agru­pa­cións his­tó­ri­cas do mu­ni­ci­pio, Tahú­me. Can­do mar­chou a San­tia­go pa­ra es­tu­dar, non qui­xo re­nun­ciar a esa afec­ción po­la mú­si­ca tra­di­cio­nal e in­gre­sou nun­ha aso­cia­ción na que co­ñe­ceu ás súas com­pa­ñei­ras de aven­tu­ra: «Fi­xé­mo­nos ami­gas e ia­mos de fes­ta as tres, e de­ci­di­mos mon­tar o gru­po pa­ra to­car nos se­ráns. Non as­pi­rá­ba­mos a na­da máis, pe­ro a cou­sa foi me­dran­do».

Can­do se de­ron con­ta es­ta­ban de­ba­ten­do o no­me do gru­po. «Foi un pro­ce­so com­pli­ca­do por­que nin­gún nos con­ven­cía. Pe­dí­mos­lle axu­da a un ami­go en co­mún de Fu­ma­ces, no con­ce­llo de Riós, on­de hai un­has fin­cas que se cha­man Tan­xu­guei­ras. Pro­pú­xo­nos ese no­me pa­ra o gru­po e en­can­tou­nos», ex­pli­ca Aida Ta­rrío. Superado es­te pri­mei­ro pa­so, em­pe­za­ron con ou­tro igual de com­pli­ca­do, a pro­cu­ra dun re­per­to­rio: «Can­do em­pe­za­mos ti­ña­mos un­ha can­ción, O pa­seo, e di­xe­mos: ‘Así non po­de­mos saír a nin­gún la­do’». Re­sol­ve­ron a ca­ren­cia se­lec­cio­nan­do can­cións dos an­te­rio­res gru­pos aos que per­ten­ce­ran, pe­ro lo­go se de­ca­ta­ron de que ta­mén era in­via­ble: «Non po­dia­mos se­guir rou­ban­do te­mas, así que de­ci­di­mos crear al­go pro­pio». Con­ta­ron coa axu­da de Xer­mán Muí­ños, que lles fa­ci­li­tou al­gun­has pe­zas que re­co­lle­ra por Ga­li­cia. «De mo­men­to non te­mos mú­si­ca de crea­ción pro­pia, pe­ro te­mos pre­vis­to fa­cer al­go pa­ra o dis­co», anun­cia con­ven­ci­da Aida Ta­rrío xus­to an­tes de po­ñer­lle da­ta a ese tra­ba­llo: en­tre mar­zo e abril do vin­dei­ro ano.

Máis de 200.000 vi­si­tas

Con ese re­per­to­rio, Tan­xu­guei­ras non só per­co­rreu boa par­te do te­rri­to­rio ga­le­go, che­gan­do in­clu­so a pre­ce­der a Xa­bier Díaz nun con­cer­to que ofre­ceu na sa­la Ca­pi­tol com­pos­te­lá e fi­gu­ran­do no car­tel do Fes­ti­val da Luz, se­nón que lo­grou tras­pa­sar fron­tei­ras. O gru­po par­ti­ci­pou no fa­mo­so fes­ti­val Cel­tic Con­nec­tions, en Glas­gow, de on­de re­gre­sou con anéc­do­ta in­cluí­da: «Es­ta­ba­mos no backs­ta­ge es­pe­ran­do pa­ra to­car e, co­ma sem­pre, pu­xé­mo­nos a can­tar e gra­va­mos un ví­deo que col­ga­mos no Fa­ce­book. Ve­se que aos es­co­ce­ses lles cha­mou a aten­ción, xa que em­pe­za­ron a com­par­ti­lo». Tan­to foi así que su­per­ou as 200.000 vi­sua­li­za­cións.

Nes­ta cur­ta pe­ro moi in­ten­sa tra­xec­to­ria, o trío de can­ta­rei­ras foi be­ben­do de gru­pos e ar­tis­tas que dei­xa­ron pe­ga­da no mun­do do folk ou se­guen pi­sa­do for­te: «Lei­lía é un gran re­fe­ren­te pa­ra nós, por­que elas fo­ron pio­nei­ras á ho­ra de mu­si­car as can­cións tra­di­cio­nais. Ta­mén Gua­di Ga­le­go nos dei­xou un ca­mi­ño a se­guir, so­bre to­do na eta­pa na que es­ta­ba con Be­rro­güe­to; ao igual que Ra­dio Cos, Da­vi­de Sal­ga­do ou Xa­bier Díaz, que ade­mais nos es­tá a axu­dar moi­to», co­men­ta Aida Ta­rrío. Co­ma to­dos eles, Tan­xu­guei­ras bus­ca re­vo­lu­cio­nar o folk, par­tin­do dun­ha ba­se tra­di­cio­nal, pe­ro tra­tan­do de abrir no­vas por­tas.

Des­pois dun ve­rán tre­men­da­men­te mo­vi­do, a ri­bei­ren­se ex­pli­ca que o gru­po afron­ta un in­verno re­la­ti­va­men­te tran­qui­lo, ten­do en con­ta que aspira a gra­var un dis­co. Re­co­ñe­ce que non lle im­por­ta­ría in­cluír un con­cer­to en Bar­ban­za na súa axen­da: «Es­ta­ría­mos dis­pos­tí­si­mas a ac­tuar por aquí».

CEDIDA

Aida Ta­rrío (sen­ta­da á es­quer­da) coas súas com­pa­ñei­ras da agru­pa­ción Tan­xu­guei­ras.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.