El pá­rro­co Ma­nuel Váz­quez re­cuer­da su es­tan­cia en Ri­bei­ra co­mo «o pri­mei­ro amor»

O re­li­xio­so aca­ba de xu­bi­lar­se e fai me­mo­ria das pa­rro­quias po­las que pa­sou

La Voz de Galicia (Barbanza) - Barbanza local - - PORTADA - J. V. LA­DO

O sa­cer­do­te e ar­ci­pres­te de Duio Ma­nuel Váz­quez For­mo­so, que aca­ba de xu­bi­lar­se con 81 anos, fai me­mo­ria do tra­ba­llo rea­li­za­do e dou seu pa­so po­las dis­tin­tas pa­rro­quias nas que es­ti­vo, a úl­ti­ma San­ta Ma­ría de Cee, on­de, por exem­plo, par­ti­ci­pou na crea­ción da Fun­da­ción Fer­nan­do Blan­co, a re­no­va­ción da igre­xa ou o la­bor de Cá­ri­tas, do que ho­xe de­pen­den 43 fa­mi­lias e ou­tras 32 re­ci­ben co­mi­da a dia­rio gra­zas a vo­lun­ta­rios e á so­li­da­rie­da­de.

—¿Cal foi o seu pri­mei­ro des­tino des­pois do se­mi­na­rio?

—Fun pa­ra a zo­na de Ri­bei­ra co­mo vi­ca­rio e es­ti­ven cin­co anos. Alí co­me­zou to­do, can­do Cas­ti­ñei­ras aín­da non era pa­rro­quia, de­pen­día de Ri­bei­ra. Par­ti­ci­pei na fun­da­dor do co­le­xio Ga­la­xia can­do en Ri­bei­ra non ha­bía ins­ti­tu­to e os ra­pa­ces ti­ñan que ir a Pon­te­ve­dra ou a Santiago. O se­ñor Án­gel Ron e a súa do­na in­ves­ti­ron to­do no co­le­xio pa­ra so­lu­cio­nar is­to. Ta­mén crea­mos a emi­so­ra de ra­dio pa­rro­quial, A Voz de Ri­bei­ra, que emi­tía pa­ra to­da a ría de Arou­sa. Fo­ron tem­pos de mo­ve­men­to, de moi­to tra­ba­llo, pe­ro ta­mén que re­cor­do cun gran ca­ri­ño por­que Ri­bei­ra foi o pri­mei­ro amor. Ta­mén fun­cio­na­ba Cá­ri­tas e era un­ha pa­rro­quia moi es­plén­di­da por­que na­que­les tem­pos aín­da ha­bía moi­tos maio­res sen pen­sión e cun­ha cha­ma­da esa ne­ce­si­da­de que­da­ba cu­ber­ta. Uns ra­pa­ces crea­ron a Fes­ta da Dor­na, que era o sor­teo de cin­co dor­nas pa­ra ma­ri­ñei­ros, nor­mal­men­te maio­res, que non ti­ñan po­si­bi­li­da­des.

—¿Por on­de se­guiu o ca­mi­ño?

—Co­llín con­cur­so e fun xa co­mo pá­rro­co pa­ra Pra­vio de Cela, ao la­do de Cam­bre. Alí es­ti­ven pou­co tem­po, ca­tro anos e pi­co, pe­ro ta­mén os lem­bro con moi­to ca­ri­ño. Era un­ha pa­rro­quia ru­ral e obrei­ra na que a xen­te tra­ba­lla­ba to­da a se­ma­na na Co­ru­ña e os do­min­gos vi­ñan pa­ra cul­ti­var as hor­tas. Loi­ta­mos o que pui­de­mos coa Ex­ten­sión Agra­ria pa­ra re­no­var e abrir ca­mi­ños. Ha­bía ne­ce­si­da­de de co­mu­ni­car os tres nú­cleos: Cela, Pra­vio e Ar­men­tal por­que era un ca­mi­ño moi fon­do cheo de la­ma no que ha­bía que ir pou­san­do o ca­da­lei­to nas pa­re­des, e apro­vei­tei aqui­lo pa­ra re­cla­mar. Que­rían fa­cer tres di­rec­ti­vas, un­ha por ca­da lu­gar, e dí­xen­lles que eu a iso non xo­ga­ba. Aca­ba­ron tra­ba­llan­do to­dos xun­tos e con­se­guiu­se a unión que fa­cía fal­ta. Can­do che­guei re­ci­bí­ron­me do­ce per­soas e can­do mar­chei es­ta­ba a igre­xa chea. Tra­ba­lla­ban to­dos os do­min­gos e fu­nos con­ven­cen­do de que lles fa­cía fal­ta ou­tro rit­mo de vi­da, non pa­ra que vi­ñe­ran á mi­sa que a mi­sa fa­cíaa igual, pe­ro pa­ra po­der co­mer coa fa­mi­lia... Tra­tá­ron­me moi ben. O día que che­guei co ca­mión e os mo­bles ha­bía alí cin­co se­ño­res que non co­ñe­cía de na­da que es­ta­ban mon­tan­do to­do. Can­do mar­chei, ao che­gar a Vilaboa ti­ña a cea fei­ta e a te­le­vi­sión ace­sa.

—¿Co­mo lle foi en Ru­tis-Vilaboa?

—Es­ti­ven 12 anos e pi­co, os dous úl­ti­mos ta­mén co­mo pro­fe­sor do que en­ton­ces se cha­ma­ba Uni­ver­si­da­de La­bo­ral. Loi­ta­mos moi­to po­la ex­pro­pia­ción de te­rreos da AP-9 e con­se­gui­mos 200 mi­llóns de en­ga­di­do so­bre o que ofre­cían, den­de O Bur­go ata o lí­mi­te coa Co­ru­ña. Des­pois ti­ña pre­vis­to co ar­ce­bis­po Án­gel Su­quía ir pa­ra Noia, pe­ro por di­fe­ren­tes cir­cuns­tan­cias —ta­mén ha­bía ou- tro sa­cer­do­te que que­ría ir pa­ra alí por­que lle que­da­ba cer­ca da ca­sa— fir­mei pa­ra Cee. Vi­ña coa idea de que­dar 10-12 anos e aca­bei bo­tan­do 34, por­que ta­mén pa­sa­ron cou­sas co­mo o fa­le­ce­men­to de mi­ña nai [a seu pai non o co­ñe­ceu por­que mo­rreu na Gue­rra Ci­vil] que es­tá en­te­rra­da en Li­ra, on­de te­mos pan­teón. Era tal o com­por­ta­men­to e a en­tre­ga to­tal da pa­rro­quia que pa­re­cía un­ha trai­zón mar­char e aquí aca­bei, hai dous do­min­gos. Ago­ra es­ta­mos na re­ser­va.

—¿En que vai em­pre­gar o tem­po?

—En min. Es­ta­rei pa­ra bo­tar un­ha man no que se poi­da pe­ro te­ño a ca­sa na estrada de Ca­ne­li­ñas e vou co­lo­car a bi­blio­te­ca por­que te­ño moi­ta cien­cia al­ma­ce­na­da ne­se des­pa­cho e a ver se me cae a min un­ha pin­ga de esa cien­cia que aín­da me fai fal­ta. Des­pois a coidar­se, que a saú­de tam­pou­co é moi boa, e a pa­sar o pou­co tem­po que nos poi­da que­dar aquí.

JOR­GE PARRI

Váz­quez deu­lle o re­le­vo ao seu subs­ti­tu­to De­si­ré Koua­kou nun­ha ce­ri­mo­nia o pa­sa­do día 5.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.